Star Trek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gene Roddenberry, creador de Star Trek

Star Trek é unha franquía de entretemento multimedia ambientada no universo de ciencia ficción creado por Gene Roddenberry[1] en 1966 para a serie de televisión homónima. A franquía inclúe series de televisión, películas, obras de banda deseñada[2], novelas, xogos e videoxogos[3], mesmo revistas, atraccións, e exposicións itinerantes[4][5].

Maqueta da USS Enterprise (NCC-1701)[6]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Star Trek (1966-1969)[editar | editar a fonte]

Logo da serie orixinal

Star Trek, a serie orixinal, conta a historia dos tripulantes da nave espacial USS Enterprise (NCC-1701)[6] da Federación Unida de Planetas mentres dura a súa misión de exploración do espazo cara a "onde ningún home foi antes".

O espazo, a fronteira final. Estas son as viaxes da nave espacial Enterprise na súa misión quinquenal para explorar novos e estraños mundos, para buscar vida nova e novas civilizacións. Para ir, simplemente, onde ningún home foi antes.

—Star Trek (1966-1969), monólogo dos créditos do inicio[7]. Versión en galego emitida pola TVG.

Na serie orixinal William Shatner (cápitan James T. Kirk), Leonard Nimoy (Spock) e DeForest Kelley (Dr. Leonard "Bones" McCoy) interpretan os papeis principais, completan o elenco habitual James Doohan (enxeñeiro xefe Montgomery "Scotty" Scott), Nichelle Nichols (Uhura, oficial de comunicacións) e Walter Koenig (Chekov) e George Takei (Sulu) como pilotos da nave. A serie estreouse na NBC o 8 de setembro de 1966. Permaneceu en antena tres temporadas. Rematou o 3 de xuño de 1969 trala emisión dun total de 79 episodios[8] de 50-60 minutos de duración.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Star Trek: The Animated Series (1973-1974)[editar | editar a fonte]

Logo de Star Trek: The Animated Series
George Takei, Sulu na serie orixinal, autografando un celuloide orixinal da serie animada nunha tenda de banda deseñada en Manhattan.

Star Trek: The Animated Series é unha serie de animación continuación das aventuras da serie Star Trek orixinal. Durou dúas temporadas, entre setembro de 1973 e outubro de 1974, nese período emitíronse 22 capítulos. Contou coa participación dos actores William Shatner, Leonard Nimoy, DeForest Kelley, James Doohan, Nichelle Nichols, George Takei, Majel Barrett da serie orixinal que puxeron as voces ás personaxes animadas[9].

Star Trek: The Next Generation (1987-1994)[editar | editar a fonte]

Logo de Star Trek: The Next Generation

Star trek: The Next Generation é a terceira das series do universo Star Trek. Pasado un século da primeira viaxe continúa a misión de exploración do espazo cunha anovada tripulación, nunha nova nave, a USS Enterprise (NCC-1701-D), ao mando de Jean-Luc Picard (Patrick Stewart) o novo capitán[10]. Esa continuidade reflíctese no monólogo dos créditos de apertura en dúas pequenas modificacións[11].

A tripulación da nova xeración conta cun oficial klingon chamado Worf (Michael Dorn), un androide de nome Data (Brent Spiner), unha conselleira, Deanna Troi (Marina Sirtis), metade humana metade betazoide, xunto ao primeiro oficial William Riker (Jonathan Frakes), a doutora Beverly Crusher (Gates McFadden) mailo seu fillo Wesley Crusher (Wil Wheaton), e o xefe de enxeñeiros cego, grazas a un visor ten un sentido da vista artificial, Geordi La Forge (LeVar Burton). Durante sete temporadas, de 1987 a 1994, emitíronse 178 episodios (26 por temporada, agás a segunda 22)[12] de Star trek: The Next Generation

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Star Trek: Deep Space Nine (1993–1999 )[editar | editar a fonte]

Logo de Star Trek: Deep Space Nine

Star Trek: Deep Space Nine, a cuarta entrega das series Star Trek traslada a acción da nave espacial Entreprise á estación espacial Deep Space Nine[13] na Vía Láctea. O capitán Benjamin Sisko (Avery Brooks) é o comandante en xefe da Deep Space Nine (DS9). A vida da serie prolongouse sete temporadas, 176 capítulos en total dunha hora cada un[14] .

