Os Diplomáticos de Monte-Alto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os Diplomáticos de Monte-Alto
{{{imaxe}}}
{{{lenda}}}{{{caption}}}
Información
Data de nacemento {{{datadenacemento}}}
Data de pasamento {{{datadepasamento}}}
Orixe A Coruña, Galicia Flag of Galicia.svg
Período de actividade 1990 - 2005
Xénero(s) Rock mestizo
Selo(s) discográfico(s) Dro, Fonomusic, Boa
Membros Xurxo Souto, Rómulo Sanjurjo, Guni, Berto Moram, Toni Simões, Mangüi Martín, Marcos Viascón, Xavier Alonso, Lola de Ribeira, Manolo Maseda
Grupos {{{grupos}}}
Antigos membros
Web oficial www.osdiplomaticos.com


Os Diplomáticos de Monte-Alto foi un grupo de música rock formado no barrio de Monte-Alto (A Coruña, Galiza) e encadrado como un dos máximos representantes do movemento bravú. Tiñan un son propio e único marcado polo uso do acordeón como instrumento principal, ademais de influencias ska, punk e folk. Cantaban en galego.

Índice

[editar] Historia

En 1989, Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto, ata entón compoñentes do grupo folk Belida, son chamados para compoñer unha sintonía para a radionovela Os frigoristas, emitida por Radio Galega. Para a grabación, xuntanse co guitarrista "Guni", o baixista Afonso Moram e o batería Berto Moram. O resultado é unha maqueta de tres cancións baixo o nome Rómulo Permui e os Diplomáticos de Monte-Alto, incluindo a sintonía seleccionada para a novela, unha arriscada versión do tema popular Non chas quero.

Durante o ano seguinte a banda consolida a súa primeira formación estable, con Souto, Sanjurjo, Guni, Berto Moram e o baixista Toni Simões. O 1 de xuño realizan o seu primeiro concerto en Porriño. Desde ese momento son chamados a colaborar en varios programas da TVG e graban unha segunda maqueta con tres cancións. Moram e Simões abandonan o grupo, sendo reemplazados por Mangüi Martín ao baixo e Marcos Viascón á batería.

En 1991 o grupo graba o seu primeiro LP, Arroutada pangalaica, editado polo selo Dro e producido pola Fundación Resentidos (fundada por Antón Reixa, Alberto Torrado e Xavier Devesa). Neste disco Os Diplomáticos xa mostran un característico son de rock alegre, con ritmo arroutado e constante presenza do acordeón. Comezan a xira Cajo na gripe, cajo na tos, dando máis de 40 concertos por España e Portugal. Inmediatamente despois de rematala, xa en 1992 o grupo inicia unha nova minixira, 14 pezas bravas, cun repertorio totalmente novo. Nos concertos da mesma, solicitábase aos seguidores que aportasen letras para o novo traballo discográfico da banda.

O segundo álbum do grupo, Parrús, ve a luz en 1993, a través do selo Fonomusic e baixo a produción de José Puga. Este disco presenta un son notablemente máis agresivo que o do seu predecesor, sendo o álbum do grupo con matices máis duros. Tralo seu lanzamento, iniciase a xira Kontra o mundo, que se prolonga ata o seguinte ano. Nese 1994 Os Diplomáticos levan a cabo diversos proxectos: graban o documental musical Fillos de pita (dirixido por Fran Pego) e se encargan da produción executiva do recompilatorio Unión Bravú, que sirve de soporte ao coñecido como movemento bravú. Ademais, graban dous temas para o primeiro disco da serie A Cantar con Xabarín do Xabarín Club.

En 1995, é de novo Fonomusic quen publica o terceiro disco d´Os Diplomáticos, ¡Avante toda!, producido por Kaki Arkarazo e considerado por moitos seguidores como o mellor disco da banda. Nel móstrase un son máis lixeiro co do anterior álbum. O grupo realiza unha xira co mesmo título, con especial éxito no País Vasco. En medio da xira, xa en 1996 o batería Marcos Viascón deixa o seu posto, sendo sustituido por Xavier Alonso.

Durante eses anos Os Diplomáticos comezan unha relación persoal e profesional co músico Manu Chao, que dá pé a proxectos como Los Tres de Monforte (Chao, Sanjurjo e Josito Pereiro).

En 1997 o grupo realiza unha nova xira, Fumareu, consistente en concertos acústicos en pequenos recintos. Esta remata coa edición do libro Fumareu, escrito por Xurxo Souto e que inclue o CD Fumareu-Sesión de cámara, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Neste ano, a banda colabora de novo en diversos proxectos culturais, destacando a revista Bravú, o festival A feira das mentiras (en Santiago de Compostela) e o recompilatorio pola oficialidade da lingua asturiana, L'asturianu muévese.

Durante 1998 Os Diplomáticos céntranse na preparación do seu próximo disco. Tamén realizan a grabación O pregón de Monte-Alto, editada xunto ao libro Toxos e flores do escritor, grande amigo e colaborador do grupo Manuel Rivas.

É en 1999 cando por fin aparece o novo é cuarto disco de estudio, Capetón, nesta ocasión producido polos membros do grupo Rómulo e Guni. Este disco toma por tema central a vida e as historias do mar ("Capetón" é o nome que os mariñeiros galegos daban a Cidade do Cabo, Cape Town), o que supón un xiro radical con respecto ás letras humorísticas, irónicas ou surrealistas que caracterizaban ao grupo. O cambio de orientación tamén é considerable no musical: as cancions festivas e alegres deixan paso a pezas de maior seriedade e madurez. Destacan a utilización puntual de instrumentos como a gaita e o violín e a colaboración de varios músicos e amigos da banda. Á publicación do disco siguelle unha intensiva xira co mesmo título. Durante o ano, incorporase ao grupo a percusionista e vocalista Lola de Ribeira.

