Carlos Piñeiro Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Piñeiro (piloto)»)

Para o director de cine do mesmo nome vexáse Carlos López Piñeiro

Carlos Piñeiro Iglesias
Nome completoCarlos Piñeiro Iglesias
Nacementoc. 1955
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento16 de decembro de 2012
Causacancro de cerebro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally
Na rede
http://www.carlospineiro.es/
editar datos en Wikidata ]

Carlos Piñeiro Iglesias, nado na Coruña c. 1955 e finado o 16 de decembro de 2012, foi un piloto de rally galego que competiu en diversos campionatos, tanto en Galicia como España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural do coruñés barrio da Gaiteira,[1] foi un destacado piloto nas décadas de 1970 e 1980 e logrou varias vitorias no campionato de España, rematando en terceira posición no campionato de 1983.[2] Foi campión galego en cinco ocasións (1980, 1981, 1982, 1984 e 1987), cifra só superada por Germán Castrillón, ademais de obter un total de 22 vitorias.[3] Competiu con diversos coches, principalmente co Porsche 911 ao longo da súa traxectoria e con diversas escuderías como Escudería La Coruña ou o equipo Rothmans tendo de compañeiros entre outros ao galego Beny Fernández ou ao vascofrancés Marc Etchebers. Posuía un taller de venda e reparación de automóbiles en Sada.[4]

Faleceu o 16 de decembro de 2012 debido a un tumor cerebral.[5]


Predecesor:
Celestino Pardo
 Campión de Galicia de Rallys 
1980-1982
Sucesor:
Luis Barrio
Predecesor:
Luis Barrio
 Campión de Galicia de Rallys 
1984
Sucesor:
José Mora
Predecesor:
José Mora
 Campión de Galicia de Rallys 
1987
Sucesor:
Alfonso Pavón

Vitorias[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Seoane, Silvia (22 de marzo de 2016). "El último rally de Carlos Piñeiro". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  2. "Clasificacións nacionais de 1983" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  3. Figueirido, Javier (2013). Alfredo Bárcena, ed. "Buscamos al hombre récord del gallego de ralis". Cronomotor (en castelán) (290): 26–31. ISBN 9775764106. 
  4. Adiós a Carlos Piñeiro Arquivado 29 de decembro de 2012 en Wayback Machine. en revistascratch.com
  5. "Muere el piloto coruñes Carlos Piñeiro" (en castelán). 16 de decembro de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]