One Piece
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| One Piece | |
|---|---|
| Formato | Aventuras, Acción, Comedia, Drama, Shōnen |
| Creado por | Eichiro Oda |
| Intérpretes | Animación |
| País de orixe | |
| Número de episodios | Aínda en emisión (578) |
| Produción | |
| Duración | 24'x Cap. |
| Distribuidor | Arait Multimedia |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Fuji TV |
| Formato de imaxe | 4:3 / 16:9 |
| Tempo de emisión | 20 de outubro de 1999 – ? de ? de 2??? |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
One Piece (ワンピース Wanpīsu?) é unha serie xaponesa de manga e anime de Eichiro Oda. Pertence ao xénero de aventuras e acción (shonen).
Índice |
Historia [editar]
O manga comezou a súa publicación o 4 de agosto de 1997 na revista semanal Shūkan Shōnen Janpu e ata o 31 de outubro de 2012 apareceron 687 capítulos que se publican tamén como tankōbon, polo de agora 65. A serie de televisión, producida por Toei Animation, principiou a súa emisión en 1999 e ata o 2012 leva emitidos 578 episodios. En Galicia a TVG emite a serie dentro do espazo Xabarín Club.
One Piece presenta as aventuras de Monkey D. Ruffy, un adolescente de 17 anos que adquiriu habelencias sobrenaturais ao comer un froito do demo e que pretende conseguir o seu máis gran devezo, o gran tesouro One Piece o que o transformaría no Rei dos Piratas.
Sinopse [editar]
Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido.
Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.
Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe pola Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.
Personaxes [editar]
- Artigo principal: Personaxes de One Piece.
Episodios [editar]
- Artigo principal: Lista de episodios de One Piece.
Dobraxe [editar]
- Estudio: Sodinor S.A. (Vigo).
- Data: 2008-2012.
- Dirección: Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Reparto da dobraxe:
| Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal (Seiyū) |
|---|---|---|
| Monkey D. Ruffy | Daniel Lema | Mayumi Tanaka |
| Zoro Rorona | Nacho Castaño | Kazuya Nakai |
| Nami | Montse Davila | Akemi Okamura |
| Usopp | Manuel Pombal | Kappei Yamaguchi |
| Sanji | Gaspar Somoza | Hiroaki Hirata |
| Nefertari Vivi / Miss Wednesday | Beatriz García | Misa Watanabe |
| Reni Reni Chopper | Charo Pena | Ikue Ootani |
| Nico Robin / Miss All-Sunday | Teresa Santamaría | Yuriko Yamaguchi |
| Coby | Ana Lemos | Mika Doi |
| Helmeppo | Antón Olmos | Koichi Nagano |
| Shanks | Óscar Fernández | Shuichi Ikeda |
| Gol D. Roger | Antón Cancelas | Chikao Ohtzuka |
| Capitán Fumeta | Alfonso Valiño | Ginzo Matsuo / Mahito Oba |
| Tashigi | Xermana Carballido | Noda Junko |
| Capitán Buggy | Andrés Bellas | Shigeru Chiba |
| Alvida (gorda) | Amelia Rodríguez | Yoko Matsuoka |
| Alvida (fraca) | Miriam Aldrei | Yoko Matsuoka |
| Zeff Pés Vermellos | Alfonso Valiño | Koji Yada |
| Don Krieg | Luís Iglesia | Tachiki Fumihiko |
| Ollos de Falcón | Xosé Tanas | Takeshi Aono |
| Nojiko | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
| Bellemere | Teresa Santamaría | Noriko Hidaka |
| Arlong | Miguel Pernas | Jurota Kosugi |
| Mr. 3 | Matías Brea | Nobuyuki Hirayama |
| Miss Goldenweek | Helena Amoedo | Akiko Nakagawa |
| Mr. 0 / Crocodilo | Gonzalo Faílde | Ryuzaburo Otomo |
| Mr. 2 / Bon Clay | Antón Rubal | Kazuki Yao |
| Wapol | Paco Barreiro | Bin Shimada |
| Portgas D. Ace | Gelos Rosado | Toshio Furukawa |
| Koza | Chema Gagino | Takeshi Kusao |
| Mr. 1 | Óscar Fernández | Tetsu Inada |
Música de One Piece [editar]
- Artigo principal: Música de One Piece.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||