Doraemon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Doraemon, o gato cósmico | |
ドラえもん --- (Doraemon) |
|
| Xénero | Aventuras --- ----- |
|---|---|
| Formato de imaxe | 4:3 |
| Duración | 25 minutos por episodio (dividido en 2 ou 3 subepisodios) |
| Creado por | Fujio F. Fujiko |
| Producido por | Estudio Asatsu DK |
| Distribuído por | Luk Internacional |
| Intérpretes | Animación |
| País de orixe | Xapón |
| Emisión orixinal | TV Asahi |
| Tempo de emisión | 2 de abril de 1979 – ? de ? de 20?? |
| Número de episodios | Case 1000 |
| Web oficial | |
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polos debuxantes Hiroshi Fujimoto e Abiko Motoo, baixo o pseudónimo de Fujio F. Fujiko.
No Xapón o anime transmítese dende a década dos setenta pola canle TV Asahi. Debido a que os seus creadores faleceron sen dar instruccións de como se debería afrontar un posible final da serie, a canle de televisión tomou a iniciativa de non crear unha resolución da historia. Deste xeito, a canle emite semanalmente novas aventuras do gato cósmico, rondando xa as 1000 emisións.
En Galicia, Doraemon ven sendo emitido dende a década dos noventa no contedor infantil-xuvenil Xabarín Club da Televisión de Galicia. O 2 de febreiro do 2009, canda a estrea da nova canle galega, G2, reemitíuse a serie dende o principio. Asemade a TVG está a emitir novos episodios na grella dos sábados pola mañá.
Probablemente trátase dun dos mangas máis exitosos da historia. Planeta DeAgostini é a editorial encargada de publicalo no noso país.
Índice |
[editar] Argumento
Nobita Nobi é un neno de 10 anos que vive nun dos barrios residenciais do Xapón. A súa vida pasa sen grandes preocupacións indo á escola e xogando polas tardes cos seus amigos.
Certo día, un gato robot grande e azul asómaselle polo caixón da súa mesa de estudo e preséntase ante el coma un viaxeiro do século XXII mandado polo seu tataraneto para impedir que a súa lacazanería leve á perdición a súa familia. Para isto posee un peto máxico de catro dimensións conectado ó futuro que contén máis de 4000 aparellos cos que calquera cousa que se imaxine se pode converter en realidade. Doraemon intentará sempre axudar a Nobita en todo o que poida, animándoo para que estude e protexéndoo dos abusos de Xigante e Suneo. Xunto a Doraemon e ós seus aparellos, Nobita e os seus amigos vivirán todo tipo de emocionantes aventuras: viaxarán ó futuro, descubrirán civilizacións esquecidas, viaxarán a remotos lugares e voarán por riba das nubes.
As historias que se nos presentan son, en ocasións, bastante simples, pero aínda así todas elas gozan dun encanto especial. Os episodios están divididos en varios bloques. Ata o ano 1992 eran 3 as historias diferentes que se nos contaban, cunha duración aproximada de 7 minutos cada unha. A partir de entón, cada episodio contén 2 historias de aproximadamente 11 minutos.
[editar] Personaxes
[editar] Principais
- Doraemon
- ▪ "¿Como? ¿Que Xigante volveuche dar unha malleira?"
- É un dos protagonistas da historia xunto con Nobita. É un robot doméstico fabricado o 3 de setembro do 2112 pola empresa Ding-Dong para axudarlle á xente no que precise. Pesa 129,3 quilos, a súa estatura é de 129,3 centímetros, pode saltar ata os 129,3 metros e pode percorrer 129,3 quilómetros nunha hora. Orixinariamente era de cor amarela coma tódolos robots domésticos da súa serie, pero unha depresión provocada por un rato que lle comeu as forellas, fai que adopte unha cor azulada que o fai único. Por ese motivo tenlle unha fobia extrema a eses roedores. Acaba viaxando ó presente, mandado polos descendentes de Nobita, para impedir que este leve á perdición a súa familia. Devece sempre por unha boa ración dos seus adorados pasteis de crema. Ten unha irmá pequena chamada Dorami.
- Nobita Nobi
- ▪ "¡Doraemon!"
- É o outro dos protagonistas da historia xunto con Doraemon. É un neno vago, torpe e moi burro para os estudos. A cotío chega tarde ás clases e o seu mestre e a súa nai sempre lle estan a rifar. Os seus mellores amigos son Xigante, Suneo (se é que se lles pode chamar amigos) e Shizuka, da que está namorado. Sempre lle está a pedir axuda a Doraemon para defendelo de Xigante e Suneo, e este acaba dándolle algún que outro aparello para arranxar a situación. A miúdo, Nobita acaba meténdose nunha lea por utilizar mal os aparellos.
