Padre Casares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Padre Casares

Igrexa de Santo Antonio de Louredo (na ficción).[1]
FormatoComedia
Dirixido porManuel A. Espiñeira
Jorge Coira
Carlos Sedes
e Marta Piñeiro
IntérpretesPedro Alonso
Tuto Vázquez
Gonzalo Rei Chao
Mercedes Castro
Tacho González
Xosé Manuel Olveira "Pico"
Antonio Durán "Morris"
Avelino González
Federico Pérez
María Tasende
María Vázquez
Fina Calleja
Patricia Vázquez
Mon Santiso
Ana Santos
Álex Carro
Eva Fernández
Tema de apertura"O Pirimpinpín" (Malvela)
País de orixeGaliza
Temporadas15
Episodios232
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Carlos Portela
Alfonso Blanco
Carlos Carballo
Duraciónaproximadamente 65 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe16:9
Primeira emisión15 de xaneiro de 2008
Derradeira emisión28 de setembro de 2015
Na rede
IMDB: tt1205836 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Padre Casares foi unha serie de televisión galega estreada no ano 2008, converténdose na serie revelación da tempada na TVG. Dirixida por Manuel A. Espiñeira, Jorge Coira, Carlos Sedes e Marta Piñeiro, escrita por Carlos Portela e producida por Voz Audiovisual, emitiuse con éxito os luns pola noite na TVG desde o 15 de xaneiro de 2008 ata o 28 de setembro de 2015. Os exteriores son gravados na parroquia de Santaia de Liáns (Oleiros), e no lugar de Redes (Ares) e en Santiago de Compostela.

Foi o espazo con máis audiencia da TVG nas tempadas 2008-09 e 2009-10, e segundo a tempada anterior, por detrás de Libro de familia. A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, Canal Sur andaluz en castelán, Padre Medina, e o Canal 9 en valencián Senyor retor, dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán.

Argumento[editar | editar a fonte]

Praza principal de Louredo, no lugar de Redes.

Esta produción estaba protagonizada por Horacio Casares, un moderno sacerdote acabado de saír do seminario que chega á vila de Louredo, un concello mariñeiro de 1.000 habitantes, en substitución de don Crisanto, un cura vello e que levaba toda a vida ó cargo da parroquia. Esta situación traeralle algúns problemas de adaptación que se narran ó longo dos 23 episodios da primeira tempada da serie.

1ª tempada[editar | editar a fonte]

O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, ten un soño: ir a Ruanda como misioneiro. Pero é destinado a Santo Antonio de Louredo, unha pequena vila da costa galega, para substituír a don Crisanto, o párroco de toda a vida. Horacio e os veciños de Louredo terán que facer fronte ás súas diferenzas, aprendendo a convivir e aceptarse os uns aos outros. Malia todos os seus esforzos por adaptarse, Horacio acabará por pedirlle ao bispo que o releve do seu cargo. Pero don Crisanto adiviñará a verdadeira razón pola que Horacio quere marchar: Iria, a mestra da vila.

2ª tempada[editar | editar a fonte]

Os habitantes de Louredo comezan a sentir afecto polo padre Casares, aínda que non acaban de entender os seus modernos costumes. Católicos e ateos únense para evitar que Horacio marche da vila. O sacerdote resolve as súas dúbidas e decide aceptar o seu destino como párroco de Santo Antonio. Quédanlle por diante uns meses repletos de emocións: un roubo na igrexa, unha praga bíblica, un neno abandonado na reitoral, unha voda gai... e as eleccións locais. O vello don Crisanto pretende arrebatarlle o poder a Delmiro, o alcalde comunista da vila. E a votación final non pode ser máis axustada...

3ª tempada[editar | editar a fonte]

O novo alcalde de Louredo comeza a impoñer as súas estritas normas. As mulleres do PCAR (Partido Católico Apostólico Romano) semellan encantadas co cambio de edil. Pero non todos os veciños están dispostos a vivir baixo o réxime de don Crisanto, e mesmo os funcionarios pensan ir á folga. O padre Casares buscará un sorprendente aliado para conseguir que as cousas volvan ao rego. A traxedia sacudirá á vila e os acontecementos farán que a xente, á fin, considere a Horacio “un dos seus”. Por iso, non pensan permitir que o sacerdote pase só o seu primeiro Nadal en Louredo.

