Carlos Sainz Vázquez de Castro
(2021) | ||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (es) Carlos Sainz Jr. | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (es) Carlos Sainz Vázquez de Castro Cenamor Rincón Rebollo Birto Moreno de Aranda De Anterurriaga Tiaper del Tún 1 de setembro de 1994 (30 anos) Madrid, España | |||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 (2015–) automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
Patrocinador | Estrella Galicia 0,0 (en) | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Pai | Carlos Sainz | |||||||||||||||||||||||||
Sitio web | carlossainz.es | |||||||||||||||||||||||||
Carlos Sainz Vázquez de Castro ( pronunciación (axuda · info)), coñecido como Carlos Sainz Jr ( pronunciación (axuda · info)), ou simplemente Carlos Sainz, naceu en Madrid o 1 de setembro de 1994, é un piloto de carreiras español, fillo do dobre ex campión mundial de Rallyes Carlos Sainz[1][2][3][4] e de Reyes Vázquez de Castro.
En 2012 Sainz competiu nos campionatos británico e europeo de Fórmula 3 con Carlin.[5] En 2014 participou co equipo DAMS na Fórmula Renault 3.5. O 28 de novembro de 2014, e fichou pola Scuderia Toro Rosso na tempada 2015 de Fórmula Un.[6] Equipo no que continuou na tempada 2016 egran parte da 2017 aínda que pasou a Renault nas últimas carreiras da tempada 2017 e integramente na tempada 2018. Sainz fichou por McLaren para a tempada 2019, para substituír a Fernando Alonso, que deixara a F1 mentres ao mesmo tempo remataba o seu contrato con Red Bull Racing. No Gran Premio do Brasil de 2019 Sainz conseguiu o seu primeiro podio na Fórmula Un cun terceiro posto. Fichou con Ferrari para 2021. No Gran Premio do Reino Unido de 2022, Sainz logrou a súa primeira pole position e a súa primeira vitoria. Logrou a súa segunda vitoria na Fórmula Un no Gran Premio de Singapur de 2023, despois de comezar na pole position por quinta vez na súa carreira.[7] Deixará Ferrari en a finais de 2024 cando Lewis Hamilton únase ao equipo.[8] Despois de perderse o Gran Premio de Arabia Saudita de 2024 debido a unha apendicite,[9] Sainz logrou outra vitoria na Fórmula Un no seguinte Gran Premio de Australia de 2024 comezando desde o segundo lugar.[10]
Ata o Gran Premio de Abu Zabi de 2024, Sainz conseguiu 4 vitorias en carreiras, 6 pole positions, 4 voltas rápidas e 27 podios na Fórmula Un. Sainz abandonará Ferrari ao final da tempada 2024 para unirse a Williams.[11]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Karting
[editar | editar a fonte]Sainz comezou a súa carreira no karting. En 2008 gañou o título KF3 de Asia-Pacífico, e terminou segundo no campionato español.[12] En 2009 gañou a prestixiosa Junior Monaco Kart Cup, e foi subcampión no Campionato de Europa KF3.
Fórmula BMW
[editar | editar a fonte]Sainz correu na tempada europea de 2010 da Fórmula BMW co equipo EuroInternational. Tamén formou parte do programa Red Bull Junior Team. Fixo o seu debut na Fórmula BMW como piloto invitado na tempada 2010 na Fórmula BMW Pacífico en Sepang.
Na Fórmula BMW Europa, terminou cuarto cuns incribles 227 puntos.
Sainz tamén competiu no Reino Unido na copa Fórmula Renault Winter, terminando sexto na primeira carreira e retirouse da segunda carreira de Snetterton.
Fórmula Tres
[editar | editar a fonte]Durante a tempada 2012, Sainz correu no campionato británico e nas Euroseries de Fórmula 3. Gañou cinco carreiras e terminou nove veces no podio, logrou unha pole position, no campionato británico e terminou en sexta posición. Só logrou dous podios e dous pole positions no campionato Euroseries, acabando en novena posición global.
GP3
[editar | editar a fonte]En 2013, Sainz asinou con Arden para competir nas series GP3.
