Samurai Champloo
| Samurai Champloo | |
|---|---|
| サムライチャンプルー ((Samurai Chanpurū)) |
|
| Anime '' | |
| Dirixido por | Shinichirō Watanabe |
| Estudio | Manglobe |
| Canle televisiva | |
| Primeira emisión | 20 de maio do 2004 |
| Última emisión | 19 de marzo de 2005 |
| Núm. de capítulos | 26 |
| Manga | |
| Creado por | Shinichirō Watanabe |
| Editor | |
| Publicado en | Kadokawa Shoten |
| Primeira edición | 2 de agosto do 2004 |
| Última edición | 29 de outubro do 2004 |
| Núm. de volumes | 2 |
Samurai Champloo (サムライチャンプルー, Samurai chanpurū) é unha serie de anime dirixida por Shinichirō Watanabe, famoso por Cowboy Bebop. A serie ambiéntase nunha versión ficticia do Período Edo, mesturando elementos reais da época con elementos modernos como o hip-hop. O termo "champloo" vén dunha palabra do dialecto de Okinawa, "Champuruu" que significa "mesturar".
O anime lanzouse ó ar na canle xaponesa Fuji TV o 20 de maio do 2004 rematando o 19 de marzo do 2005. Estreouse na Galiza no 2008 emitíndose na canle autonómica TVG dentro do programa xuvenil Xabarín Club. O 14 de setembro do 2009, e coincidindo asemade coa nova programación da G2, Samurai Chanploo comezou a se emitir na devandita canle galega de luns a venres nun horario nocturno.
A serie, recibiu unha adaptación para o manga na revista Shonen Ace en agosto de 2004 a outubro do mesmo ano.
Índice |
Sinopse [editar]
Fuu, unha moza de 15 anos, traballaba nunha casa de té ata que foi destruída por unha violenta pelexa a tres bandas entre Mugen, o vagabundo, Jin, o samurai errante, e os gardacostas do fillo do Daikan dese pobo. Ó final do combate Mugen e Jin son arrestados para seren executados no día seguinte. Fuu tenta facer un trato con estes dous fulanos, axudaralles a fuxir se en troques, axúdana a atopar ó samurai que recende ós xirasois. As cousas non serán tan doadas, xa que Mugen e Jin están sempre tentando acabar o un co outro, unha rivalidade eterna case profesional. Ambos samurais teñen un pasado borroso; Mugen, de ascendencia pirata chama a atención coa súa vestimenta e o seu estraño xeito de pelexar. Jin, samurai silencioso e de mirada fría, de poucas palabras, é acosado varias veces por todos por distintos samurais da rexión, na súa viaxe cara a Nagasaki. Ex alumnos do dōjō do que el procede, sítianlle tratando de o eliminar, debido á súa reputación e á historia que lle precede.
Dobraxe [editar]
-
Personaxe Voz galega Voz orixinal Mugen Óscar Fernádez Kazuya Nakai Jin Antón López Ginpei Sato Fuu Consuelo Díaz Ayako Kawasumi