Hockenheim
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
| Rexión administrativa | Rexión de Karlsruhe | ||||
| Distrito rural | Distrito de Rin-Neckar | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 21.631 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 34,84 km² | ||||
| Altitude | 102 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Kurt Buchter (pt) Marcus Zeitler (2019–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 68766 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 06205 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 082265004032 | ||||
| Número de municipio alemán | 08226032 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | hockenheim.de | ||||
Hockenheim é unha cidade de Alemaña de 21.130 habitantes situada no Land de Baden-Württemberg. É unha das seis cidades meirandes do distrito de Rhein-Neckar-Kreis. En 1999, o número de habitantes superou os 20.000, polo que o goberno da vila acordou a organización dunha administración central coas municipalidades veciñas de Altlußheim, Neulußheim e Reilingen.
Política
[editar | editar a fonte]
A partir das últimas eleccións locais do 13 de xuño de 2004, o consello local de Hockenheim está integrado por 22 membros, que teñen a denominación de "Stadtraetin/Stadtrat". Dirixindo a cidade está o alcalde, que é elixido directamente pola poboación cada oito anos. O seu representante permanente é o "Erste Beigeordnete", coa designación de "Bürgermeister" (Burgomestre).
Escudo
[editar | editar a fonte]Adoptado en 1609, o escudo de armas de Hockenheim está composto por dous ganchos de prata cruzados diagonalmente coroados por un león dourado. O león é o animal do Palatinado Electoral, ao que pertencía a vila. Os ganchos probabelmente derivan do nome do lugar. A forma dos símbolos trocou varias veces, mais a súa forma actual está especificada por lei municipal dende 1895.
Deporte
[editar | editar a fonte]
O Hockenheimring, é un circuíto construído en 1932, e acolle o Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 dende 1970, concretamente 28 veces nos últimos 35 anos.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
Commercy (Francia) dende 1970.
Hohenstein-Ernstthal (Alemaña) dende 1990.
Mooresville (Estados Unidos) dende 2002.
