Servicio de urxencias
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Servicio de urxencias | |
|---|---|
| Formato | Comedia de situación |
| Dirixido por | Xaime Fandiño |
| Intérpretes | Luma Gómez Fely Manzano Manuel Pombal Marisa Soto Antonio Durán "Morris" |
| País de orixe | Galicia |
| Lingua(s) | Galego |
| Produción | |
| Duración | 13 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Televisión de Galicia |
| Tempo de emisión | 6 de outubro de 1989 – - |
Servicio de urxencias é unha serie realizada pola Televisión de Galicia, tratábase da primeira serie de ficción de produción propia[1].
Desenvolvemento [editar]
A serie era unha minicomedia de situación, de apenas trece minutos, que se emitiu por primeira vez no programa de humor Velaí..., e que se emitiu de novo de xeito independente en 1991. Ambientada no servizo de urxencias dun hospital, parodiábase nun ton de humor negro as relacións entre os médicos e cos doentes con guión de Suso de Toro, algúns publicados en libro cun título homónimo en 2002.