Oh Happy Day

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oh Happy Day
Duración 1:40 (aprox.)
Producido por Portocabo
Presentado por Rodrigo Vázquez
Día(s) de emisión Xoves
Horario de emisión 22:30 (aprox.)
Localización(s) Galicia Galiza
Cadea TVG
Día da estrea Maio de 2015
Última emisión 16/07/2015
Nº de temporadas 1

Na rede
http://www.ohhappyday.tv

Oh Happy Day é un talent-show televisivo que reúne corais de todas as idades e tódolos lugares de Galiza.

O presentador é Rodrigo Vázquez e está acompañado polo xurado, que conta con: Eva Perales, Najla Shami e Ramón Bermejo.[1]

O programa é a edición galega do formato catalán Oh Happy Day, que á súa vez é unha versión do programa da NBC Clash of the Choirs.

Formato[editar | editar a fonte]

O programa consiste en oito coros ou agrupacións musicais que compiten versionando cancións en diferentes galas, nas que o xurado decide a mellor actuación, as propostas para eliminación da seguinte semana, e a expulsada. Na gran final, a gañadora do concurso leva un premio de 12.000 euros.

Primeira tempada[editar | editar a fonte]

Presentador e xurado[editar | editar a fonte]

Corais[editar | editar a fonte]

Nome Lugar de procedencia
Coda Vilagarcía de Arousa
Vía Sete Pontevedra
Coral Alecrín de Brión     Ferrol
Coral Alameda Pontevedra
Obradoiro Vocal 'A Vila' Ponteareas
El Acorde Secreto     A Coruña
Sisters in the House     A Coruña
Encaixe     Santiago de Compostela

     Gañador      Finalistas      Expulsados

Actuacións[editar | editar a fonte]

Programa 1
Programa 2
Programa 3
  • Coda - "O Ciclo Vital"
  • Vía Sete - "Rock the night" (Expulsión)
  • Coral Alecrín de Brión - "La Verbena de la Paloma" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
  • Coro Encaixe - "Mas que nada" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
  • Obradoiro Vocal 'A Vila' - "Tres cantos nativos dos indios Krao" (Actuación do día)
  • Sisters in the House - "A Santiago vou" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
  • El Acorde Secreto - "Price Tag"
Programa 4
Programa 5

     Nesta gala, os coros tiñan que efectuar dúas actuacións, xa que non houbera propostos de expulsión na gala anterior

Programa 6

     Nesta edición do programa, o xurado non propuxo a ninguén para abandonar o concurso. O coro escollido como mellor actuación quedaría automaticamente salvado e no caso de estar nomeado non sería expulsado.

Programa 7

     Nesta edición, o xurado decide ao primeiro finalista do programa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CRTVG (ed.). "Programas - Oh Happy Day". Consultado o 25 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]