Luis Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Barrio
Nacemento1953
 As Pontes de García Rodríguez
Falecemento29 de decembro de 1992
 Vilalba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally e político
editar datos en Wikidata ]

Luis Barrio Doel nado nas Pontes de García Rodríguez en 1953 e finado en Vilalba o 29 de decembro de 1992, foi un piloto de rallys galego.

Gañou o Campionato de Galicia de Rally en 1983.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou nos rallys nos anos 70, participando en carreiras de montaña como piloto da Escudería Ferrol.[1] En 1979 logrou varios podios en subidas, conducindo un Alpine 1600, e quedou 10º no Rally San Froilán.[2][1][3]

En 1981 proclamouse subcampión galego de rally por detrás de Carlos Piñeiro, despois de obter cun SEAT 124 2000 dous segundos postos (Rally do Condado e Rally San Martiño) e catro terceiros (Rally dos Pazos, Rally do Lacón, Rally de Ferrol e Rally Rías Baixas).[4] Ese ano proclamouse tamén subcampión galego de montaña, só por detrás de Camba, ao que con todo conseguiu superar na Subida a Celas de Peiro, onde Barrio logrou a vitoria cun Selex 1800.[5][6] Co 124 2000 e co Selex disputou a primeira parte da tempada, mentres que para a partir da Subida á Grela competiu cun Seat 124 2100. Rematou a tempada cunha vitoria, cinco segundos postos e tres terceiros.[6] Ademais ese mesmo ano foi elixido presidente da Escudería Ferrol.[7] A metade da tempada 1982 cambiou de equipo, pasando a correr coa Escudería La Coruña,[8] e conseguiu a súa primeira vitoria absoluta nun rally, no Rally da Coruña.

En 1983 gañou o Critérium Arrojo, abandonou no Lacón, quedou 20º no Rally de Ourense e quinto no San Froilán, chegando a última proba, o Rally da Coruña, como segundo clasificado. No rally coruñés logrou a vitoria por diante de José Luis Vilanova e proclamouse campión galego do 83,[9] a pesar de que o ourensán Peitos xa se autoproclamara vencedor meses antes tras a súa vitoria no Rally de Ferrol.[10][11]

Competiu ata mediados dos anos 80. En 1986 foi elixido presidente do Automóbil Club As Pontes, unha escudaría creada nese mesmo intre.[12][13] En 1988 converteuse en concelleiro do concello das Pontes de García Rodríguez, por Alianza Popular.[14]

Faleceu o 29 de decembro de 1992 nun accidente de tráfico, cando o seu vehículo bateu contra un camión en Vilalba.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Alberto González, repitió e! triunfo en la Subida a las Nieves". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de marzo de 1979. p. 38. 
  2. "González Camba también ganó la IV Subida a La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 27 de marzo de 1979. p. 37. 
  3. "Éxito de la Escudería Ferrol en el Rally San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 11 de outubro de 1979. p. 30. 
  4. "Piñeiro, campeón gallego de rallys. Ganó cuatro de las ocho pruebas puntuables". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 8 de xaneiro de 1982. p. 52. 
  5. "El próximo día 14 de marzo, organizada por la Escudería Centollo, se disputará la «Subida a Celas de Peiro»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 5 de marzo de 1982. p. 53. 
  6. 6,0 6,1 "Camba, campeón gallego de montaña". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xaneiro de 1982. p. 53. 
  7. "Luís Barrió: «Se está haciendo difícil correr»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de outubro de 1981. p. 54. 
  8. "El «rally do lacón» para Peitos". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 1982. 
  9. "Luis Barrio se proclamó campeón gallego, al vencer en el «XIII Rally de La Coruña»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de novembro de 1983. p. 29. 
  10. "Peitos ganó con comodidad el Rally de Ferrol y se proclama campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 1983. p. 23. 
  11. "Barrio: «Peitos tuvo mucha prisa en proclamarse campeón gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 1983. p. 41. 
  12. "Luis Barrio Doel, elegido presidente del automóvil-club de As Pontes". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 16 de setembro de 1986. p. 25. 
  13. "Historia do Automóbil Club As Pontes". Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  14. "El alcalde de As Pontes rechaza las declaraciones de Ignacio Fernández Tojo". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 1988. p. 32. 
  15. "Muere arrollado por un camión el ex-concejal pontés y campeón de rallies Luis Barrio". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de decembro de 1992. p. 22.