Os Picapedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilma e Pedro Picapedra.

Os Picapedra, en inglés The Flintstones, foi unha serie animada de Hanna-Barbera. Trátase dunha das series máis exitosas de tódolos tempos nos Estados Unidos. Estreouse o 30 de setembro de 1960 e estivo en antena en horario de máxima audiencia ata 1966, emitida pola canle de televisión norteamericana ABC.

Datos[editar | editar a fonte]

A historia tiña lugar nunha vila chamada Pedradura, na Idade de Pedra pero cunha sociedade moi semellante á estadounidense a mediados do século pasado.

Estaba ambientada nun mundo de fantasía onde os dinosauros, mamuts e outros animais xa extinguidos convivían cos humanos, que empregaban tecnoloxía semellante á do século XX pero con animais que realizaban as súas funcións. As personaxes conducían automóbiles feitos de rochas e peles de animais.

As principais personaxes da serie eran os Picapedra, parella formada por Pedro e Vilma, e os Mármore, matrimonio formado por Paulo e Betty. Na etapa final da serie incorporáronse os seus fillos: Pebbles Picapedra e Bam-bam Mármore.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, a serie estaba dirixida a un público adulto, o que se apreciaba por estar patrocinada pola marca de tabaco Winston. Nalgúns dos seus anuncios aparecían as personaxes da serie. Os Picapedra mantivo o seu récord como a serie animada máis longa ata 1997, ano no que dito récord pasou a ser doutra serie, The Simpsons.

Fixéronse dúas adaptacións ao cinema con actores reais, en 1994 e 2000.

Dobraxe ó galego[editar | editar a fonte]

Personaxe Voz en galego Voz orixinal
Pedro Picapedra Antón Cancelas Alan Reed / Henry Corden
Wilma Picapedra Lucía Cid / Sonia Castelo Jean Vander Pyl
Pebbles Picapedra Jean Vander Pyl
Dino Mel Blanc
Paulo Mármore Víctor Bouzas / Carlos Jiménez Mel Blanc / Daws Butler
Betty Mármore An Alfaya / Patricia de Lorenzo Bea Benaderet / Gerry Johnson
Bamm-Bamm Mármore Marián Priego / Chelo Díaz Don Messick
Brinco Don Messick
Arnoldo Don Messick
Sr. Lousa John Stephenson
Sra. Lousa Jean Vander Pyl / Bea Benaderet
The Great Gazoo Harvey Korman

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]