Arriba e abaixo
| Upstairs, Downstairs | |
|---|---|
| Creado por | Jean Marsh Eileen Atkins |
| Intérpretes | Gordon Jackson David Langton Jean Marsh Angela Baddeley Christopher Beeny Jenny Tomasin Simon Williams Jacqueline Tong Pauline Collins Lesley-Anne Down Rachel Gurney Meg Wynn Owen John Alderton Nicola Pagett Hannah Gordon |
| Tema de apertura | The Edwardians |
| Tema de peche | What Are We Going To Do With Uncle Arthur? |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | inglés |
| Número de episodios | 68 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | John Hawkesworth |
| Localización(s) | Londres |
| Duración | 50 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | ITV |
| Tempo de emisión | 10 de outubro de 1971 – 21 de decembro de 1975 |
Arriba e abaixo é unha serie británica drama ambientada nunha mansión da aristocracia no barrio de Belgravia de Londres durante o período eduardino, a Primeira Guerra Mundial e no período de entreguerras que emitiu a ITV entre 1971 e 1975. En Galicia emitiuno a Televisión de Galicia en 1991.
Desenvolvemento [editar]
A serie reflicte a vida dos criados, que viven no andar de abaixo e dos señores - os Bellamy- que viven no andar de arriba durante o comezo do século XX, na serie aparecen os grandes eventos da época, como o afundimento do Titanic ou o crack do 29, pero tamén amosa o cambio gradual na vida cotiá, pretendendo ser un documento dos cambios sociais e tecnolóxicos que aconteceron entre 1903 e 1930. Recibiu un premio Emmy e un Globo de Ouro. En agosto de 2010 a BBC comezou a gravar un remake da serie en Gales[1].
Notas [editar]
- ↑ Remake of Upstairs Downstairs filming in Wales Wales Online 2010-08-13, retrieved 2010-08-23