Fórmula Renault 3.5
[editar | editar a fonte]Sainz competiu na Fórmula Renault 3.5, por primeira vez en 2013. Pero, debido a que estaba máis centrado na GP3, ao mesmo tempo, perdeu unha boa chea de carreiras na súa primeira tempada. Terminou a tempada no posto 19º con 22 puntos. Un grande esforzo tendo en conta que era o seu primeiro ano nas series e perdeuse un puñado de carreiras. En 2014, cambiou de equipo para correr con DAMS.
Fórmula 1
[editar | editar a fonte]Toro Rosso (2015 - 2017)
[editar | editar a fonte]Sainz participou nos tests para novos pilotos cos equipos Red Bull e Toro Rosso en Silverstone en 2013 e 2014.[13] O 28 de novembro de 2014, a Scuderia Toro Rosso anunciou oficialmente que será o compañeiro de Max Verstappen en Toro Rosso, na tempada 2015 de Fórmula Un, a raíz do pase de Daniil Kvyat a Red Bull.[14] Sainz seleccionou 55 como o seu número de carreira. Clasificouse entre os dez primeiros para o seu debut, no Gran Premio de Australia de 2015, e terminou a carreira na novena posición.[15] Na terceira sesión de adestramentos libres do Gran Premio de Rusia de 2015, Sainz perdeu o control do seu coche na curva 13 do Circuíto de Sochi, chocou contra unha parede e contra as barreiras Tecpro. Logo de pasar unha noite no hospital, permitíuselle competir ao día seguinte, pero non terminou a carreira.[16] Nos Estados Unidos de América terminou sétimo, que foi o seu último punto do ano. Terminou 15º na súa primeira tempada con Toro Rosso.
- Tempada 2016
Terminou noveno en Australia, tras retirarse en Bahrain. En China, novamente terminou noveno. Logo de non puntuar en Rusia, finalizou sexto en España, 8º en Mónaco e noveno en Canadá antes de non poder terminar en Baku. Logo pasou a anotar 3 oitavos lugares en Austria, Reino Unido e Hungría. Máis tarde tivo unha racha de puntos ata os Estados Unidos, onde finalizou en 6° lugar, non anotou ningún punto en México, outro 6° lugar no Brasil e non puntuou en Abu Zabi. Terminou 12° na clasificación de pilotos con 46 puntos.
- Tempada 2017
Sainz comezou a tempada co 7° posto en Australia. En China, fixo o movemento máis audaz na pista para ser o único con pneumáticos de seco. Funcionou e terminou oitavo. Non terminou en Bahrain logo de chocar con Lance Stroll cando saía dos boxes, o que resultou nunha penalización de tres lugares na seguinte carreira, o Gran Premio de Rusia, onde pasou a terminar décimo. En España, unha vez máis terminou sétimo antes de lograr a súa mellor posición da tempada co 6º posto en Mónaco ao relegar a Lewis Hamilton. Non terminou no Canadá, onde estivo involucrado nun choque na primeira volta con Romain Grosjean que eliminou a Felipe Massa. Terminou oitavo en Baku antes de finalizar sétimo en Hungría logo de non terminar nos puntos en Austria e retirarse en Gran Bretaña debido a unha colisión co seu compañeiro de equipo. Terminou en décimo lugar en Spa e no 14° en Monza. No Gran Premio de Malaisia, retirouse debido a un problema no motor mentres conducía xunto a Pierre Gasly, quen substituíu a Kvyat durante a fin de semana.[17] Tamén se retirou do Gran Premio do Xapón logo dun choque.
Renault (2017)
[editar | editar a fonte]Durante a fin de semana do Gran Premio de Singapur, no que terminou en 4ª posición, anunciouse que deixaría Toro Rosso para competir por Renault en 2018,[18] pero durante a fin de semana do Gran Premio do Xapón de 2017, anunciouse que Sainz substituiría a Jolyon Palmer en Renault comezando no Gran Premio dos Estados Unidos de 2017, con Kvyat regresando a Toro Rosso para tomar o seu antigo posto. Na súa primeira carreira con Renault, Sainz terminou a carreira en sétimo e superou a Nico Hülkenberg, unha fazaña que Jolyon Palmer non puido facer durante todo o ano, aínda que significou moi pouco xa que Hülkenberg optou por non marcar tempo na Q2 debido as súas penalizacións na grella. Unha actuación menos impresionante seguiu na seguinte carreira en México. Clasificouse noveno, tres décimas e media por baixo de Hülkenberg no 8° posto, e comezou a carreira en sétimo logo das sancións de motor de Ricciardo. Logo da primeira volta, atopouse no 5° lugar, detrás de Hülkenberg, despois de que os contendentes ao campionato Vettel e Hamilton chocaran ao comezo da carreira. Con todo, Sainz trompeou na sección de alta velocidade da pista e fixo un plano nos seus pneumáticos e viuse obrigado a entrar en boxes e saíu no 19º posto, só diante do danado e atrasado Mercedes de Lewis Hamilton. Permanecería na cola da pista ata que se retirou da carreira con problemas de dirección. En Brasil acobou fora dos puntos e na última carreira en Abu Zabi retirouse. Terminou 9° na clasificación de pilotos con 54 puntos.
