Jaime Azcona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaime Azcona
Nacementoséculo XX
Lugar de nacementoPamplona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally
IrmánsJavier Azcona Flamen
editar datos en Wikidata ]

Jaime Azcona Flamen, nado en Pamplona é un ex piloto español de rallys, que destacou no Campionato de España de Rallyes, dos anos 90, proclamándose subcampión en 1996 e 1997.

É irmán do tamén piloto de rallys Javier Azcona.[1] Foi piloto oficial de Peugeot, marca coa que correu a maior parte da súa vida deportiva, sendo o seu principal copiloto o alemán Julius Billmaier.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira en competicións rexionais, gañando a Copa Marbella Astur-Cántabro-Vasca[1] e saltando logo ao Campionato de España en 1991 competindo co Peugeot 205 GTI co que seu irmán Javier se proclamara campión do Desafío Peugeot en 1989. En 1992 competiu no equipo da revista "Auto Hebdo Sport" cun Peugeot 205 Rallye, e máis tarde cambiou a un Peugeot 106 XSI, gañando en 1993 o Desafío Peugeot contra pilotos como Sergio Vallejo ou David Nafría.[2]

Ao ano seguinte incorporouse ao equipo oficial de Peugeot xunto a Borja Moratal como xefe de equipo e con David Guixeras como compañeiro. Nesa tempada logrou a súa primeira vitoria absoluta, no 12º Rally da Coruña.[3] En 1995 o seu compañeiro foi Sergio Vallejo, que gañara o Desafío Peugeot o ano anterior.[1] En 1996 Moratal confioulle un Peugeot 306 do grupo A, co que gañou no Rally de Cantabria e no Rally de Avilés, aínda que tras unha saída de estrada no Rally Vila de Llanes e varios abandonos por fallo mecánico, só puido ser subcampión por detrás de Luis Climent, que competía cun Citroën ZX.[4]

En 1997 Azcona fíxose cun Peugeot 306 Maxi, coas últimas evolucións dos Kit Car, pero aínda que logrou tres vitorias, tampouco logrou gañar o título nacional, quedando de novo segundo, nun ano no que Chus Puras dominou co seu Citroën ZX Kit Car.[5] Ademais ese ano disputou o seu sexto Rally Cataluña, conseguindo rematar en sétima posición, sendo o mellor dos españois, por diante incluso de Carlos Sainz. A pesar destes resultados, tras o remate da tempada Borja Moratal decidiu substituílo por Manuel Muniente.

Despois de non continuar na estrutura da marca do león, estivo a piques de pechar un acordo para correr como piloto oficial de Renault en 1998, pero finalmente esa opción non se concretou e abandonou a súa carreira como piloto para rematar os seus estudos de enxeñería.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Vitorias no Campionato de España[editar | editar a fonte]

Ano Rally Copiloto Coche
1 1994 Rally da Coruña Julius Billmaier Peugeot 106 Rallye
2 1996 Rally de Cantabria Julius Billmaier Peugeot 306 16v
3 1996 Rally de Avilés Julius Billmaier Peugeot 306 16v
4 1997 Rally de Avilés Julius Billmaier Peugeot 306 Maxi
5 1997 Rally Sierra Morena Julius Billmaier Peugeot 306 Maxi
6 1997 Rally Rías Baixas Julius Billmaier Peugeot 306 Maxi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografía". eman-egurre.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  2. "Resultados nacionais de 1993" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  3. Arévalo, F. (20 de novembro de 1994). "El piloto navarro Jaime Azcona conquistó el Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 
  4. "Resultados nacionais de 1996" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  5. "Resultados nacionais de 1997" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.