Tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally
Liga Campionato de Galicia de Rally
Deporte Rally
Duración 28 de febreiro de 2020 - 13 de decembro de 2020
Posicións finais
Campión Galicia Víctor Senra (4º título)
Subcampión Galicia Iago Caamaño
Tempadas do Campionato de Galicia de Rally
← 2019 2021 →

A tempada 2020 foi a 42ª edición do Campionato de Galicia de Rally. Comezou o 29 de febreiro no Rally da Coruña e rematou o 13 de decembro no Rally Mariña Lucense.[1][2]

Defendía o título o piloto de Dumbría, Víctor Senra, campión das tres últimas edicións, que finalmente conseguiu o seu cuarto título consecutivo tras unha tempada marcada pola pandemia por coronavirus que obrigou á suspensión da maioría de rallys do calendario.

Calendario[editar | editar a fonte]

Data Rally Coeficiente Notas
1 28-29 de febreiro 24º Rally da Coruña 7 Resultados
- 17-18 de abril 36º Rally de Noia 7 Suspendido
- 19-20 de xuño 33º Rally Cidade de Narón 8 Suspendido
- 10-11 de xullo 17º Rally Sur do Condado 7 Suspendido
- 8-9 de agosto 25º Rally do Cocido 7 Suspendido
- 4-5 de setembro 54º Rally Rías Baixas 8 Suspendido
- 26-27 de setembro 9º Rally Ribeira Sacra (Ourense-Lugo) 7 Suspendido
2 16-17 de outubro 42º Rally San Froilán 7 Resultados
3 11-13 de decembro 2º Rally Mariña Lucense 8 Resultados
- 12-13 de decembro 28º Rally Botafumeiro 8 Suspendido

O Rally do Cocido, previsto inicialmente para o 20 e 21 de marzo foi aprazado debido á pandemia por coronavirus,[3] e recolocado na fin de semana do 11-12 de decembro nun principio,[4][5] e no 8-9 de agosto nunha nova actualización. Polo mesmo motivo anunciouse tamén o aprazamento do Rally de Noia,[6][7] que finalmente foi suspendido.[8] O Rally Rías Baixas, previsto para a fin de semana do 29 e 30 de maio foi reprogramado para 4 e 5 de setembro.[9] O Rally de Narón e o Sur do Condado sumáronse ao de Noia e cancelaron as súas edicións de 2020.[10][11] En maio a Federación Galega de Automobilismo publicou un novo calendario, coas novas datas e xa sen os rallys cancelados, no que as probas a disputar quedan reducidas a seis (sen contar o rally xa disputado).[12][13]

En xuño a Escudería Lalín-Deza comunicou que non se organizaría o Rally do Cocido en 2020 e o 4 de agosto anunciáronse as suspensións do Rally Ourense-Ribeira Sacra e do Rías Baixas.[14][15][16] En outubro a Escudería Santiago anunciou a cancelación do Botafumeiro, quedando o calendario reducido a só tres rallys.[17]

Puntuación[editar | editar a fonte]

Sistema de puntuación para a clasificación xeral:

Posición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Puntos 25 20 15 12 10 8 6 4 2 1

Sistema de puntuación para cada agrupación:

Posición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Puntos 10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

Para definir o total de puntos obtidos por un participante nunha proba débense sumar os puntos obtidos na clasificación xeral e na agrupación e logo multiplicalos polo coeficiente da proba.

Agrupacións[editar | editar a fonte]

Os vehículos admitidos divídense en cinco agrupacións:[18]