Renault (2018)
[editar | editar a fonte]Sainz tivo un bo comezo na tempada 2018 anotando en cinco das seis primeiras carreiras, pero acabou por detrás do seu compañeiro de equipo Nico Hülkenberg en cada unha das catro carreiras que ambos finalizaron. En Acerbaixán Sainz rematou a tempada cunha boa posición, quinto.[19] Rematou a tempada no décimo lugar con 53 puntos, 3 postos e 16 puntos por detrás do seu compañeiro Hülkenberg anotando puntos en 13 carreiras das 19 carreiras que finalizou.[19][20]
McLaren (2019-2020)
[editar | editar a fonte]- 2019
Sainz mudouse a McLaren na tempada 2019, substituíndo a Fernando Alonso, que se retirara despois da tempada 2018.[21] Despois dun desafortunado comezo de tempada debido a problemas de fiabilidade no Gran Premio de Australia de 2019 e estando involucrado en colisións nos Grandes Premios de Bahrain e de [Gran Premio da China de 2019 | China]], Sainz conseguiu puntuar constantemente despois, a miúdo terminando con forza como o mellor do resto por detrás dos tres primeiros equipos. Loitou polo sexto posto no campionato de pilotos con Pierre Gasly e Alexander Albon, que pasaron parte da tempada nun Red Bull moito máis rápido. No Gran Premio do Brasil de 2019, Sainz clasificouse inicialmente como cuarto, logo de comezar no 20º e último lugar despois dun problema de motor na cualificación, pero elevouse ao 3º posto logo de que Lewis Hamilton recibira unha penalización por causar unha colisión con Alexander Albon, o que proporcionoulle a Sainz o seu primeiro podio na Fórmula Un. Sainz case dobrou o seu total de puntos da súa mellor tempada anterior, 2017. No Gran Premio de Abu Zabi Sainz conseguiu pasar a Hülkenberg na última volta para ocupar o décimo lugar, anotando un punto e o 6º posto no campionato de pilotos a finais de ano.
- 2020
Sainz comezou a tempada cun quinto posto seguido dun noveno posto en Austria e Estiria. Neste último clasificouse en terceiro lugar, o seu mellor resultado na clasificación da súa carreira, e logrou a súa primeira volta rápida e ao facelo estableceu un novo récord no Red Bull Ring.[22] No Gran Premio de Gran Bretaña sufriu unha picada de pneumáticos na penúltima volta mentres corría comodamente cuarto e no Gran Premio do 70º aniversario viuse obrigado a comezar fóra dos dez primeiros por un problema de sobrequecemento que dificultaba o seu ritmo de clasificación. Na carreira tamén resultou prexudicado por un mal funcionamento da pistola de rodas durante o pitstop, rematando décimo terceiro. Tampouco puido comezar o Gran Premio de Bélxica debido a un problema na unidade de potencia na volta de recoñecemento.[23] Na seguinte carreira (o Gran Premio de Italia) cualificouse terceiro detrás do dúo dominante Mercedes de Hamilton e Bottas. Finalizou segundo, o mellor resultado da súa carreira e o seu segundo podio, rematando a 0,4 segundos do gañador Pierre Gasly na que tamén foi a súa primeira vitoria.[24] Sainz rematou a tempada 2020 no 6º lugar do campionato de pilotos por segundo ano consecutivo. Acumulou 105 puntos e 6 finalizacións entre os 5 primeiros ambos máximos na súa carreira.[Cómpre referencia]
Ferrari (2021 - 2024)
