Mecenado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cosme de Medici, un dos mecenas máis importantes do Renacemento

O mecenado é o patrocinio financeiro a artistas ou científicos, a fin de permitirlles desenvolver a súa obra sen esixir en contrapartida créditos monetarios inmediatos, aínda que esixindo esa remuneración nunha forma máis pracenteira para o mecenado.

Outra acepción podería ser que se trata dun apoio, ben sexa monetario ou en especie, que unha organización presta para o desenvolvemento social, cultural e científico da sociedade, así como para a preservación ambiental da contorna no que se sitúa.

As accións de mecenado axudan a mellorar a reputación das organizacións que as realizan, chegando a converterse nunha acción de relacións públicas.

O mecenado apareceu no renacemento e aínda que os artistas non recibían un pago polo traballo inmediatamente, pero si que podían recibir comida e un lugar para vivir co mecenas, ou ás veces algo de diñeiro.

Breve historia[editar | editar a fonte]

Historicamente representou unha forma importante de sostemento da produción artística, ó permitir o desenvolvemento de obras non orientadas á súa circulación mercantil. Durante o Renacemento foi unha práctica estendida, e familias como os florentinos Médici proporcionaron sustento a moitos dos artistas máis importantes do seu tempo.

Na actualidade, os mecenados son realizados por organizacións, tanto públicas como privadas, para a realización de diversos proxectos.

O mecenado non debe confundirse co patrocinio, aínda que ambas as accións son similares, o que se coñece como patrocinador é unha actitude netamente comercial e publicitaria, que se cataloga como un servizo, con fins comerciais concretos.

En conclusión, un «mecenas» é unha persoa poderosa que brinda o seu apoio espiritual e material ós literatos e artistas en calquera das súas obras ou artesanías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]