A muller biónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A muller biónica
Intérpretes Lindsay Wagner
País de orixe USA

A muller biónica (en inglés: The Bionic Woman) é unha serie de televisión estadounidense, que naceu como spin-off da película para televisión The Six Million Dollar Man (O home dos seis millóns de dólares). Nesta serie naceu o personaxe de Jaime Sommers (a muller biónica), interpretado pola actriz Lindsay Wagner, que conseguiu un éxito notable e un Premio Emy.

O primeiro episodio de The Bionic Woman emitiuse nos Estados Unidos en xaneiro de 1976. A serie tivo 3 tempadas, cun total de 58 episodios (algún deles filmado en coprodución con The Nuclear Man) no período entre os anos 1976 e 1978.

No 2007 a NBC emitiu unha nova serie dedicada á muller biónica, protagonizada pola actriz inglesa Michelle Ryan. Trátase dun remake que presenta algunhas diferenzas con respecto á serie orixinal. A causa da folga do sindicato de guionistas de Hollywood só se emitiron oito episodios.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas