Resurrección de Xesús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Resurrección".1499-1500. Por Perugino.

A Resurrección de Xesús é o nome dado á fe cristiá de que Xesús de Nazaret retornou á vida o domingo seguinte ao venres na cal el foi crucificado. É unha doutrina central da fe e da teoloxía cristiá e parte do Credo Niceno: "Resucitou dos mortos ao terceiro día, conforme as Escrituras."[1]

Segundo o Novo Testamento, ocorreu ao terceiro día de que Xesús fose crucificado, morto e sepulto nunha tumba. O momento preciso da resurrección non se describe, nin aparece como presenciado por ninguén (nin sequera polos soldados que custodiaban o lugar); si a súa consecuencia: as miróforas[2] (tres Marías o santas mulleres) encontran a tumba baleira[3] (nun dos evanxeos, o de Mateo, no medio dun estrondo causado pola chegada dun anxo -nos demais evanxeos tamén aparecen anxos, aínda que noutra actitude-). A partir dese momento menciónanse varias aparicións de Xesús resucitado[4] en diversas ocasións, tanto a María Madalena (Noli me tangere) como aos apóstolos (Tomé, que mostrara a súa incredulidade,[5] é invitado polo propio Xesucristo a meter a man na chaga do costado)[6] e a outros discípulos (aos discípulos de Emaús e a un grupo de máis de cincocentos "irmáns").[7]

A resurrección de Xesucristo celébrase no calendario cristián coa festividade do Domingo de Pascua ou de resurrección. O domingo de resurrección denomínase tamén nos Συναξάριον synaxarion e calendarios litúrxicos da igrexa ortodoxa "domingo das miróforas co nobre Xosé.[8]

Os textos evanxélicos datan o descubrimento da tumba baleira en o primeiro día da semana seguinte á celebración da pascua xudía (que é a festividade que se celebrou na Última Cea). A expresión ao terceiro día, que suscita unha curiosa controversia cronolóxica (menos de corenta e oito horas cóntanse como tres días),[9] é a máis utilizada por recollerse no Credo: resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras; e provén dun fragmento do Evanxeo de Lucas: xa van tres días que sucederon estas cousas (a morte de Xesús)[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Verisón atualizada do Credo Niceno-Constantinopolitano apresentada no Primeiro Concilio de Constantinopla (381), en Norman Tanner, New Short History of the Catholic Church, page 33 (Burns & Oates, 2011). ISBN 978-0-86012-455-9
  2. Aplícase moi pouco en masculino (miróforos), e designa os personaxes que interveñen en descubrimento da tumba baleira. A palabra grega Μυροφόροι transcrita ao latín como Myrophorae, literalmente significa "portadores da mirra". Ademais das Tres Marías, hai dous varóns que non interveñen neste episodio pero que se identifican coa mirra neste contexto: Nicodemo e Xosé de Arimatea, que interviñeron no descendemento da Cruz e embalsamaron o corpo de Cristo con mirra e aloes. Richard Bauckham, Jesus and the Eyewitnesses (Eerdmans Publishing Company: Cambridge, 2006, fonte citada en en:Myrrhbearers. No contexto da natividade de Xesús, os Reis Magos levaron ouro, incienso e mirra como agasallo ao Neno.
  3. Stagg, Evelyn and Frank. Woman in the World of Jesus. Philadelphia: Westminster Press, 1978 ISBN 0-664-24195-6. Fonte citada en en:Empty tomb
  4. Tilborg, Sj. van and P. Chatelion Counet. Jesus' Appearances and Disappearances in Luke 24, Leiden etc.: Brill, 2000. Fonte citada en en:Resurrection appearances of Jesus
  5. Glenn W. Most, Doubting Thomas. Fonte citada en en:Doubting Thomas.
  6. Evanxeo de Xoán, 20: 24-29. Tradución na web oficial do Vaticano.
  7. 1 Corintios 15:6. Tradución na web oficial del Vaticano.
  8. Sunday of the Holy Myrrhbearing Women with the Noble Joseph
  9. La Resurección de Jesús
  10. Lc «24». BibleGateway (en español).