  • Agrupación 1: WRC, R5, S2000, R4, A Galego, N1, N5, N6, Grupo A (máis de 2.000cc, 4x4), Grupo N (máis de 2.000cc, 4x4), Grupo X (máis de 2.0), Porsche 997 GT3 Cup Rallye, GT, RGT, Grupo G (máis de 2.0), Grupo SCC.
  • Agrupación 2: R3T, R3C, S1600, R2C, N2, Grupo N (2RM), Grupo A (Máis de 1.6 cc e menos 2.0 cc Kit Car), Grupo G (menos de 2.0 2RM), Grupo X (Máis de 1.6 cc e menos 2.0 cc, Kit Car).
  • Agrupación 3: R2B (menos de 1.6), R3D, N3, Grupo A (menos 1.6 cc Kit Car), Grupo N (máis de 1.6 e menos de 2.0 cc 2RM), Grupo X (máis de 1.6 e menos de 2.0 cc 2RM), Históricos (Máis 1.600 cc 2RM)
  • Agrupación 4: Grupo N (menos de 1.600 cc), R1A/R1B (Menos 1.600 cc), Grupo X (Menos 1.600 cc), Históricos (Menos 1.600 cc, 2RM)
  • Agrupación 5: Todos o grupos de menos de 1.000 cc, excepto históricos.

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Automóbil Piloto Copiloto Roldas
Yacar Racing Škoda Fabia R5 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez 1-3
Ford Fiesta R5 Galicia Perfecto Calviño Galicia Antonio Solórzano 1
Peugeot 208 R2 Galicia Jorge Bergondo Galicia Rubén Roel 1
Peugeot 106 Kit Car Galicia Iván Lozano Galicia Diego Rodríguez 1-2
BMW 325i Galicia Francisco García Galicia Óscar Javier Souto 1
Peugeot 205 SCC Galicia Darío Calviño Galicia Eduardo Mosquera 1
Lalín-Deza Ford Fiesta MKII Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez 1
Citroën DS3 R5 2
Volkswagen Polo GTI R5 3
Hyundai i20 R5 Galicia Alberto Otero Galicia Jordan Vázquez 1-2
Recalvi Team Citroën DS3 R5 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado 1-3
Renault Clio N5 Galicia Diego Vila Galicia María Blanco Amelia 1-2
Ford Fiesta R5 Asturias Óscar Palacio Galicia Mario González Tomé 1
Blendio Ford Fiesta Rally2 2
Ford Fiesta Rally2 Asturias Daniel Alonso Galicia Cándido Carrera 3
FMC-UCAV Racing Citroën DS3 R5 Galicia Luis Vilariño Galicia Néstor Casal 1
Galicia Motorsport Renault Clio R3 Maxi Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez 1
Citroën DS3 R5 2-3
SEAT Marbella Galicia Mario Ríos Galicia María Ríos 1
Citroën Saxo Galicia Kevin Cortegoso Galicia Jacobo Domínguez 1-2
Citroën Saxo Galicia José Ramón Furelos Galicia Agustín Furelos 1
Nissan Micra K11 Galicia José Manuel Piay Galicia Iván López 1-2
Desguaces Tino Racing Ford Fiesta N5 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias 1-2
Ford Fiesta R2 Galicia Tinín Iglesias Galicia Bárbara Gómez 1-2
Citroën C2 Galicia Benito Puceiro Galicia Christopher Telmo 1-2
Miño Peugeot 208 T16 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente 1
Volkswagen Polo GTI R5 2-3
Fiat Cinquecento Galicia Diego Camuñas Galicia Javier Camuñas 1
Škoda Fabia Rally2 evo Galicia Adrián Díaz Galicia Andrea Lamas 3

Rallys[editar | editar a fonte]

24º Rally da Coruña[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rally da Coruña de 2020.

O campionato comezou por cuarto ano consecutivo co Rally da Coruña, que se celebrou entre o 28 e o 29 de febreiro. O parque pechado situouse o venres 28 na praza de María Pita, na Coruña, mentres que os treitos cronometrados disputáronse o sábado nos concellos de Aranga, Cerceda, Culleredo e Arteixo,[19] sumando un total de 89,28 km cronometrados.[20]

Inscribíronse 113 pilotos, coa ausencia máis destacada do vencedor do ano anterior, Iván Ares, que non recibiu a tempo o seu novo Hyundai i20 R5.[21] Con todo, si estiveron presentes os primeiros clasificados da tempada anterior do Campionato de Galicia de Rally: Víctor Senra, estreando un Škoda Fabia R5, Alberto Meira co seu Citroën DS3 R5 e Iago Caamaño, estreando tamén coche no campionato, un Ford Fiesta R5 MKII.[21] Ademais destacaban as presenzas do campión galego Luis Vilariño, do tricampión de Asturias Óscar Palacio, de Manuel Fernández ou de Tino Iglesias.[22]