[editar | editar a fonte]Sainz incorporouse á Scuderia Ferrari cun contrato de dous anos na tempada 2021 como compañeiro de Charles Leclerc e en substitución de Sebastian Vettel.[25] Clasificouse e terminou en 8º lugar no Gran premio de Bahrain.[26] Despois continuou clasificándose 11º no Gran Premio da Emilia-Romaña para rematar no 5º lugar, atrapando o seu compañeiro de equipo, Charles Leclerc.[27] Conseguiu o seu terceiro podio da súa carreira e o primeiro con Ferrari no Gran Premio de Mónaco de 2021.[28] A súa capacidade de adaptarse rapidamente a Ferrari foi amplamente eloxiada polas súas actuacións en relación co seu compañeiro de equipo Leclerc nas carreiras iniciais da tempada.[29] Acadou un 3º lugar no podio no Gran Premio de Hungría de 2021 a pesar de terminar en cuarto lugar na pista, debido a unha penalización posterior á carreira para Sebastian Vettel.[30][31] Comezou o Gran Premio de Rusia de 2021 en segundo lugar, e superou ao seu antigo compañeiro de equipo Lando Norris na primeira volta, terminando finalmente terceiro, para conseguir o seu terceiro podio para Ferrari. Na última carreira da tempada, o Gran Premio de Abu Zabi de 2021, terminou en terceiro lugar, o que o converteu en quinto no campionato de pilotos, por diante do seu compañeiro de equipo Leclerc e do seu excompañeiro Norris.
2022: Primeira vitoria e pole position
[editar | editar a fonte]Sainz continuou en Ferrari xunto a Leclerc para 2022. Clasificouse terceiro para o Gran Premio de Bahrain.[32] Foi terceiro ata a retirada de Max Verstappen, o que lle permitiu ocupar o segundo lugar por detrás de Leclerc para conseguir un dobrete de Ferrari e unha vantaxe anticipada no Campionato de Construtores.[33] Un erro e despois dunha bandeira vermella na clasificación no Gran Premio de Australia de 2022 significou que comezara no noveno lugar.[34] Perdeu postos na saída e despois trompeou na grava, rematando a súa carreira na segunda volta. Caeu na cualificación para o Gran Premio da Emilia-Romaña de 2022 e despois unha colisión con Daniel Ricciardo puxo fin á súa carreira na primeira curva. Terminou cuarto no Gran Premio de España de 2022, o seu mellor resultado na súa carreira de casa, a pesar de ter trompeado anteriormente e caer ata undécimo.[35][36] Sainz clasificouse e terminou segundo no Gran Premio de Mónaco de 2022, pero un problema hidráulico provocou a súa terceira retirada do ano no Gran Premio de Acerbaixán de 2022. Foi segundo no Gran Premio do Canadá de 2022, a menos dun segundo de Verstappen.[37]
Para a súa saída número 150 na Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 2022, Sainz logrou a súa primeira pole position na Fórmula Un nunha sesión de cualificación en choiva, superando a Verstappen por 0,034 segundos. Verstappen adiantouno na carreira, pero recuperou o liderado cando Verstappen diminuíu a velocidade por danos. Montou pneumáticos brandos nas últimas voltas e pasou a Leclerc para acadar a súa primeira vitoria na Fórmula Un.[38] Sainz ia terceiro no Gran Premio de Austria de 2022 cando un fallo no motor puxo fin á súa carreira. Comezou na parte traseira da grella no Gran Premio de Francia de 2022 despois de montar novos compoñentes do motor e terminou quinto a pesar dunha penalización de tempo por unha saída de boxes insegura. Conseguiu a súa segunda pole no Gran Premio de Bélxica de 2022, ascendeu á fronte cando Verstappen recibiu unha penalización de motor, pero caeu detrás dos dous Red Bulls para terminar terceiro.[39]
Sainz terminou quinto no Gran Premio dos Países Baixos de 2022 pero foi degradado ao oitavo por unha penalización por unha saída insegura en boxes. Comezou décimo oitavo no Gran Premio de Italia de 2022 cunha penalización por cambiar compoñentes do motor, pero recuperouse para quedar cuarto. No Gran Premio do Xapón de 2022 afectado pola choiva, caeu desde o terceiro posto na primeira volta. Obtivo a súa terceira pole no Gran Premio dos Estados Unidos de 2022, pero retirouse con danos tras ser golpeado por George Russell na primeira curva.[40] Despois da última carreira, Sainz igualou a súa posición de 2021 co quinto posto no Campionato de Pilotos e anotou 246 puntos fronte aos 308 de Leclerc.
Sainz asinou unha extensión de contrato en 2022 e competirá con Ferrari ata finais de 2024.[41]
2023
[editar | editar a fonte]Rematou a súa terceira tempada con Ferrari sétimo con 200 puntos fronte aos 206 de Leclerc.
2024
[editar | editar a fonte]No Gran Premio de Bahrain de 2024, Sainz comezou a tempada 2024 clasificándose cuarto e rematando no podio en terceiro lugar, por diante do seu compañeiro de equipo Charles Leclerc. Durante o fin de semana de Gran Premio de Arabia Saudita de 2024, Sainz enfermou de apendicite e non puido participar. Participou na FP1 e FP2, pero perdeuse o resto da fin de semana para operarse, foi substituído polo piloto de reserva Oliver Bearman.[42] Despois de recuperarse da súa cirurxía, Sainz regresou no Gran Premio de Australia de 2024, clasificándose segundo. Aproveitou a retirada de Max Verstappen para gañar a carreira por diante de Leclerc, marcando a terceira vitoria de Sainz na Fórmula Un e o primeiro dobrete de Ferrari desde o Gran Premio de Bahrain de 2022.[43] Conseguiu outro podio no Gran Premio do Xapón de 2024, superando a Leclerc para terminar terceiro.[44]
Despois de 3 carreiras sen podio, Sainz terminou terceiro no Gran Premio de Mónaco logrando o seu cuarto podio da tempada. Seguiría a este resultado unha retirada no Gran Premio do Canadá despois de chocar con Alexander Albon. A continuación, Sainz terminou nun frustrante sexto lugar no seu gran premio en casa, pero recuperouse ao terminar terceiro no Gran Premio de Austria aínda que se beneficiou do choque de Max Verstappen e Lando Norris para conseguir o terceiro chanzo do podio.
As seguintes 3 carreiras de Sainz consistiron no 5º posto no Gran Premio do Reino Unido, o 6º lugar no Gran Premio de Hungría e o 6º no Gran Premio de Bélxica é dicir, durante as vacacións estivais, Sainz estaba quinto no campionato con 162 puntos.
Sainz logrou un segundo posto no Gran Premio dos Estados Unidos de 2024 e gañou na Cidade de México desde a pole position, antes de estrelarse pola choiva en São Paulo. Rexistrou un terceiro posto en Las Vegas e un sexto en Qatar. No final da tempada en Abu Zabi, acabou no podio para conseguir o quinto posto do campionato cuns 290 puntos, a mellor marca da súa carreira.
Sainz deixará Ferrari despois da tempada 2024 e será substituído por Lewis Hamilton para 2025.[45]
Williams (2025)
[editar | editar a fonte]O 29 de xullo de 2024, Williams anunciou que Sainz unirase ao equipo a partir do tempada 2025 cun contrato de dous anos cunha opción de ampliación.[46] Está preparado para asociarse con Alexander Albon como o seu compañeiro de equipo.[47][48]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Poles | Gañadas | V/rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Formula BMW Europe | EuroInternational | 16 | 2 | 1 | 2 | 5 | 227 | 4º |
Formula BMW Pacific | 9 | 3 | 2 | 2 | 5 | N/A | NC† | ||
Eurocup Formula Renault 2.0 | Epsilon Euskadi | 4 | 0 | 0 | 0 | 1 | N/A | NC† | |
Tech 1 Racing | |||||||||
European F3 Open | De Villota Motorsport | 4 | 0 | 0 | 0 | 1 | N/A | NC† | |
Formula Renault UK Winter Series | Koiranen Bros. Motorsport | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 18 | 18º | |
2011 | Eurocup Formula Renault 2.0 | Koiranen Motorsport | 14 | 4 | 2 | 5 | 10 | 200 | 2º |
Formula Renault 2.0 Northern European Cup | 20 | 10 | 8 | 12 | 17 | 489 | 1º | ||
Formula 3 Euro Series | Signature | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | NC† | |
