O carteiro Pat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Postman Pat
Formato Animación de bonecos
Creado por John Cunliffe
Dirixido por Ivor Wood (1ª tempada)
Tema de apertura Postman Pat & His Black and White Cat
Carteiro Pat e o seu gato Jess (na versión galega)
País de orixe Reino Unido
Lingua(s) inglés
Episodios 116
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Ivor Wood (1ª tempada)
Localización(s) Cumbria
Cámara Sony HDW-F900
Duración 15 minutos
25 minutos os capítulos especiais
Emisión orixinal
Canle de orixe BBC One
BBC Two
CBBC
CBeebies
Emisión 16 de setembro de 1981
Ligazóns externas
Páxina web

O carteiro Pat é unha serie de animación de bonecos británica creada por John Cunliffe e producida por Woodland Animations para a BBC, diríxese a nenos en idade preescolar e conta as aventuras de Pat Clifton, un carteiro de Greendale, unha vila de ficción inspirada nunha real de Cumbria[1]. En 1986 editáronse un vídeo en tres volumes da serie, en anos sucesivos editáronse outros 18 e varios DVD así como libros didácticos e para colorear. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1985.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A primeira tempada consistiu en 13 capítulos que se emitiron en 1981 dirixidos por Ivor Wood e patrocinados polo correo británico, entre 1991 e 1994 realizáronse catro especiais e en 1996 emitiuse unha segunda tempada de 14 capítulos na que lle engadiron unha familia ao carteiro Pat . A partir de 2004 retomouse de novo a serie producida por Cosgrove Hall Films e sen o apoio do correo británico[2], realizando catro tempadas ata 2008, a última co título Postman Pat: Special Delivery Service realizada pola produtora norteamericana Classic Media que recibiu numerosas críticas por se arredar do espírito orixinal[3].

Argumento[editar | editar a fonte]

En cada episodio desenvólvense as aventuras e desventuras de Pat Clifton, un carteiro rural sorrideiro e amigable que co seu gato Jess distribúe co seu furgón o correo no val de Greendale, aínda que sempre prentende repartir o correo con toda a súa atención, sempre algún veciño lle pide consello distraéndoo do seu cometido laboral. Outros carácteres son a xefa de correos, a señora Goggins, o granxeiro Alf Thompson e o inventor local, Ted Glen.

Repercusións[editar | editar a fonte]

En 2009 realizouse unha serie co gato Jess como protagonista Guess with Jess, coproducida entre o Reino Unido e o Canadá. O vehículo que utiliza Pat serviu de inspiración para contruír o automóbil máis pequeno do mundo apto para circular legalmente[4]. En outubro de 2009 Classic Media anunciou que chegara a un acordo con Timeless Films para producir unha longametraxe en 3D baseado no carácter do carteiro Pat que se estrearía no outono de 2011[5]. Finalmente a película Postman Pat: The Movie foi presentada en maio de 2014 no Reino Unido. [6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC Cumbria
  2. BBC News
  3. Vieiros
  4. Man transforms Postman Pat ride into world's smallest car The Daily Telegraph do 12 de maio de 2009
  5. Nota de prensa de Classic Media
  6. Mangan, Stephen (13 setembro de 2014). "UK release in May". Twitter. https://twitter.com/StephenMangan/status/378642056677453824. Consultado o 14 de setembro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]