O rally caracterizouse por unha intermitente choiva, coa que cobrou grande importancia a elección de pneumáticos dos equipos.[23] Víctor Senra comezou liderando con claridade na sesión matinal ao marcar o mellor tempo na primeira pasada aos tres treitos, con 13 segundos de vantaxe sobre Iago Caamaño e 30 sobre Alberto Otero.[24][25] Con todo, Iago Caamaño comezou a remontar nos seguintes dous treitos, nos que marcou o mellor tempo e colocouse a catro segundos de Senra. A remontada culminouse no sexto treito, no que o máis rápido foi o asturiano Óscar Palacio e no que os problemas coa panca de cambios de Senra lle fixeron perder máis de 23 segundos con Caamaño, que se colocou líder destacado, con máis de 19 segundos de vantaxe sobre o de Dumbría.[26] Cando todo parecía sentenciado Senra solucionou os seus problemas mecánicos e volveu facer os mellores tempos, recortándolle tres segundos a Caamaño no sétimo treito[27] e catro no oitavo,[28] colocándose a 12 segundos a falta do último tramo.[29] Finalmente conseguiu recortar a diferenza e nun final moi axustado gañar o rally por 159 milésimas sobre Iago Caamaño.[23]

Detrás deles quedou Alberto Meira, que mantivo unha loita pola terceira praza durante todo o rally con Alberto Otero (4º) e Óscar Palacio (5º).[29]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia R5 Yacar Racing 58:45.327
2 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Ford Fiesta MKII Lalín Deza 58:45.486
3 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 59:16.920
4 Galicia Alberto Otero Galicia Jordan Vázquez Hyundai i20 R5 Lalín Deza 59:23.385
5 Asturias Óscar Palacio Galicia Mario González Ford Fiesta R5 Recalvi Team 59:46.887
6 Galicia Luis Vilariño Galicia Néstor Casal Citroën DS3 R5 UCAV Universidad de Ávila 1h01:22.428
7 Galicia Manuel Fernández Galicia Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 1h02:00.550
8 Galicia José Manuel Lista Galicia Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX José Manuel Lista Mañana 1h02:33.154
9 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 1h02:47.609
10 Galicia David Rivas Galicia José Antonio Pintor Citroën C2 R2 Max RVS Motorsport 1h03:10.628

42º Rally San Froilán[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rally San Froilán de 2020.

Coa expansión da pandemia por coronavirus o campionato paralizouse durante máis de medio ano, suspendéndose a maioría de rallys previstos. Retomouse a mediados de outubro coa disputa da cuadraxésimo segunda edición do Rally San Froilán, para o que se inscribiron 127 equipos.[30] Víctor Senra colocouse en cabeza dende o primeiro treito, e xa non abandonou a posición ata o final da carreira, logrando a súa segunda vitoria na tempada e a segunda no rally lugués.[31] Con todo, o piloto de Dumbría só foi o máis rápido en dous dos nove treitos, repartíndose os sete restantes entre cinco pilotos distintos. O melidense Alberto Otero marcou o segundo mellor tempo do rally, subindo ao podio por diante de Alberto Meira. Completaron os cinco primeiros postos Francisco Dorado e Iago Caamaño, este último despois de sufrir unha picada de roda que o afastou dos primeiros lugares.[31][32]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia R5 Yacar Racing 56:40.324
2 Galicia Alberto Otero Galicia Jordan Vázquez Hyundai i20 R5 Escudería Lalín-Deza 57:02.073
3 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 57:03.993
4 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Volkswagen Polo GTI R5 Miño-Lugo 57:40.842
5 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Citroën C3 R5 Escudería Lalín-Deza 57:46.910
6 Portugal Ricardo Costa Portugal Daniel Vilaça Hyundai i20 R5 RVS Motorsport 58:00.215
7 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Citroën DS3 R5 Galicia Motorsport 58:41.090
8 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Renault Clio N5 Recalvi Team 59:09.118
9 Asturias Óscar Palacio Galicia Mario González Ford Fiesta Rally2 Recalvi Team 59:16.930
10 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1:01:46.970

2º Rally Mariña Lucense[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rally Mariña Lucense de 2020.

Trala suspensión da maioría de rallys por mor da pandemia por coronavirus, o Rally Mariña Lucense quedou como a terceira e derradeira proba do campionato. O rally chegou con polémica, debido a que o regulamento do campionato establece que se deben descartar dous resultados para obter a puntuación final, e, ao disputárense só tres probas, o vencedor do último rally sería o campión final independentemente do que sucedese nos dous rallys anteriores, debido ao maior coeficiente da proba lucense. A negativa a modificar o regulamento, a pesar de que estaba permitido facelo "por causas de forza maior", provocou o malestar de varios pilotos, entre eles os dous primeiros clasificados do certame, Víctor Senra e Alberto Otero, que anunciaron que non disputarían o rally.[33][34][35]

Finalmente Senra acabou por inscribirse no rally, xunto a outros 74 pilotos, entre os que destacaban as presenzas do ruso Nicolai Griazin, piloto do Campionato do Mundo, cun Volkswagen Polo R5, Alberto Meira, Iago Caamaño ou o asturiano Daniel Alonso.[36][37][38]

Griazin foi o máis rápido nos primeiros sete treitos e gañou o rally de xeito contundente, con case un minuto de vantaxe sobre Senra, que conseguiu os dous últimos scratchs e o segundo posto final. O ruso non contaba para a clasificación final do campionato, debido a que se precisaba participar nun mínimo de dous rallys, polo que Senra logrou a súa cuarta coroa consecutiva, mentres que o subcampionato foi para Iago Caamaño.[39]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Nicolai Griazin Konstantin Aleksandrov Volkswagen Polo GTI R5 Sports Racing Technologies 59:29.582
2 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia R5 Yacar Racing 1h00:26.046
3 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 1h00:53.924
4 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Volkswagen Polo GTI R5 Escudería Lalín-Deza 1h01:36.962
5 Galicia Adrián Costas Galicia Néstor Casal Mitsubishi Lancer Evo IX C.D. Motor Racing Cantabria 1h04:20.063
6 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Citroën DS3 R5 Galicia Motorsport 1h04:22.935
7 España Daniel Alonso España Rodrigo Sanjuan Ford Fiesta Rally2 R5 Blendio 1h05:37.126
8 Galicia Tinín Iglesias Galicia Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h07:29.793
9 Galicia José Manuel Lamela Galicia Daniel Pérez Citroën Saxo VTS Yacar Racing 1h07:54.362
10 Galicia Marcos Rodríguez Galicia Daniel Rodríguez Citroën C2 GT Surco 1h08:10.541

Clasificacións[editar | editar a fonte]

Pilotos[editar | editar a fonte]

Pos Piloto 1

RDC

2

SFR

3

MAL

Pts
1 Galicia Víctor Senra 1 1 2 245
2 Galicia Iago Caamaño 2 5 4 203
3 Galicia Alberto Meira 3 3 3 184
4 Galicia Francisco Dorado 50 4 Ret 133
5 Galicia Tinín Iglesias Ret 20 8 112
6 Galicia Jorge Pérez Oliveira 9 7 6 104
7 Galicia José Manuel Lamela Ret Ret 9 96
8 Galicia Marcos Rodríguez 19 16 10 88
9 Galicia David Rivas 10 Ret 12 77
10 Galicia Jorge Garnelo Ret 29 14 72

Copilotos[editar | editar a fonte]

Pos Piloto 1

RDC

2

SFR

3

MAL

Pts
1 Galicia David Vázquez 1 1 2 245
2 Galicia Alberto Rodríguez 2 5 4 203
3 Galicia José Murado 3 3 3 184
4 Galicia Roi Torrente 50 4 Ret 133
5 Galicia Néstor Casal 6 Ret 5 128
6 Galicia Bárbara Gómez Ret 20 8 112
7 Galicia Avelino Martínez 9 7 6 104
8 Galicia Daniel Pérez Ret Ret 9 96
9 Galicia Javier Martínez Ret 29 14 72
10 Galicia Adrián Muñiz Ret Ret 15 64