Macau Grand Prix | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 17º | ||
2012 | British Formula Three | Carlin | 26 | 1 | 5 | 2 | 9 | 224 | 6º |
Formula 3 Euro Series | 24 | 2 | 0 | 0 | 2 | 112 | 9º | ||
FIA European Formula 3 Championship | 20 | 2 | 1 | 1 | 5 | 161 | 5º | ||
Masters of Formula 3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 4º | ||
Macau Grand Prix | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 7º | ||
2013 | GP3 Series | MW Arden | 16 | 1 | 0 | 2 | 2 | 66 | 10º |
Formula Renault 3.5 Series | Zeta Corse | 9 | 0 | 0 | 1 | 0 | 22 | 19º | |
2014 | Formula Renault 3.5 Series | DAMS | 17 | 7 | 7 | 6 | 7 | 227 | 1º |
2015 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 18 | 15º |
2016 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 46 | 12º |
2017 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 54 | 9º |
Renault Sport F1 Team | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||||
2018 | Fórmula 1 | Renault Sport F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 53 | 10º |
2019 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 1 | 96 | 6º |
2020 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 17 | 0 | 0 | 1 | 1 | 105 | 6º |
2021 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari Mission Winnow | 22 | 0 | 0 | 0 | 4 | 164´5 | 5º |
2022 | Fórmula 1 | Ferrari | 22 | 1 | 3 | 2 | 9 | 246 | 5º* |
2023 | Fórmula 1 | Ferrari | 22 | 1 | 2 | 0 | 3 | 200 | 7º |
2024 | Fórmula 1 | Ferrari | 24 | 2 | 1 | 1 | 9 | 290 | 5º |
2025 | Fórmula 1 | Williams | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | -º |
† Sainz participou como piloto invitado, non podía puntuar.
Resultados Completos na Fórmula 3 Euroseries
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011 | Signature | Volkswagen | LEC 1 |
LEC 2 |
LEC 3 |
HOC 1 |
HOC 2 |
HOC 3 |
ZAN 1 |
ZAN 2 |
ZAN 3 |
RBR 1 |
RBR 2 |
RBR 3 |
NOR 1 |
NOR 2 |
NOR 3 |
NÜR 1 |
NÜR 2 |
NÜR 3 |
SIL 1 |
SIL 2 |
SIL 3 |
VAL 1 |
VAL 2 |
VAL 3 |
HOC 1 Ret |
HOC 2 Ret |
HOC 3 5 |
NC† | 0 |
2012 | Carlin | Volkswagen | HOC 1 2 |
HOC 2 5 |
HOC 3 2 |
BRH 1 4 |
BRH 2 6 |
BRH 3 4 |
RBR 1 16† |
RBR 2 7 |
RBR 3 5 |
NOR 1 Ret |
NOR 2 25† |
NOR 3 19 |
NÜR 1 7 |
NÜR 2 15 |
NÜR 3 10 |
ZAN 1 11 |
ZAN 2 9 |
ZAN 3 5 |
VAL 1 Ret |
VAL 2 10 |
VAL 3 6 |
HOC 1 Ret |
HOC 2 13 |
HOC 3 11 |
9º | 112 |
Resultados Completos na Fórmula 3 británica
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Carlin | Volkswagen | OUL 1 3 |
OUL 2 5 |
OUL 3 4 |
MNZ 1 1 |
MNZ 2 8 |
MNZ 3 1 |
PAU 1 6 |
PAU 2 2 |
ROC 1 10 |
ROC 2 12 |
ROC 3 3 |
BRH 1 4 |
BRH 2 4 |
BRH 3 Ret |
NOR 1 Ret |
NOR 2 25 |
NOR 3 19 |
SPA 1 3 |
SPA 2 C |
SPA 3 1 |
SNE 1 Ret |
SNE 2 11 |
SNE 3 1 |
SIL 1 2 |
SIL 2 7 |
SIL 3 5 |
DON 1 |
DON 2 |
DON 3 |
6º | 224 |
Resultados Completos nas GP3 Series
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | MW Arden | ESP FEA 15 |
ESP SPR DSC |
VAL FEA 5 |
VAL SPR 3 |
GBR FEA 13 |
GBR SPR 13 |
GER FEA 6 |
GER SPR 5 |
HUN FEA 5 |
HUN SPR 2 |
BEL FEA Ret |
BEL SPR 13 |
ITA FEA 9 |
ITA SPR 9 |
ABU FEA DSC |
ABU SPR 18 |
10º | 66 |
Resultados Completos nas Formula Renault 3.5 Series
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | Zeta Corse | MNZ 1 |
MNZ 2 |
ALC 1 |
ALC 2 |
MON 1 6 |
SPA 1 Ret |
SPA 2 18† |
MSC 1 |
MSC 2 |
RBR 1 |
RBR 2 |
HUN 1 7 |
HUN 2 22 |
LEC 1 16† |
LEC 2 Ret |
CAT 1 Ret |
CAT 2 6 |
19º | 22 |
