Tennessee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tennessee
State of Tennessee
Bandeira de Tennessee Selo de Tennessee
Bandeira Selo
Lema: Volunteer State
Mapa dos EUA coa Tennessee en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Nashville
Maior cidade Memphis
Gobernador Phil Bredesen (D)
Lingua oficial: Inglés
Área 109.247 km² (36)
 - Terra 106.846 km²
 - Auga 2.200 km² (2,2%)
Poboación (2000)
 - Poboación 5.689.283 (16)
 - Densidade 53,29 /km² (19)
Entrada na Unión
 - Data 1 de xuño de 1796
 - Orde 16º
Xeografía
Fuso horario
Latitude 35°N - 36°41'N
Lonxitude 81°37'W - 90°28'W
Largo N-S 710 km
Ancho E-O 195 km
Altitude
 - Altitude media 280 m
 - Máis elevado 2.025 m
 - Menos elevado 54 m
Códigos e abreviacións
 - USPS TN
 - ISO 3166-2 US-TN
Sitio web
www.tennessee.gov

Tennessee é un estado dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. En 1796, converteuse no decimosexto estado que se adheríu á Unión. É denominado o "Volunteer State" (o estado dos voluntarios), porque durante a Guerra de 1812, soldados voluntarios procedentes dese estado, tiveron un papel salientábel durante a batalla de New Orleans. A capital de Tennessee é Nashville, e a cidade mais populosa é Memphis.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Tennessee limita con oito estados: ao norte con Kentucky e Virxinia, ao sur con Xeorxia, Alabama e Mississippi, ao leste con Carolina do Norte, e ao oeste con e Arcansas e Misuri a través do río Mississippi. O estado está cortado polo homónimo río Tennessee. O punto máis elevado no estado é o pico Clingsman Dome con 2.025 m (6,643 pés), sito no borde oriental. O punto máis baixo está no río Mississippi, na liña do linde co estado de Mississippi. O centro xeográfico do estado localízase en Murfreesboro on Old Lascassas Pike (xusto embaixo da estrada da Middle Tennessee State University) e está marcado por un monumento ao lado da estrada.

Tennessee está dividido, xeográfica e constitucionalmente, en tres grandes divisións: East Tennessee (Tennessee oriental), Middle Tennessee (Tennessee central) e West Tennessee (Tennessee Occidental).

O estado mostra seis rexións físicas principais: o Blue Ridge, o Appalachian Ridge e Valley Region, o Cumberland Plateau, o Highland Rim, a Nashville Basin, e máis a Gulf Coastal Plain.