Libro de familia
| Libro de familia | |
|---|---|
| Formato | Drama |
| Escrito por | Martín Fiallega |
| Dirixido por | Marta Piñeiro e Manuel López |
| Intérpretes | Manuel San Martín Mayka Braña Lucía Regueiro Alejandro Neira Gonzalo Uriarte Iolanda Muíños Diana Nogueira Paula Carballeira Abelardo Gabriel Mara Sánchez Rubén Riós Celso Parada Julio Pereira Anxo Carbajal Miro Magariños Monti Castiñeiras Manolo Romón Suso Cortegoso Lis Teutor |
| País de orixe | Galiza |
| Número de episodios | 319 |
| Produción | |
| Duración | aproximadamente 70 minutos por episodio |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | TVG |
| Tempo de emisión | 13 de febreiro de 2005 – 12 de maio de 2013 |
Libro de familia é unha serie de televisión emitida pola TVG entre 2005 e 2013 producida por El Correo Gallego.
A serie transcorre en Santalla, unha típica vila do interior galego durante os anos 1960, e está protagonizada por tres familias de diferente extracción social.
Nas tempadas 2005-06 e 2006-07 foi o espazo máis visto da TVG, seguido dalgúns clásicos galegos como O show dos Tonechos ou o veterán Luar. Na tempada 2007-08 repetiu este honor a pesar dunha leve perda de audiencia, pero quedando por enriba da revelación da tempada: Padre Casares, que promediou un 22,6% de share e 246.000 espectadores. Foi na tempada tempada 2008-09, despois de 3 anos ao frente, cando perdeu o liderado en favor da mencionada Padre Casares.
Índice |
Sinopse [editar]
A serie retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que ten contas pendentes cos Freire, indianos que regresan da emigración logo de facérense ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central da serie e todo xira arredor do que lle sucede, directa ou indirectamente, a cada membro. Libro de familia retrata a Galicia dos anos sesenta, cando empezan a emerxer as cooperativas e a industria e comezan a chegar os cartos da emigración. O seu argumento mestura tramas de poder, amor e humor en cada capítulo. Uns trinta veciños de Melide participaron como figurantes nesta serie galega, a primeira que dirixe unha muller.
Intérpretes [editar]
- Manuel San Martín - Manuel Cabanas
- Mayka Braña - Sara Cebrián
- Lucía Regueiro - María Cabanas Cebrián
- Alejandro Neira - Pabliño Cabanas Cebrián
- Gonzalo Uriarte - Cosme Cabanas
- Iolanda Muíños - María Luisa "Marisiña" Couto Espósito
- Diana Nogueira - Deli Cebrián
- Paula Carballeira - Carmiña
- Abelardo Gabriel - Don Román Lamela Parga
- Mara Sánchez - Dona Laura Saavedra
- Rubén Riós - Marcos Lamela
- Celso Parada - Armando Freire
- Julio Pereira - Tomás Ribera
- Anxo Carbajal - Senén Rego
- Casilda Alfaro - Dona Elvira
- Miro Magariños - Elías
- Monti Castiñeiras - Telmo Seoane
- Manolo Romón - Padre Don Venancio
- Suso Cortegoso - Álvaro García
- Manu Fernández - Milucho
- Lis Teutor - Iris
- Luís Iglesia - Sotomayor
- Luisa Martínez - Gloria
- Uxía Blanco - Lupe Ramos
- Rosa Álvarez -
- Graciela Zavatti - Adela Freire
- Manuel Botana
- Sonia Castiñeiras - Maribel
- Manuel Cortés - Don Pedro González
- Vicente de Souza - Portas
- Chisco Amado - Eladio Varela
- Alfonso Agra - (varios)
- Fidel Fernán
- Suso Lista
- Paco Lodeiro - Ramiro
- Miguel Pernas - Don Ricardo
- Antonio Rey
- Gaspar Somoza - Tenente da Garda Civil (Cap. 44)
- "Tanas"
- Miguel Varela - Don Sabino
- Adrián Viador
- Mariana Expósito Castaño - Celia
- Antonio Mourelos - Ramón Balseiro
- Fernando Tato - Óscar Balseiro
- Santi Prego - Pepe
- Marcos Viéitez - Daniel Souto
Audiencias [editar]
- 1ª temporada (2004-2005): 296.000 espectadores (29,40%)
- 2ª temporada (2005-2006): 302.000 espectadores (29,90%)
- 3ª temporada (2006-2007): 279.000 espectadores (28,21%)
- 4ª temporada (2007-2008): 271.000 espectadores (26,29%)
- 5ª temporada (2008-2009): 226.000 espectadores (23,78%)
- 6ª temporada (2009-2010): 204.000 espectadores (20,08%)
- 7ª temporada (2010-2011): 183.000 espectadores (17,65%)
- 8ª temporada (2011-2012): 185.000 espectadores (16,94%)
- 9ª temporada (2012-2013): 170.218 espectadores (15,35%)
Evolución da audiencia por tempadas: 
Capítulos [editar]
Tempada 3 [editar]
- A malla (17-09-06)
- O capador (24-09-06)
- A forasteira (01-10-06)
- Parlez-vous Français? (08-10-06)
- Sor Carmiña de Santalla (15-10-06)
- Taquigrafía e mecanografía (22-10-06)
- Feitizo de amor (29-10-06)
- Un día na praia (05-11-06)
- Ollos que non ven (12-11-06)
- Far West (19-11-06)
- Soños de papel (26-11-06)
- Xogar con lume (03-12-06)
- Monicreques (10-12-06)
- Sobre rodas (17-12-06)
- A sacristana (07-01-07)
- A parcelaria (14-01-07)
- Arrebatos místicos (21-01-07)
- Manteña limpa Santalla (28-01-07)
- Falsas esperanzas (04-02-07)
- Os tiques da vellez (11-02-07)
- As boas maneiras (18-02-07)
- A lei do máis forte (25-02-07)
- A propaganda (04-03-07)
- Bula papal (11-03-07)
- Noite de ronda (18-03-07)
- A muxidora (25-03-07)
- Xustos por pecadores (01-04-07)
- A vespa (08-04-07)
- Os hippies (15-04-07)
- O home do saco (22-04-07)
- Transplante de órganos (29-04-07)
- Bos veciños (06-05-07)
- Voda de fel (13-05-07)
- Contas pendentes (20-05-07)
- A derradeira morada (03-06-07)
- Si, quero (10-06-07)
- Lúa de mel (24-06-07)
- Un pé na lúa (01-07-07)
- Doce vinganza (08-07-07)
Tempada 4 [editar]
- O caso do viño de mesa (30-09-07)
- Partos e parteiras (07-10-07)
- Cantigas de berce (14-10-07)
- A celestina (21-10-07)
- Leña verde (28-10-07)
- O circo (04-11-07)
- x (11-11-07)
- Diario íntimo (18-11-07)
- A alegría da casa (25-11-07)
- Pobres de pedir (02-12-07)
- A máquina de pedal (09-12-07)
- Obsesión (16-12-07)
- Nin para ti nin para min (23-12-07)
- Volver a casa (30-12-07)
- Castelos no aire (06-01-08)
- A oia express (13-01-08)
- Un anaco de esperanza (20-01-08)
- Auga pasada non move muíños (27-01-08)
- Carreira de sacos (03-02-08)
- A homenaxe (10-02-08)
- Mal remedio (17-02-08)
- A goma de saltar (24-02-08)
- Doce agasallo (02-03-08)
- Cortiña de fume (16-03-08)
- A hora da verdade (23-03-08)
- Papel pintado (30-03-08)
- Mal negocio (06-04-08)
- Encontros e desencontros (13-04-08)
- Maña e forza (20-04-08)
- Falso culpable (27-04-08)
- Volver a empezar (04-05-08)
- Xuntos e revoltos (11-05-08)
- Árbore caída (18-05-08)
- Trampas (25-05-08)
- O Santo (01-06-08)
- Os mala sombra (08-06-08)
- Ex voto (15-06-08)
- Cambio de tornas (22-06-08)
- Santiños malfeitores (29-06-08)
Tempada 5 [editar]
- O muíño de café (14-09-08) - 187.000 (21,0%)
- A voz da experiencia (21-09-08) - 217.000 (22,6%)
- Familia unida (28-09-08) - 217.000 (23,5%)
- Planeta azul (05-10-08) - 240.000 (26,1%)
- Simplemente Carmiña (12-10-08) - 182.000 (20,4%)
- Santos e mártires (19-10-08) - 252.000 (25,1%)
- Demostración a domicilio (26-10-08) - 265.000 (27,1%)
- O dente do xuízo (02-11-08) - 279.000 (27,2%)
- Escándalo na horta (09-11-08) - 249.000 (23,3%)
- Formica (16-11-08) - 252.000 (25,7%)
- Mens sana in corpore sana (23-11-08) - 234.000 (25,4%)
- Dó de peito (30-11-08) - 242.000 (22,5%)
- Faltas contra o sexto (07-12-08) - 244.000 (25,4%)
- Camisas de once varas (14-12-08) - 237.000 (22,1%)
- Historia dun bidé (21-12-08) - 283.000 (26,8%)
- Fumando espero (04-01-09) - 259.000 (24,7%)
- Sor Catro Latas (11-01-09) - 238.000 (25,9%)
- As casas baratas (18-01-09) - 231.000 (25,5%)
- O ermitán (25-01-09) - 226.000 (24,8%)
- Bandoleiros (01-02-09) - 213.000 (22,8%)
- A vida é unha tómbola (08-02-09) - 240.000 (25,0%)
- Ovella negra (15-02-09) - 200.000 (22,1%)
- O país da fantasía (22-02-09) - 199.000 (22,6%)
- O tour de Santalla (01-03-09) - 259.000 (28,2%)
- Burócratas (08-03-09) - 220.000 (26,0%)
- Extraña visita (15-03-09) - 203.000 (22,9%)
- Cheques ó portador (22-03-09) - 177.000 (20,0%)
- O tren (29-03-09) - 262.000 (26,8%)
- Baixo palio (05-04-09) - 227.000 (23,2%)
- O home do tempo (12-04-09) - 234.000 (23,9%)
- Tres veces neno (19-04-09) - 249.000 (28,8%)
- Sospeitas fundadas (26-04-09) - 208.000 (21,9%)
- Paparotas (03-05-09) - 196.000 (21,2%)
- Pequeno saltamontes (10-05-09) - 220.000 (22,7%)
- A primeira vez (17-05-09) - 236.000 (23,6%)
- Lúa chea (24-05-09) - 228.000 (23,1%)
- Trato feito (31-05-09) - 179.000 (19,8%)
- Santa Rita, Rita (07-06-09) - 187.000 (20,7%)
- A arca da perdición (14-06-09) - 218.000 (21,7%)
- Os prismáticos (21-06-09) - 199.000 (22,4%)
- Lá de ovella (28-06-09) - 191.000 (20,4%)
Premios e candidaturas [editar]
Libro de familia recibiu 13 candidaturas aos Premios Mestre Mateo en 2005, 3 en 2006 e 7 en 2008. Nas edicións de 2007, 2009 e 2010 a serie non foi presentada polos seus responsables, polo que non puido competir en ningunha categoría.
Ademais tamén recibiu un Premio Galicia Comunicación e un Premio ATV da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España en 2006.