Juanillo Esteban
| Juanillo Esteban | |
|---|---|
Juanillo Esteban contando un conto coma o rato Pillo na biblioteca do Temple en Cambre. |
|
| Nacemento | Juan José Esteban Gómez 12 de abril de 1968 (45 anos) A Coruña, |
| Profesión | actor, cantante, clown, contacontos, guionista |
| Ficha na IMDb | |
Juan José Esteban Gómez, máis coñecido como Juanillo Esteban, nado na Coruña o 12 de abril de 1968, é un actor, cantante, contacontos, clown e guionista galego, é tamén a voz do Xabarín da TVG.[1][2]
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou produción e realización de vídeo-TV na CAI (A Coruña), interpretación, guión, produción de espectáculos en vivo e talleres de clown con Jango Edvards e Leo Bassi.
Deuse a coñecer en 1993 no papel de Rufo Machado na comedia gore de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos, dirixida por Antonio Blanco, quen, un ano despois, foi un dos creadores do xa mítico e revolucionario programa infantil da TVG Xabarín Club. Neste programa Juanillo foi a voz do Xabarín, o personaxe principal e presentador, dende 1994, co que tamén participou na serie Os Vixilantes do Camiño.
Outra faceta pola que é coñecido é polo seu traballo de monologuista, sendo o creador e intérprete do personaxe "Yoni Mediogramo".
Participou en varias series da TVG como Avenida de América, Fíos, ademais de intervencións en seis capítulos de Pratos combinados.
No 2004 voltou ó cinema de culto coa curtametraxe A Consulta do Dr. Natalio, de Javi Camino, na que interpreta ó sinistro doutor, un científico tolo, papel que o actor voltou repetir na longametraxe ¡Maldito Bastardo!.
Tamén interveu no programa Fatal, fatal, fatal baixo o nome Juanillo Calamidad.
Películas [editar]
- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993)
- ¡Maldito bastardo! (2007) [1]
Curtametraxes [editar]
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
- A consulta do Dr Natalio (2004) [1]
Televisión [editar]
Programas [editar]
- Fatal, fatal, fatal (1991)
- Xabarín Club (1994)
- Máxima audiencia (2004)
- Onda curta (2005)
- Noitemóbil (2006) [1]
Series [editar]
- Pratos combinados (1995)
- Rías Baixas (1999)
- Os Vixilantes do Camiño (2000) [3]
- Avenida de América (2001)
- Fíos (2001) [1]
- Somos unha potenzia (2006) [3]
- Padre Casares (2008)
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ficha na web de culturagalega.org
- ↑ Juanillo Esteban: Son a voz do Xabarín entrevista na TVG
- ↑ 3,0 3,1 Ficha na IMDB