Birmingham, Alabama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Birmingham, Alabama
Flag of Birmingham, Alabama.png
Birmingham AL Montage.jpg
Birmingham
Situación xeográfica
Birmingham en Estados Unidos
Birmingham
Birmingham
Birmingham en Alabama
Birmingham
Birmingham
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado Flag of Alabama.svg Alabama
Xeografía
Altitude 140 msnm
Superficie 393,5 km²
Poboación
Poboación 212,237 habitantes (2010)
Densidade 625,4 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde William A. Bell
Páxina web www.birminghamal.gov

Birmingham é a cidade máis grande do estado de Alabama, nos Estados Unidos. A poboación da propia cidade é de 242.820 habitantes, pero hai máis de 1.100.000 na área metropolitana. A cidade é relativamente nova, pois foi fundada en 1871. Dende a súa fundación ata o final da década de 1960, Birmingham foi un centro industrial principal do sur.

Historia[editar | editar a fonte]

Birmingham comezou como un centro industrial dos Estados Unidos onde se fabricaba aceiro. A rexión tiña todo o que era necesario para fabricalo, por iso a cidade medrou axiña. Tanto foi así que chegou a ser coñecida como "A Cidade Máxica"[Cómpre referencia] ou "O Pittsburgh do Sur"[Cómpre referencia], por mor das historias similares das ambas as dúas cidades industriais.

Actualmente Birmingham está recoñecida como unha das cidades máis importante do sur, xunto a Atlanta, Charlotte, Nashville e Miami. A día de hoxe hai cinco industrias predominantes en Birmingham: o aceiro, a banca, a medicina, o seguro e a biotecnoloxía. Birmingham é tamén a primeira área metropolitana no sur e a sétima dos Estados Unidos en canto a mellores oportunidades para gañar e aforrar cartos.[1]

Economía[editar | editar a fonte]

Para Birmingham, a industria siderúrxica sempre desempeñou un papel crucial na economía local. Aínda que a industria de aceiro xa non ten a mesma importancia en Birmingham, a produción de aceiro segue a desempeñar un papel clave na economía. Nos últimos anos, as empresas siderúrxicas locais anunciaron preto de 100 millóns de dolares de investimentos en ampliacións e novas instalacións en torno á cidade. Nos anos 1970 e 1980, a economía de Birmingham foi transformada por investimentos en tecnoloxía e investigación de biomedicina na Universidade de Alabama en Birmingham. Birmingham é tamén un centro bancario de liderado, que serve como fogar de dous grandes bancos: Regions Financial Corporation e BBVA Compass. SouthTrust foi adquirido polo Wachovia en 2004. A cidade aínda ten grandes operacións como unha das sedes rexionais da Wachovia, que agora forma parte da Wells Fargo Bank. A partir de 2009, o sector de finanzas e banca en Birmingham empregou 1.870 xestores financeiros, 1.530 axentes de crédito, 680 axentes de vendas de valores e servizos financeiros, 380 analistas financeiros, 310 examinadores financeiros, 220 analistas de crédito e 130 conselleiros de crédito.

Transporte[editar | editar a fonte]

Hai moitas maneiras de chegar a Birmingham. A área sérvese do Aeroporto Internacional de Birmingham. É o aeroporto máis grande do estado e un dos de maior tráfico do sur dos Estados Unidos[Cómpre referencia]. O ano pasado usaron este aeroporto máis de 3.000.000 de persoas. O aeroporto ofrece 160 voos cada día a máis de 37 cidades nos Estados Unidos e no resto do mundo.

Deporte[editar | editar a fonte]

Ningún dos catro grandes deportes de equipo dos Estados Unidos ten licenzas en Birmingham. Varias ligas menores de fútbol americano tiveron licenzas na cidade, pero as ligas desapareceron. Algúns exemplos son os Birmingham Americans e os Birmingham Vulcans, da World Football League; os Birmingham Fire, da World League of American Football; e os Birmingham Stallions, da United States Football League.

En troques, os deportes universitarios están fortemente representados na cidade. A Universidade de Alabama e a Universidade de Auburn participan en fútbol americano, entanto que a Universidade de Alabama en Birmingham compite en baloncesto.

Existen dous circuítos de carreiras próximos a Birmingham: Talladega Superspeedway, o óvalo máis longo dos Estados Unidos, e Barber Motorsports Park, onde se corren carreiras de gran turismo e de motociclismo de velocidade.

Birmingham posúe dous campos de golf que albergaron competicións do PGA Champions Tour: o Greystone Golf & Country Club, sede do Memorial Classic ata 2005; e o Ross Bridge Golf Resort and Spa, sede do Regions Charity Classic.

Educación[editar | editar a fonte]

A Biblioteca Pública de Birmingham, con 21 ramas, serve para ofrecer educación e entretemento a toda a comunidade e para todas as idades. Hai escolas como a Mountain Brook High School, que acada o posto 250 na lista, ademais doutras universidades como a Universidade de Alabama en Birmingham.

Edificios máis altos[editar | editar a fonte]

Wells Fargo Tower (138 m), Regions-Harbert Plaza (133 m), AT&T City Center (119 m), Regions Center (119 m), City Federal Building (99 m), Alabama Power Headquarters Building (98 m), Leer Tower (87 m), John Man Building (87 m) e Daniel Building (86 m).

Terremotos[editar | editar a fonte]

A área de Birmingham non é propensa a terremotos, pero a actividade histórica é de preto dun 60 % ​​menor que a media dos EUA. Na área de Birmingham os terremotos son xeralmente menores. O deIrondale, en 1916, cunha mangitude de 5,1, causou danos na área de Birmingham e sentiuse en Estados veciños e ata nas Carolinas. O terremoto de 2003 centrado no nordeste de Alabama (cunha magnitude entre 4,6 e 4,9) tamén se sentiu en Atlanta, Tennessee, Kentucky e Carolina do Norte e do Sur.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]