En 2000 varios membros do grupo inician proxectos paralelos. É o caso de Transportes Hernández y Sanjurjo (con Rómulo Sanjurjo e Julián Hernández de Siniestro Total) e Terra Terremota, formado por Xurxo e Guni.

En 2001 prodúcese un feito determinante para o futuro do grupo, coa retirada do mesmo do seu cantante e líder Xurxo Souto. Xunto a el vaise o baixista Mangüi Martín. Os Diplomáticos seguen adiante coas incorporacións de Manolo Maseda como vocalista e Toni Simões, quen xa estivera nos inicios en 1990, como baixista.

Durante o seguinte ano prepárase e grávase o disco Kömunikandø, que publica o selo Boa a principios de 2003. Nel, por primeira vez aparecen co nome acortado a Os Diplomáticos. Este disco ten moi pouco que ver con toda a traxectoria anterior do grupo, sendo moi notoria a baixa de Xurxo Souto como cantante e sobre todo como principal compositor das cancións. En Kömunikandø, estas toman novos ritmos (algúns deles de influencia tropical), o acordeón perde algo de protagonismo en favor dunha sección de vento metal, e a temática de boa parte das letras é por primeira vez de crítica social directa.

En 2005, o grupo anuncia mediante un comunicado de prensa a súa decisión de acabar coa súa traxectoria. Para despedirse, realizan unha última minixira durante o verán, cun último concerto no barrio de Monte-Alto que os viu formarse.

En 2007 editouse 120 capadores, un disco-tributo con versións de vinteunha bandas e con catro temas inéditos dos Diplomáticos.

[editar] Membros

  • Xurxo Souto: voz (1990-2001)
  • Rómulo Sanjurjo: acordeón (1990-2005)
  • Juan Varela Guni: guitarra (1990-2005)
  • Toni Simoes: baixo (1990, 2001-2005)
  • Berto Moram: batería (1990)
  • Mangüi Martín: baixo (1990-2001)
  • Marcos Viascón: batería (1990-1996)
  • Xavier Alonso: batería (1996-2005)
  • Lola de Ribeira: percusiones, voz (1999-2005)
  • Manolo Maseda: voz, acordeón (2001-2005)

[editar] Discografía

[editar] Álbums

Arroutada Pangalaica (Dro, 1991).

  1. "Subhastado"
  2. "A Tropa da Tralla"
  3. "Parrochas"
  4. "San Furancho"
  5. "Marujo Pita"
  6. "Platinos"
  7. "120 capadores"
  8. "Palavea"
  9. "Dr. Katanga"
  10. "Trangalla"
  11. "Non chas quero"

Parrús (Fonomusic, 1993).

  1. "Parrús"
  2. "Mikaela"
  3. "Apaja o candil"
  4. "Aikegambas"
  5. "Urkiola"
  6. "Nakra"
  7. "Ai! vai"
  8. "Guitiriz"
  9. "Vamos indo"
  10. "Terra brava"

¡Avante toda! (Fonomusic, 1995).

  1. "Talleres Carnotxo"
  2. "O increíble bestilleiro"
  3. "Castiburón"
  4. "O alcalde morreu"
  5. "Dentistas carniceiros"
  6. "Fillos de pita"
  7. "Como o vento"
  8. "Gaiteiro"
  9. "Manda tralla (oda a Arsenio)"
  10. "Vivir na Coruña"
  11. "Fura futbolín"
  12. "Jatilla"
  13. "Escaleras de la cárcel"
  14. "Esta noite hei d'ir alo"
  15. "Peito de uralita"

Capetón (Fonomusic, 1999)

  1. "Aí vos quedades"
  2. "Marola"
  3. "Tomás das Quingostas"
  4. "Ardentía"
  5. "Nordés"
  6. "Berbés"
  7. "Raíña de Galicia"
  8. "Os vellos"
  9. "Estrume"
  10. "Mesejo"
  11. "Lume de biqueira"
  12. "Atún"
  13. "Taberna Monte-Alto"
  14. "Kazikes"
  15. "Antuerpe"
  16. "Mar de Irlanda"

(+ bonus track: "24 de xullo")

Kömunikandø (Boa, 2003).

  1. "Esperta do teu sono"
  2. "Quero ver"
  3. "Komunikando"
  4. "Están aí!"
  5. "Deixa-me subir o alto"
  6. "Somos Batuko Tabanka"
  7. "Cabo Verde Sabí"
  8. "Exiptano"
  9. "Serafín"
  10. "Tres de trunfos"
  11. "Interdepenmerda"
  12. "Monte Maior"
  13. "A vaca aerofáxica"
  14. "Perikinha"

(+ bonus track: "Galerna")

[editar] EP's

Fumareu - Sesión de Cámara (Edicións Xerais de Galicia, 1997)

  1. Marola-Berbés
  2. Antuerpe
  3. Mozambrú. De Galicia a Mozambique
  4. Fumareu
  5. Kazikes

[editar] Participacions en recompilatorios

  • Gaitas, flautas y otras hierbas (Dro, 1992)
  • A Cantar con Xabarín (Boa, 1994) (tema "Fura futbolín")
  • Unión Bravú (Edicións do Cumio, 1994) (tema "Platinos")
  • Puro Skanol 3 (editado só nos EEUU, 1995)
  • ¿Dónde estábas tú? Rock galego (Dro, 1996)
  • L'asturianu muévese (L'Aguañaz, 1997) (tema: "Gaiteru")
  • Radical mestizo, vol. 1 (Fonomusic, 1999)
  • Radical mestizo, vol. 2 (Fonomusic, 2000)
  • 10 años de independencia (L'Aguañaz, 2003) (tema: "Gaiteru")

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas