Historia dun crime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia dun crime

Historia dun crime (en inglés, Crime Story) é unha serie de televisión emitida pola Televisión de Galicia.

Características[editar | editar a fonte]

Durou dúas tempadas (entre 1986 e 1988 nos Estados Unidos) e 44 episodios. A serie foi creada por Chuck Adamson e Gustave Reininger. Emitíase na NBC na mesma franxa horaria que Miami Vice, estaba protagonizada por Dennis Farina e Anthony Denison. Pertence ó xénero policíaco que gozou de grande aceptación na década dos 80, e nela faise un percorrido histórico que inclúe de pano de fondo os comezos do rock and roll, o primeiro transplante de corazón, a guerra do Vietnam, a loita contra o crime organizado e a evolución dos negocios da mafia.

Resumo[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada a historia transcorre no Chicago dos anos 60 onde o tenente Michael Torello (interpretado por Dennis Farina), xefe da unidade de crime da policía, decláralle a guerra ó novo xefe da mafia da cidade, un mozo ambicioso chamado Ray Luca (interpretado por Anthony Denilson). Luca e a súa mafia convértense nos obxectivos principais do tenente Torello chegando a roza-la obsesión. Na segunda tempada a acción trasládase a Las Vegas.

Outros datos[editar | editar a fonte]

  • A personaxe de Ray Luca foi inspirada polo gángster real Anthony Spilotro.
  • Antes de ser actor, Dennis Farina foi realmente policía no Departamento de Crime de Chicago, tal coma a súa personaxe na serie.
  • A sintonía principal da serie pertence a Del Shannon nunha nova versión da súa canción Runaway.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]