Magnum (serie de televisión)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Magnum, P.I. | |
|---|---|
Tom Selleck, filmando unha escena de Magnum con Sharon Stone, en abril de 1984 no Hotel Kahala Hilton en Hawaii. |
|
| Formato | drama, crime |
| Creado por | Donald P. Bellisario Glen A. Larson |
| Dirixido por | Ray Austin Michael Vejar Ivan Dixon |
| Intérpretes | Tom Selleck John Hillerman Roger E. Mosley Larry Manetti |
| País de orixe | Estados Unidos |
| Lingua(s) | inglés |
| Número de episodios | 162 |
| Produción | |
| Localización(s) | Hawai |
| Duración | 45 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | CBS |
| Formato de imaxe | 480i |
| Tempo de emisión | 11 de decembro de 1980 – 24 de febreiro de 1988 |
Magnum (orixinalmente Magnum P.I., Magnum private investigator) é unha serie norteamericana de televisión protagonizada por Tom Selleck que facía o papel de Thomas Magnum que consistía nos traballos dun investigador privado que vivía en Hawai. A serie retransmitiuse pola canle norteamericana CBS, chegou a Galicia por medio da TVG que a emitiu en tres ocasións, a primeira en 1985, sendo a última a finais do 2006, polas mañás, cunha nova dobraxe dacordo coas novas normas da RAG. Esta serie colleitou un éxito considerable a primeira vez que se emitiu pola TVG.