Xabarín Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o programa da TVG, obter máis información sobre o personaxe véxase Xabarín (personaxe).
Xabarín Club
Formato Infantil e xuvenil
Creado por Antonio Blanco
Dirixido por Alberte Casal
Francisco Carballés
País de orixe Galicia Galicia
Produción
Produtor(es) executivo(s) Rosa Lorenzo
Loli Fraga
Emisión orixinal
Canle de orixe TVG
Tempo de emisión 18 de abril de 1994 – actualidade
Ligazóns externas
Páxina web

O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil emitido pola TVG que comezou a súa andaina o 18 de abril de 1994. O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia.

A Cantar con Xabarín é unha serie de 5 CDs gravados por grupos galegos significativos, tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos para o programa. Na segunda metade dos 1990s converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados (83.065 afiliados activos en 2004) e as Xabaxiras (1998), concertos da música do programa, que viron milleiros de nenos e nenas galegos.

Índice

A nova etapa do Xabarín[editar]

O Xabarín estreou nova imaxe en 2007 para celebrar en abril o seu 13º aniversario. Nesta nova etapa o Xabarín convida aos seus socios a iniciar novas aventuras co seu novo X. Asemade conta con novas seccións: como "Xabarín informa"; que é un pequeno espazo no que se dá a información e as noticias diarias que interesan aos seus socios.

O Xabarín tamén trae moitas outras novidades de cine, vídeo e dvd; música e bandas sonoras de novos grupos galegos, (que farán novas cancións para o programa) concertos, discos, series de debuxos animados, cómics, mangas, eventos, mostras, certames, videoxogos, revistas e fanzines, literatura infantil e xuvenil e unha axenda de recomendacións para o lecer na fin de semana.

Presentadores[editar]

Primeiras tempadas[editar]

Tempadas actuais[editar]

Personaxes animados[editar]

Series do club[editar]


Ficha técnica[editar]

  • Dirección: Alberte Casal e Francisco Carballés
  • Realización: Oswaldo García
  • Postprodución: Marta Abalde
  • Montaxe: Pérez Soliño
  • Produción: Rosa Lorenzo e Loli Fraga
  • Guión: Xosefa Valiño e Nico Campos
  • Colaboración: Juanillo Esteban, Miguelanxo Prado, Manolo Romón, Paulo Novoa, Mofa e Befa, Nacho de la Cierva, Nuria Barreras, Víctor Coyote, Cristina Cameselle, Josito Porto, Anxos Lago, Nicolau Rodríguez e Xabier Viana

Galardóns e nomeamentos[editar]

Notas[editar]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/doraemon-unha-das-estrelas-de-animacion-do-xabarin-club-xa-ten-un-museo-propio
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Series que se están a emitir no Xabarín Club.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Series que se están a emitir na G2.
  4. Series que se están a emitir no Xabarín Club e na G2.
  5. http://www.misiontokyo.com/noticias/9094/dragon-ball-kai-tambien-en-galicia

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]