- Shizuka Minamoto
- ▪ "Agora non podo; teño que facer os deberes"
- É a única rapaza do grupo de amigos de Nobita. Intelixente, guapa e doce pero con algo de xenio, Shizuka toca o piano e gústalle practicar ximnasia rítmica. Saca moi boas notas na escola. A Nobita gústalle moito Shizuka e aínda que nunha morea de ocasións os dous amigos acaban rifando por algunha metedura de pata do neno, el sabe que no futuro acabarán casando.
- Takeshi Goda
- ▪ "¡Eu son Xigante e son o máis grande e neste mundo non hai quen me gañe!"
- É o mangallón do grupo por iso todos lle chaman Xigante. É un neno con moi mal xenio e con pouca autoestima que zosca nos demais para intentar impor sempre a súa vontade. O seu máis fiel aliado e Suneo e xunto a el gástalle todo tipo de bromas e malas xogadas a Nobita e conseguen case sempre facerse cos aparellos que Doraemon lle deixa a este. Gústalle moito a música e pensa que ten unha voz extraordinaria e por iso tortura sempre os seus amigos cos seus recitais de canto. Ten unha irmá pequena que se chama Jaiko. A súa nai ten unha tenda e moitas das veces tense que facer cargo el do negocio.
- Suneo Honekawa
- ▪ "Os meus pais trouxéronme este agasallo do extranxeiro."
- A súa familia ten moitos cartos e por iso Suneo sempre se vangloria dos seus novos xoguetes cos seus amigos. Suneo pégase a cotío o rabo de Xigante pois sabe que é mellor seguirlle o xogo que levarlle a contra. É moi mentiroso e sempre utiliza a xente para o seu propio beneficio.
[editar] Secundarios
- Nobisuke Nobi
- É o pai de Nobita. Ten un caracter pouco autoritario e sempre está a defender ó seu fillo nas disputas que este ten coa súa nai. Traballa de oficinista. Gústalle moito fumar e beber saque.
- Tamako Nobi
- É a nai de Nobita. Ten un caracter forte e non dubida nunca en rifar e castigar ó seu fillo se non fai os deberes ou chega tarde á escola.
- Dorami
- Coma Doraemon, Dorami é un robot do século XXII. Dorami é a irmá pequena de Doraemon e vive co seu dono Shewashi no futuro. É de cor amarela. Ten as mesmas capácidades de Doraemon e, coma el, un peto máxico no que garda unha morea de aparellos. Soe aparecer cando é neceseria a súa axuda para solucionar algún problema ó que Doraemon non lle atopa solución.
- Dekisugi Hidetoshi
- É o típico rapaz listo e simpático; o exemplo a seguir. É moi amigo de Shizuka e en ocasións Nobita ponse celoso da súa presenza, pois o seu lado a súa intelixencia queda en evidencia.
- Jaiko Goda
- É a irmá pequena de Xigante. Gústalle Nobita é sempre está intentando que se fixe en ela. Gústalle moito debuxar comics.
- Shewashi Nobi
- Shewashi e o tataraneto de Nobita. Vive no século XXII. É o dono de Dorami e o que mandou a Doraemon xunto a Nobita. Tenlle un certo parecido físico ó seu tataravó pero Shewashi e moito máis atlético e intelixente para os estudos.
[editar] Os aparellos de Doraemon
Grazas o seu peto máxico de catro dimensións, Doraemon dispón dunha chea de trebellos do futuro cos que axudar o seu amigo Nobita. Estes son unha mostra dos máis representativos:
- A máquina do tempo
- É a máquina coa que Doraemon chegou ata os nosos días dende o século XXII. Está gardada no caixón da mesa de estudo de Nobita. Cando é necesario usala non hai máis que abrir o caixón para acceder a ela e meter a data onde se queira ir, xa sexa ó pasado ou ó futuro.
- O gorrocóptero
- É un gorro ó que vai incorporado unha hélice coma a dun helicóptero. Poñendo este casco voador na testa é posible percorrer longas distancias polo aire. É moi usado por Nobita e Doraemon para poder desprazarse máis rápidamete que se o fixesen andando.
- A porta que vai a tódalas partes
- É unha porta máxica de cor rosada que, coma o seu nome indica, che leva alí onde queiras ir. Non hai máis que poñerse diante dela, pensar no destino, abrir a porta e cruzala. Desta forma, chegas onde queres de xeito instantáneo.
- O pano do tempo
- É un pano máxico de dúas cores (vermella e violeta) que fai que, dentro del, o tempo pase ou ben máis rápido (pola parte vermella) ou ben máis lento (pola parte violeta). Para conseguilo só tense que recubrir o obxecto co que se desexe experimentar co pano e esperar os resultados.
- A luz escura
- É unha lanterna que emite escuridade. É moi útil para ver cousas que só se poden ver de noite.
- A lanterna redutora
- É unha lanterna que emite uns raios especiais que encollen ás persoas ou os obxectos. Para devolverlle a esas persoas ou a eses obxectos o seu tamaño natural abonda só con poñer a lanterna no modo inverso e enfocar ó afectado.