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Star Trek: Voyager (1995–2001)[editar | editar a fonte]

Logo de Star Trek: Voyager

Star Trek: Voyager[15] é a quinta serie da saga Star Trek. Nesta tirada a nave deixa de ser do tipo USS Entreprise, pasa a ser a USS Voyager (NCC-74656), e quen goberna a nave é a capitana da frota estelar Kathryn Janeway (Kate Mulgrew). Star Trek: Voyager narra a viaxe da Voyager de volta á Terra nun periplo de 75 anos. Un traxecto desde o extremo da galaxia, a 70.000 anos luz onde foi enviada tralo secuestro por un ente extraterrestre, ata este planeta. A emisión, na United Paramount Network (UPN), estendeuse durante sete temporadas, de 1995 a 2001, sumando un total de 172 episodios[16].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Star Trek: Enterprise (2001–2005)[editar | editar a fonte]

Logo de Star Trek: Enterprise

Star Trek: Enterprise, só Enterprise ata a terceira temporada, está situada nun tempo anterior á serie Star Trek orixinal. A tripulación da nave Enterprise (NX-01), sen o prefixo USS, está formada polo capitán Jonathan Archer (Scott Bakula) —seu pai deseñou a nave-, a oficial científica T'Pol (Jolene Blalock) —vulcaniana—, o enxeñeiro xefe Trip Tucker (Connor Trinneer), o oficial de seguridade Malcolm Reed (Dominic Keating), a oficial de comunicacións e experta en lingüística Hoshi Sato (Linda Park), o piloto Travis Mayweather (Anthony Montgomery) e o Dr. Phlox (John Billingsley) —denobulano—. Emitida orixinalmente na United Paramount Network (UPN) acadou catro temporadas cun total de 98 episodios (26, 26, 24, 22 capítulos por temporada respectivamente)[17].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Star Trek: Discovery (estrea en 2017)[editar | editar a fonte]

Logo de Star Trek: Discovery

Star Trek: Discovery é a sétima das series do universo Star Trek. Está prevista a súa estrea en maio de 2017[18]. A historia que narra remontase, de maneira aproximada, á década anterior[19] á misión quinquenal da serie Star Trek orixinal.

Filmes[editar | editar a fonte]

Brent Spiner, á dereita, o androide Data no set de Star Trek: Nemesis

Star Trek: The Motion Picture (1979) comezou o percorrido cinematográfico das personaxes de Star Trek. Foi a primeira das trece longametraxes estreadas desde 1979 ata 2016. A tripulación da serie orixinal protagonizou os seis primeiros filmes con algunha aparición espóradica noutros proxectos (William Shatner, capitán Kirk, en Star Trek Generations ou Leonard Nimoy, Spock, en Star Trek de J. J. Abrams entre outras). A tripulación da serie Star Trek: The Next Generation substituíu á orixinal nos seguintes filmes, do sétimo ao décimo. A partir de 2009, as seguintes entregas: Star Trek (2009), Star Trek Into Darkness (2013), Star Trek Beyond (2016) corresponden a un novo comezo da saga cunha nova tripulación independente das series.

Título Ano Director Orzamento Recadación
Tripulación da serie orixinal
Star Trek: The Motion Picture 1979 Robert Wise $35 millóns[20] $82.258.456[20] (en EEUU)
Star Trek II: The Wrath of Khan 1982 Nicholas Meyer $11,2 millóns[21] $78.912.963[21] (en EEUU)
Star Trek III: The Search for Spock 1984 Leonard Nimoy - $76.471.046[22] (en EEUU)
Star Trek IV: The Voyage Home 1986 - $109.713.132[23] (en EEUU)
Star Trek V: The Final Frontier 1989 William Shatner - $52.210.049[24] (en EEUU)
Star Trek VI: The Undiscovered Country 1991 Nicholas Meyer - $96.888.996[25] (todo o mundo)
Tripulación de Star Trek: The Next Generation
Star Trek Generations 1994 David Carson $35 millóns[26] $118.071.125[26] (todo o mundo)
Star Trek: First Contact 1996 Jonathan Frakes - $146.027.888[27] (todo o mundo)
Star Trek: Insurrection 1998 $58 millóns[28] $112.587.658[28] (todo o mundo)
Star Trek: Nemesis 2002 Stuart Baird $60 millóns[29] $67.312.826[29] (todo o mundo)
Novo comezo
Star Trek 2009 J. J. Abrams $150 millóns[30] $385.680.446[30] (todo o mundo)
Star Trek Into Darkness 2013 $190 millóns[31] $467.381.469[31] (todo o mundo)
Star Trek Beyond 2016 Justin Lin $185 millóns[32] $343.471.816[32] (todo o mundo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roddenberry, Gene (11 de marzo de 1964). "Star Trek. First Draft" (PDF). Primeiro borrador co concepto da serie, esbozo das tramas e presentación das personaxes (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  2. Danhauser, Curt (2016). "Guide to the Gold Key Star Trek Comics" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  3. "TrekCore Gaming". This is an effort to document and list EVERY commercial and fan-developed computerized Star Trek (and related) game made for any physical platform over the franchise's entire history (circa-1971 to present) (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  4. EMS Entertainment (Exhibits - Live - Corporate), ed. (2017). "Star Trek: The Starfleet Academy Experience". Star Trek: The Starfleet Academy Experience is produced by EMS Entertainment, under a license from CBS Consumer Products. (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  5. Star Trek: The Exhibition, ed. (2017). "The Exhibit: Facts, Figures & Photos" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 Smithsoniam National Air and Space Museum, ed. (2017). "Star Trek Starship Enterprise Studio Model". Maqueta da USS Enterprise (NCC-1701) doada pola Paramount en 1974 (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  7. "Star Trek: The Original Series - Intro". Star Trek, opening monologue, 1966-1969. Vídeo en Youtube (en inglés). 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2017. Space: the final frontier. These are the voyages of the starship Enterprise. Its five-year mission: to explore strange new worlds, to seek out new life and new civilizations, to boldly go where no man has gone before. 
  8. Filmoteca Generalitat Valenciana (Instituto de las Artes Escénicas, Cine y Musica - IVAECM (ed.). El relato electrónico. Fichas de series a cargo de José María Villagrasa de la Sociedad de Documentación Visual Media (en español) (Edición a cargo de Encarna Jiménez Losantos, Vicente Sánchez Biosca ed.) (Valencia). pp. 287–288. ISBN 84-7579-691-5. 
  9. CBS Entertainment, ed. (2017). "Star Trek: The Animated Series Synopsis" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  10. CBS Entertainment, ed. (2017). "Star Trek: The Next Generation Synopsis" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  11. "Star Trek (All Opening Credits): Star Trek: The Next Generation en 1m03s". Vídeo en Youtube (en inglés). 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2017. Space: the final frontier. These are the voyages of the starship Enterprise. Its continuing mission: to explore strange new worlds, to seek out new life and new civilizations, to boldly go where no one has gone before. 
  12. epguides.com, ed. (2017). "Star Trek: The Next Generation (a Titles & Air Dates Guide)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  13. Graeme McMillan, Graeme (05/13/15). WIRED, ed. "WIRED Binge-Watching Guide: Star Trek: Deep Space Nine" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  14. epguides.com, ed. (2017). "Star Trek: Deep Space Nine (a Titles & Air Dates Guide)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  15. CBS Entertainment, ed. (2017). "Star Trek: Voyager Synopsis" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  16. epguides.com, ed. (2017). "Star Trek: Voyager (a Titles & Air Dates Guide)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  17. IMDb.com, Inc. An Amazon.com company, ed. (2017). "Star Trek: Enterprise TV Series (2001–2005)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  18. IMDb.com, Inc. An Amazon.com company, ed. (2017). "Star Trek: Discovery. Sci-Fi. TV Series (2017– )". Series Premiere May 2017 (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  19. Hibberd, James (10/08/2016). Time Inc., ed. "Star Trek: Major details revealed about new TV show". Entertainment Weekly (en inglés). EEUU. Consultado o 22 de xaneiro de 2017. Star Trek: Discovery will be set in the 'Prime Universe' (so in the timeline of the original shows, not the J.J. Abrams reboot films), about a decade before Captain Kirk’s five-year mission. 
  20. 20,0 20,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek: The Motion Picture" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  21. 21,0 21,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek II: The Wrath of Khan" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  22. Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek III: The Search for Spock" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  23. Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek IV: The Voyage Home" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  24. Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek V: The Final Frontier" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  25. Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek VI: The Undiscovered Country" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  26. 26,0 26,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek: Generations" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  27. Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek: First Contact" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  28. 28,0 28,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek: Insurrection" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  29. 29,0 29,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek: Nemesis" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  30. 30,0 30,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  31. 31,0 31,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek Into Darkness" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  32. 32,0 32,1 Box Office Mojo. An IMDb Company, ed. (2017). "Box Office - Star Trek Beyond" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]