Agrupación 1[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Pts
1 Galicia Víctor Senra 245
2 Galicia Iago Caamaño 203
3 Galicia Alberto Meira 184
4 Galicia Francisco Dorado 133
5 Galicia Jorge Pérez Oliveira 104
6 Galicia Tino Iglesias 14

Agrupación 2[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Pts
1 Galicia Tinín Iglesias 280
2 Galicia David Rivas 245

Agrupación 4[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Pts
1 Galicia Pablo Blanco 203
2 Galicia Jacobo Segade 184
3 Galicia Diego González 161
4 Galicia Alejandro Castro 152
5 Galicia Iván García 128
6 Galicia Juan Manuel Cagiao 112
7 Galicia Diego Coto 112
8 Galicia Javier Eiras 104
9 Galicia Alejandro Otero 80
10 Galicia Sergio Suárez 28

Escudarías[editar | editar a fonte]

Pos Escudaría Pts
1 Yacar Racing 459
2 Lalin-Deza 351
3 Recalvi Team 277
4 Galicia Motor Sport 146
5 Pontevedra 1984 Team 138
6 Surco 133
7 RVS Motor Sport 129
8 Desguaces Tino Racing 126
9 Miño 122
10 One Seven 111
11 Scratch Fene 111

Marcas de pneumáticos[editar | editar a fonte]

Pos Marca Pts
1 Pirelli 438
2 Michelín 24

Copas de promoción[editar | editar a fonte]

11ª Copa Pirelli AMF Motor Sport[editar | editar a fonte]

Pilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Javier Eiras 200
2 Galicia Alejandro Otero 160
3 Galicia Sergio Suárez 144
4 Galicia Óscar Gallego 126
Copilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Álvaro García 200
2 Galicia Lara Gómez 160
3 Galicia Martín Fariña 144
4 Galicia María Teresa López 126

11ª Copa Top Ten Pirelli - Driver (Top Ten A)[editar | editar a fonte]

Pilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Alberto Meira 240
2 Galicia Iago Caamaño 200
3 Galicia Jorge Pérez Oliveira 144
4 Galicia Francisco Dorado 126
5 Galicia Tino Iglesias 42
Copilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia José Murado 240
2 Galicia Alberto Rodríguez 200
3 Galicia Avelino Martínez 144
4 Galicia Roi Torrente 126

11ª Copa Top Ten Pirelli - Driver (Top Ten B)[editar | editar a fonte]

Pilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Tino Iglesias 240
2 Galicia David Rivas 210
3 Galicia José Manuel Lamela 200
4 Galicia Marcos Rodríguez 160
5 Galicia Pablo Gómez 56
6 Galicia Juan Manuel Cagiao 42
7 Galicia Borja Rodil 0

Copilotos[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Pts
1 Galicia Bárbara Gómez 240
2 Galicia Daniel Pérez 200
3 Galicia Iván Bergondo 42
4 Galicia Carlos Álvarez 0

15º Volante FGA - Recalvi[editar | editar a fonte]

Pilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Jorge Garnelo 240
2 Galicia Pablo Blanco 210
3 Galicia Diego González 210
4 Galicia Jacobo Segade 200
5 Galicia Alejandro Castro 175
6 Galicia Iván García 144
7 Galicia Diego Coto 140
Copilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Javier Martínez 240
2 Galicia Ian Quintana 210
3 Galicia Diego García 210
4 Galicia Adrián Muñiz 200
5 Galicia Adrián López 175
6 Galicia Anxo Ramos 144
7 Galicia Alejandro Vaqueiro 140

1ª Coupe da Luz - RDM[editar | editar a fonte]

Pilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Javier Eiras 450
2 Galicia Alejandro Otero 410
Copilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Álvaro García 450
2 Galicia Lara Gómez 410

1ª Super Campionato R5 Recalvi[editar | editar a fonte]

Pilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia Víctor Senra 490
2 Galicia Alberto Otero 329
3 Galicia Alberto Meira 301
4 Galicia Iago Caamaño 287
5 Asturias Óscar Palacio 161
6 Galicia Francisco Dorado 161
7 Portugal Ricardo Costa 91
8 Galicia Domingo Molinos 63
Copilotos[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Pts
1 Galicia David Vázquez 490
2 Galicia Jordan Vázquez 329
3 Galicia José Murado 301
4 Galicia Alberto Rodríguez 287
5 Galicia Roi Torrente 161
6 Galicia Mario González 161
7 Portugal Rui Vilaça 91
8 Galicia Alejo Souto 63

2ª Cup Tecnoshock (Cup A)[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Pts
1 Galicia Pablo Gómez 210

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Calendario" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  2. "Este será el calendario del automovilismo gallego en el 2020". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de decembro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  3. "Suspendido el 25 Rally del Cocido 2020". GZ Rally (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  4. "Frenazo al motor en Galicia por el coronavirus: Cocido y Cuntis ya tienen nueva fecha". La Región (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  5. "Calendario 2020" (PDF). FGA. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  6. "La Escudería Berberecho aplaza el Rali de Noia pero confía en celebrarlo en 2020". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  7. "XXXVI Rally Berberecho de Noia 2020". GZ Rally (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  8. "Cancelado el Rally Berberecho Noia 2020" (en castelán). 20 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  9. "Comunicado de prensa Rally Rías Baixas" (en castelán). 16 de abril de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  10. "Cancelado el Rally Sur do Condado 2020" (en castelán). 14 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  11. "Cancelado el 33 Rally de Naron 2020" (en castelán). 19 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  12. "La FGA publica otro calendario para el 2020" (en castelán). 21 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  13. "Calendario 2020 (actualizado debido á pandemia)" (PDF). FGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  14. "La organización cancela el Rali do Cocido de 2020". Faro de Vigo (en castelán). 27 de xuño de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  15. "Cancelado el Rally de Ourense Ribeira Sacra 2020" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  16. "Suspendido el 54 Rallye Recalvi Rías Baixas en 2020" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  17. "Nueva cancelación en el Gallego: Ahora el Rally Botafumeiro". La Región (en castelán). 26 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  18. "REGULAMENTO XERAL DO CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES EN ASFALTO 2020" (PDF). Federación Gallega de Automovilismo. Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  19. "El rali de A Coruña ya tiene plan: así serán los tramos". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  20. "24 Rally de A Coruña 2020". GZRally. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  21. 21,0 21,1 "El rali de A Coruña da el pistoletazo de salida al Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  22. "Lista de inscritos Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  23. 23,0 23,1 Gómez Cundíns, Pablo (29 de febreiro de 2020). "Víctor Senra se lleva el rali de A Coruña por una décima de segundo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  24. "Víctor Senra lidera el Rally de A Coruña tras la primera sección" (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  25. "Tempos tras a primeira pasada Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  26. "Tempos tras a segunda pasada Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  27. "Tempos treito 7 Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  28. "Tempos treito 8 Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  29. 29,0 29,1 "¡Por solo una décima! Víctor Senra gana el Rali de A Coruña por un suspiro después de 90 kilómetros cronometrados". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  30. "Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye San Froilán 2020" (en castelán). 9 de outubro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  31. 31,0 31,1 "El gran día de Víctor Senra". El Progreso. 17 de outubro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  32. "Clasificación Rally San Froilán" (PDF). temposfga.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  33. Cachalvite, Andrés H. (29 de outubro de 2020). "Escándalo en el Gallego y no por la FGA: el campeón será el que gane el último rally, el Mariña Lucense". La Región (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  34. Cachalvite, Andrés H. (29 de outubro de 2020). "Víctor Senra y Alberto Otero no estarán en el Mariña Lucense". La Región (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  35. "Polémica entre os pilotos do Galego de ralis polo sistema para elixir o gañador en pleno covid-19". La Voz de Galicia. 2 de novembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  36. Cachalvite, Andrés H. (4 de decembro de 2020). "Gryazin, Senra, Caamaño y Meira, favoritos en el Mariña Lucense". La Región (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  37. "Presencia mundialista en el Rallye Mariña Lucense" (en castelán). 3 de decembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  38. "Lista de inscritos Rally Mariña Lucense" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  39. "Premios e trofeos 2020" (PDF). FGA. Consultado o 30 de decembro de 2020. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]