Internet Broadway Database

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Internet Broadway Database
Tipobase de datos en liña e sitio web
Data de fundaciónnovembro de 2000
Na rede
https://www.ibdb.com
editar datos en Wikidata ]

Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway en Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.[1]

A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.[2]

Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League").[3] The Broadway League recolleu esta información e as estatísticas de Broadway por moitos anos. En 1996, o Departamento de Investigación comezou a organizar e ampliar a colección de datos, co obxectivo de crear unha páxina web.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William A. Everett; Paul R. Laird (12 de novembro de 2015). Historical Dictionary of the Broadway Musical. Rowman & Littlefield Publishers. p. 50. ISBN 978-1-4422-5669-9.  (en inglés)
  2. Páxina oficial da base de datos de Broadway en Internet (en inglés).
  3. About The Broadway League (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]