[editar] Curiosidades
- O primeiro intento de converter en anime o manga de Doraemon levouse a cabo sen éxito en 1973 por Nippon Television. Habería que esperar ata 1979 para que TV Asahi producise o anime que todos coñecemos e que se segue a emitir ata o día de hoxe con enorme éxito.
[editar] Lista de episodios
- Artigo principal: Lista de episodios de Doraemon
[editar] A música de Doraemon
[editar] Inicio
- Inicio 1 (Cantado por Teresa Santamaría)
- "Oxalá os meus soños
- foran todos realidade.
- Foran todos realidade
- porque teño pra repartir.
- Doraemon pode facer
- que se cumpran todos.
- ..."
- Inicio 2 (Cantado por Nacho Castaño e Juan Carballido)
- "Doraemon ten un peto máxico,
- é o gato do espacio que chegou aquí.
- Doraemon ten un peto máxico,
- é o gato do espacio que chegou aquí.
- E pode facer realidade tódolos teus soños;
- robots e máquinas voadoras pode crear.
- ..."
[editar] Final
- Final 1 (Cantado por Teresa Santamaría)
- "Mira, mira as flores
- brillando á luz do sol,
- saúdannos dicindo bos días amor.
- Todos imos saltando
- e cantámo-la canción,
- lalalalá, lalalalalá, lalalaió.
- ..."
- Final 2 (Cantado por Nacho Castaño e Juan Carballido)
- "Doraemon, Doraemon,
- imos dicindo adeus, adeus.
- Doraemon, Doraemon,
- sempre connosco estarás.
- Co corazón cheo de amor
- imos vivir tódala ilusión.
- ..."
[editar] Dobraxe ó galego
- Estudio: CTV (Vigo), CTV (Santiago de Compostela)
- Reparto da dobraxe:
-
Personaxe Dobraxe ó galego Voz orixinal xaponesa Doraemon Charo Martínez / Xermana Carballido Nobuyo Oyama / Wasabi Mizuta Nobita Nobi Tonia Fuentes / Ana Ouro / Antía Jiménez Noriko Ohara / Megumi Ohara Shizuka Minamoto Elena Amoedo / Chelo Díaz Michiko Nomura / Yumi Kakazu Takeshi Goda Manuel Pombal / Nacho Castaño Kazuya Tatekabe / Subaru Kimura Suneo Honekawa Maria José Collazo / Isabel Vallejo Kaneta Kimotsuki / Tomokazu Seki Nobisuke Nobi Xoán Diéguez Yōsuke Naka / Yasunori Matsumoto Tamako Nobi Trini Morenza / Ana Santos Sachiko Chijimatsu / Kotono Mitsuishi Dorami Teresa Santamaría / Chelo Díaz Keiko Yokozawa / Chiaki Mestre Jorge Pedrosa / Ramiro Taboada Ryōichi Tanaka / Wataru Takagi
- Voces adicionais:
- ▪ Alfonso Agra
- ▪ Manolo Botana
- ▪ Antonio Durán "Morris"
- ▪ Suso Pando
- ▪ Antón Pazos
- ▪ Antón Rubal
- ▪ Bernardo Xosé
- Aclaracións:
-
- Tralo peche do estudio da CTV en Vigo, a serie pasou a ser dobrada en Santiago de Compostela cun novo reparto de voces, conservándose unicamente a voz de Xoán Diéguez para Nobisuke, o pai de Nobita. Na táboa o primeiro nome refírese a antiga dobraxe dos anos noventa e o segundo á actual.
- A partir do ano 2005, no Xapón trocáronlle tódalas voces ós personaxes. Deste xeito, na táboa o primeiro nome refírese a antiga dobraxe (dende 1979 ata o 2005) e o segundo á actual (dende o 2005 ó presente).
[editar] Manga
[editar] Películas
Doraemon non só protagoniza as súas historias no papel e na televisión. En 2001 estreouse nos cines de Galicia a primeira película (Doraemon e as mil e unha aventuras), estreada tempo atrás no Xapón. Outras non pasaron polo cine, máis si foron editadas en DVD.
Estas son as que, polo de agora, foron dobradas ó galego:
-
# Título en galego Ano da estrea 1 Doraemon e as mil e unha aventuras 2001 2 Doraemon e o segredo do labirinto 2002 3 Doraemon e os piratas dos mares do sur 2002 4 Doraemon e o tren do tempo 2003 5 Doraemon e o imperio maia 2004 6 Doraemon e o misterio das nubes 2004 7 Doraemon o gladiador 2005 8 Doraemon e a fábrica de xoguetes 2005 9 Doraemon e os deuses do vento 2006 10 Doraemon no máxico mundo das aves 2006 11 Doraemon e os cabaleiros enmascarados Abril do 2007 12 Doraemon e o dinosauro pequeno Agosto do 2007 13 Doraemon no planeta animal Maio do 2008 14 Doraemon e os sete magos Novembro do 2008
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas