Pepe o inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pepe o inglés
FormatoComedia
IntérpretesPatricia de Lorenzo
Miguel de Lira
Manuel Cortés
Xron
Paula Carballeira
Pepe Penabade
Marta Pazos
Marcos Carballido
Marcos Correa
Carolina Vázquez
Marco Aurelio
Federico Rey
País de orixeGalicia Galicia
Episodios28
Produción
Duración50' por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe4:3
Primeira emisión13 de febreiro de 2006
Derradeira emisión13 de xaneiro de 2007
Na rede
IMDB: tt0496449 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pepe o inglés é unha serie da Televisión de Galicia que comezou a emitirse o 13 de febreiro de 2006. Comedia de situación, céntrase en Pepe, propietario dun taller de reciclaxe, home fascinado por todo o inglés, con Suso, un seu axudante, fai pequenos inventos. Todo mudará coa chegada de Pilar ó barrio.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A serie comeza coa chegada de Pilar ao barrio: unha muller metódica, ordenada e legalista, que chocará desde o principio con Pepe, un mecánico retirado con mañas de inventor, que leva unha vida caótica argallando artificios no seu taller.

"Pepe o Inglés" amosa tamén a vida dun barrio que se resiste a perder a súa personalidade e sucumbir aos ataques da especulación. O taller de Pepe é o bastión principal desa resistencia: un predio que mantén sen vender a pesar das ofertas dos construtores.

Elenco de actores[editar | editar a fonte]

Intérpretes convidados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras ligazóns[editar | editar a fonte]