Enfoques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enfoques
Duración 30 minutos
Presentado por Francisco Rodil Lombardía (1988-1990)
Anxo Rodríguez (1990)
Celsa Martínez (1990-1991)
Día(s) de emisión domingo
Cadea TVG
Día da estrea 2 de outubro de 1988

Na rede
http://25anos.crtvg.es/tvg25/programa/340

Enfoques foi un programa dos servizos informativos da Televisión de Galicia que se emitiu entre 1988 e 1991.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O programa estaba dedicado a reportaxes de temas de actualidade e de contido humano, as reportaxes eran tanto de produción propia e de canles e produtoras do resto de España e internacionais. Unha das súas reportaxes titulada A matanza nunha terra brava de Elvira Varela recibiu unha mención honorífica dos Premios de Prensa, Radio e Televisión do Ministerio de Cultura de España.