Henry David Thoreau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry David Thoreau
Nome completoDavid Henry Thoreau
Nacemento12 de xullo de 1817
Lugar de nacementoWheeler-Minot Farmhouse
Falecemento6 de maio de 1862
Lugar de falecementoConcord
Causatuberculose
SoterradoSleepy Hollow Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidense
RelixiónUnitarismo
Alma máterHarvard College e Universidade Harvard
Ocupaciónpoeta, filósofo, ensaísta, autobiógrafo, autor de diarios, tradutor, escritor, abolicionista, naturalista, ecoloxista e ecoloxista
PaiJohn Thoreau Jr.
NaiCynthia Dunbar
IrmánsSophia Thoreau
Coñecido porWalden e A Desobediência Civil
PremiosHall of Fame for Great Americans
Na rede
IMDB: nm1828464 Bitraga: 1114 iTunes: 2038261 Musicbrainz: 47c0ed92-ba15-468c-ae77-4f9426297a82 Discogs: 813281 IMSLP: Category:Thoreau,_Henry_David WikiTree: Thoreau-1 Find a Grave: 1030 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Henry David Thoreau, nado en Concord, Massachusetts, o 12 de xullo de 1817 e finado en Concord o 6 de maio de 1862, foi un escritor, trascendentalista, e filósofo anarquista estadounidense famoso por Walden e mais polo seu tratado Civil disobedience.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thoreau foi agrimensor, naturalista, conferenciante e fabricante de lapis. Ademais de ser un dos pais fundadores da literatura norteamericana, hoxe en día é considerado un pioneiro da ecoloxía e da ética medioambientalista. É tamén o conceptualizador das prácticas de desobediencia civil.

Thoreau quixo experimentar a vida na natureza, polo que desde o 4 de xullo de 1845 viviu dous anos nunha fraga preto de Walden Pond, non lonxe da súa familia e amigos en Concord (como Ralph Waldo Emerson). Abandonou a súa cabana o 6 de setembro de 1847 para vivir coa súa familia. Walden, que relata a súa vida na fraga, foi publicada en 1854.

En 1846 negouse a pagar impostos debido á súa oposición á guerra contra México e á escravitude nos Estados Unidos, polo que foi condenado a prisión durante uns días. Deste feito naceu o seu tratado Civil desobedience. Neste texto declárase un dos conceptos principais da súa ideoloxía: a idea de que o goberno non debe ter máis poder que o que os cidadáns estean dispostos a concederlle, chegando a tal punto que propón a abolición de todo goberno, unha ética contraria á capitalista e burguesa, declarándose inimigo do estado. Considerado por algúns como o primeiro ecoloxista, o seu ensaio foi influente en Tolstoi e en Gandhi.

Nas ciencias naturais o seu prestixio é aínda apreciable. Edward O. Wilson comeza os seus libros sobre The future of life (2002) cunha carta dirixida a Thoreau. A súa obra e exemplo manteñen aínda unha forte influencia nos movementos en defensa dos dereitos civís (o propio Martin Luther King expresou abertamente a súa admiración), o pacifismo e o ambientalismo. En 1960 unha efixie de Thoreau entrou no Panteón dos Heroes Norteamericanos da Universidade de Nova York, xunto a George Washington, Benjamin Franklin, Abraham Lincoln, Thomas Edison e Emerson. En 1998, o presidente dos Estados Unidos propúxoo como modelo das mellores prácticas cidadás e afirmou a superioridade moral da desobediencia civil sobre a violencia.

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • A Week on the Concord and Merrimac Rivers (1839).
  • Desobediencia civil (Civil disobedience, 1849).
  • Slavery in Massachusetts (1854).
  • Walden (1854).
  • A Plea for Captain John Brown (1860).
  • Camiñando (Walking, 1862)
  • Excursions (1863).
  • Vida sen fundamento (Life Without Principle, 1863)
  • The Maine Woods (1864).
  • Cape Cod (1865).
  • Early Spring in Massachusetts (1881).
  • Summer (1884).
  • Winter (1888).
  • Autumn (1892).
  • Miscellanies (1894).

Publicacións en galego[editar | editar a fonte]

  • Desobediencia civil e Vida sen fundamentos, edición conxunta de Edicións Positivas (primeira edición, maio de 2002), con tradución a cargo de Pablo Seoane.
  • Camiñando, edición de Axóuxere, de 2012, con tradución a cargo de Elva Souto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]