2014 | DAMS | MNZ 1 18 |
MNZ 2 1 |
ALC 1 1 |
ALC 2 4 |
MON 1 4 |
SPA 1 1 |
SPA 2 1 |
MSC 1 14 |
MSC 2 6 |
NÜR 1 1 |
NÜR 2 Ret |
HUN 1 4 |
HUN 2 6 |
LEC 1 1 |
LEC 2 1 |
XER 1 15 |
XER 2 11 |
1º | 227 |
† Coches que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carlos Sainz". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2015.
- ↑ "Carlos Sainz Spain's original WRC and off-road hero!". Red Bull. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2015.
- ↑ "Antonio Sainz". www.ewrc-results.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2022. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Historic Vltava Rallye 2019". rally-base.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2021. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ Weeks, James (3 de novembro de 2011). "Sainz Jr. joins Carlin for 2012". motorstv.com (Motors TV). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2011.
- ↑ "TSainz to race for Scuderia Toro Rosso". 28 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2014. Consultado o 28 de novembro de 2014.
- ↑ Tom, Westbrook. "Sainz on pole in SIngapore as Red Bull hope fades". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023.
- ↑ "Lewis Hamilton to leave Mercedes and join Ferrari for 2025 Formula 1 season". Sky Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2024. Consultado o 2024-02-21.
- ↑ Cleeren, Filip (8 de marzo de 2024). "Bearman replaces Sainz at Ferrari for Saudi Arabian GP after appendicitis diagnosis". Autosport.
- ↑ "Sainz storms to victory amid drama in Australia" (en inglés). Formula One. 24 de marzo de 2024. Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ "Williams Racing welcomes Carlos Sainz for 2025, 2026 and beyond". Williams Racing (en inglés). 29 de xullo de 2024.
- ↑ http://www.driverdb.com/drivers/14131/career/ Career statistics at Driver Database
- ↑ Collantine, Keith (3 de setembro de 2013). "Ricciardo deal sets 2014 driver market in motion". motorstv.com (F1Fanatic). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 3 de setembro de 2013.
- ↑ Freeman, Glenn. "Carlos Sainz Jr joins Max Verstappen at Toro Rosso for F1 2015". autosport.com. Consultado o 28 de novembro de 2014.
- ↑ Barretto, Lawrence (15 demarzo de 2015). "Lewis Hamilton beats Nico Rosberg to win". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 15 de marzo de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (11 de outubro de 2015). "Carlos Sainz to race in Russian Grand Prix after heavy crash". www.bbc.com. Consultado o 13 de setembro de 2017.
- ↑ "Red Bull junior Gasly replaces Kvyat for Malaysia". espn.com. Consultado o 5 de outubro de 2017.
- ↑ "Carlos Sainz to join Renault in 2018". BBC Sport (en inglés). 2017-09-15. Consultado o 2017-09-15.
- ↑ 19,0 19,1 "Carlos SAINZ - Grands Prix started • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ "2018 • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Carlos Sainz to race for McLaren from 2019". McLaren Formula One Team. 16 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2018.
- ↑ George, Dhruv (14 de xullo de 2020). "Carlos Sainz Jr Breaks Lap Record at Styrian Grand Prix". EssentiallySports (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2020.
- ↑ Smith, Luke (31 de agosto de 2020). "McLaren awaiting analysis of Sainz PU that caused F1 Belgian GP DNS". Autosport (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020.
