Chapa e pintura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chapa e pintura
FormatoComedia de situación.
Dirixido porJorge Saavedra Mancebo.
IntérpretesManuel San Martín, Mara Sánchez e outros.
País de orixeGalicia.
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Carlos Carballo
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG.
Primeira emisiónDende o 07/10/2013.
editar datos en Wikidata ]

Chapa e pintura é unha comedia de situación emitida pola Televisión de Galicia dende o 7 de outubro de 2013.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ambientada nunha veciñanza ficticia onde, entre outros negocios, conviven unha tenda-taller de motos e un salón de beleza, nos que traballan Chelo e Raúl respectivamente, unha parella recentemente separada. Como as súas vidas, os seus negocios precisan e buscan o mesmo obxectivo: unha renovación de chapa e pintura. En definitiva, unha tranquila e próspera rúa, en que a vida podería transcorrer moi pracenteira senón fora polas intrigas dos seus veciños.

Elenco[editar | editar a fonte]

Episodios[editar | editar a fonte]

Primeira tempada[editar | editar a fonte]

  1. A guerra dos Rois (7 de outubro de 2013)
  2. Lucas, eu son teu pai (14 de outubro de 2013)
  3. Encántame o olor do napalm pola mañá (21 de outubro de 2013)
  4. Ao inimigo nin auga (quente) (28 de outubro de 2013)

Segunda tempada[editar | editar a fonte]

  1. Os tipos duros non bailan (ben) (14 de agosto de 2014)
  2. Non fago plans con tanta antelación (21 de agosto de 2014)
  3. Sei o que é perder, agora teño medo de gañar (28 de agosto de 2014)
  4. A valiosa axenda de Raúl (4 de setembro de 2014)
  5. Unha oferta imposible de rexeitar (11 de setembro de 2014)
  6. E ao finalizar, fírovos (18 de setembro de 2014)
  7. A muller que matou a Pitusa Balans (25 de setembro de 2014)
  8. O presentimento de que xa non estamos en Kansas (2 de outubro de 2014)
  9. Incluso as alcachofas teñen corazón (9 de outubro de 2014)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]