O veciño do xoves
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa televisión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| O veciño do xoves | |
|---|---|
| Duración | 90 minutos |
| Presentado por | Xosé Ramón Gayoso |
| Día(s) de emisión | Xoves |
| Cadea | TVG |
| Día da estrea | 5 de novembro de 1987 |
| Páxina web oficial | |
O veciño do xoves foi un programa de tertulias e entrevistas presentado e dirixido por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na Televisión de Galicia na tempada 1987-1988.
Características [editar]
O programa presentábase como se fose un salón dunha casa onde o presentador recibía a xente anónima e personalidades coñecidas da sociedade galega para falar de temas de actualidade nun ambiente relaxado. Tamén había actuacións musicais e humorísticas, como a habitual de Xosé Manuel Olveira "Pico"[1]. Foi o programa co que quedou máis satisfeito Xosé Ramón Gayoso[2] comezando como guionista a súa actividade na televisión, Xosé Manuel Pereira.[3]