- ↑ "Italian Grand Prix 2020 race report and highlights: Gasly beats Sainz to maiden win in Monza thriller, as Hamilton recovers to P7 after penalty". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020.
- ↑ "Carlos Sainz confirmed as Charles Leclerc's Ferrari team mate for 2021, replacing Sebastian Vettel". formula1.com. 14 de maio de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Formula 1 2021 Bahrain GP Results". motorsport.com. 29 de abril de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ "Formula 1 2021 Emilia Romagna Grand Prix Results". bbc.com. 29 de abril de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ "Standings". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2021-05-23.
- ↑ Mitchell, Scott (31 de maio de 2021). "Sainz has shown why he deserves to be taken more seriously". the-race.com. THE RACE. Consultado o 31 de maio de 2021.
- ↑ "Formula 1 2021 Hungarian GP Results | Formula 1 Race Results". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2021-09-26.
- ↑ "FORMULA 1 ROLEX MAGYAR NAGYDÍJ 2021 - RACE RESULT". formula1.com. Consultado o 26 de setembro de 2021.
- ↑ Formula 1 (19 de marzo de 2022). "'I knew it was a matter of time' says Leclerc after opening 2022 with pole position". Formula1.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2022.
- ↑ Richards, Giles (20 de marzo de 2022). "Charles Leclerc wins dramatic Bahrain F1 GP as Ferrari bring home one-two". The Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 20 March 2022.
- ↑ Newbold, James (9 de abril de 2022). "Sainz angry after 'disaster' for Ferrari in Australian GP qualifying". Motorsport.com. Motorsport Network. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2022. Consultado o 9 de abril de 2022.
- ↑ "Carlos Sainz says P4 finish at 2022 F1 Spanish GP 'is not too bad given the circumstances, but it's far from ideal'". 24 de maio de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2022. Consultado o 24 de maio de 2022.
- ↑ ""The one who has the most desire is me" – Carlos Sainz aims to take his career-first win in his home race at the 2022 F1 Spanish GP". 14 de maio de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2022. Consultado o 24 de maio de 2022.
- ↑ "Verstappen survives late Safety Car to beat Sainz to Canadian GP victory". Formula 1. 19 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2022. Consultado o 20 de abril de 2023.
- ↑ "Sainz converts pole into maiden Grand Prix victory at Silverstone after scintillating race". Formula1.com. 3 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2022. Consultado o 3 de xullo de 2022.
- ↑ "Verstappen cruises to Belgian Grand Prix victory from P14 as Perez completes Red Bull 1-2". Formula 1. 28 de agosto de 2022. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2022. Consultado o 20 de abril de 2023.
- ↑ "Verstappen beats Hamilton to United States GP victory as Red Bull secure an emotional constructors' title win". Formula 1. 23 de outubro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2022. Consultado o 20 de abril de 2023.
- ↑ "Sainz to remain with Ferrari until 2024 following contract extension". Formula1.com. 21 de abril de 2022. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2022. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ Cleeren, Filip (8 de marzo de 2024). "Bearman replaces Sainz at Ferrari for Saudi Arabian GP after appendicitis diagnosis". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2024. Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ "Sainz storms to victory amid drama in Australia as Verstappen retires and Russell crashes out". Formula One Management (en inglés). 24 de marzo de 2024. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2024. Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ "Verstappen leads home Perez for Red Bull one-two at Japanese GP after early drama" (en inglés). Formula One. 7 de abril de 2024. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2024. Consultado o 7 de abril de 2024.
- ↑ Collantine, Keith (2024-02-01). "Sainz confirms he will leave Ferrari after 2024 season". RaceFans (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2024. Consultado o 2024-02-03.
- ↑ "Williams Racing welcomes Carlos Sainz for 2025, 2026 and beyond". Williams Racing (en inglés). 29 de xullo de 2024.
- ↑ "With a decade of F1 competition under his belt, Sainz will join Williams from Scuderia Ferrari on a two-year agreement with options to extend". Williams F1. 29 de xullo de 2024. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2024. Consultado o 29 de xullo de 2024.
- ↑ "Williams Racing announces that Franco Colapinto will race with the team for the remainder of the 2024 FIA Formula 1 World Championship season". Williams Racing (en inglés). 27 de agosto de 2024. Consultado o 27 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Sainz Vázquez de Castro |