4ª tempada[editar | editar a fonte]

O padre Casares leva un ano na vila, pero os seus fregueses non deixan de sorprendelo: mesmo fan unha colecta para que o sacerdote marche de vacacións. O que non sabe é que todo forma parte dunha estratexia para poder celebrar o salto do porco. Á volta da viaxe, Horacio resolverá un misterio relacionado con Amelia. Pero o da súa gobernanta non será o único segredo que saia á luz. Horacio atoparase nunha nova encrucillada, e unha decisión mudará para sempre a súa vida en Santo Antonio de Louredo. Nada volverá ser igual desde ese momento para o padre Casares.

5ª tempada[editar | editar a fonte]

O cambio de goberno na Xunta de Galicia trunca as expectativas políticas de Delmiro, que tardará en asimilar o golpe. Pero malia que non vaia ser Conselleiro, os veciños de Santo Antonio de Louredo aínda precisan do seu alcalde. Aproxímanse tempos tumultuosos na vila, e o padre Casares deberá afrontalos sen un dos seus principais apoios: Iria, a mestra. Con todo, Horacio recibirá a uns visitantes inesperados que non deixarán indiferente a ningún dos seus fregueses.

6ª tempada[editar | editar a fonte]

É tempo de festa en San Antonio de Louredo e un sospeitoso gromo de gripe A pon en perigo a presenza do padre Casares no Salto do porco. Pero non é a gripe a única preocupación de don Horacio: a súa boa fama corre perigo cando os veciños descobren que asistiu a despedida de solteiro de Miñato nun bar de alterno. Non será a única dor de cabeza ó párroco os amores de Miñato. E se de amores falamos, o de Fina e Josito verase enturbado polos manexos dos veciños. Nin sequera Delmiro é quen de axudar ó seu cuñado. Bastante ten con non volverse tolo: asegura que Fidel Casto aparéceselle por todas partes. A decisión de Santi de facerse sacerdote, a saúde de don Crisanto, que non deixa de comer ás agachadas, e finalmente, a visita da ex-moza de Horacio, farán que este dubide da súa vocación coma sacerdote. O regreso de Iria á vila xogará un importante papel na súa decisión final.

7ª tempada[editar | editar a fonte]

As dúbidas de Horacio sobre a súa vocación sacerdotal son cada vez máis fortes. O apaixonado bico que Iria e máis el se deron no salón de baile, fará que o sacerdote teña que cuestionarse o que quere facer coa súa vida. Mentres tanto, Delmiro terá que enfrontarse a un dos seus máis difíciles retos como alcalde: lograr que o Concello de Louredo supere a crise económica máis forte da súa historia. Ademais, a visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela revolucionará ós fregueses da vila. Sobre todo a Delmiro, que fará todo o posible para evitar que Louredo renda a súa particular homenaxe ó Gran Corvo Branco.

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

Repartimento[editar | editar a fonte]

Principal[editar | editar a fonte]

Secundario[editar | editar a fonte]

Episódicos[editar | editar a fonte]

Abandonaron[editar | editar a fonte]

Episodios[editar | editar a fonte]

Primeira tempada[editar | editar a fonte]

  1. O milagre de Santo Antoniño de Louredo (15 de xaneiro de 2008)
  2. Onde dous ou tres reúnense no meu nome (22 de xaneiro de 2008)
  3. Un toque de cor (29 de xaneiro de 2008)
  4. O segredo está nas formas (5 de febreiro de 2008)
  5. Santo Antonio Peregrino (12 de febreiro de 2008)
  6. A voda do ano (19 de febreiro de 2008)
  7. Confianza (26 de febreiro de 2008)
  8. Amador, o apóstata (4 de marzo de 2008)
  9. Josito ten praza (11 de febreiro de 2008)
  10. Elsa in love (18 de marzo de 2008)
  11. Delmiro contra todos (25 de marzo de 2008)
  12. Cuestión de fe (1 de abril de 2008)
  13. Lembranzas (8 de abril de 2008)

Segunda tempada[editar | editar a fonte]

  1. Ruanda (15 de abril de 2008)
  2. O moisés de Louredo (21 de abril de 2008)
  3. No limbo (28 de abril de 2008)
  4. Sodoma e Louredo (5 de maio de 2008)
  5. O sacristán de Louredo (12 de maio de 2008)
  6. Santa Rita, o que se da... (19 de maio de 2008)
  7. A ovella perdida e atopada en Louredo (26 de maio de 2008)
  8. Líbranos de peste e males (2 de xuño de 2008)
  9. Deixade que os vellos que se acheguen a min (9 de xuño de 2008)
  10. Que ven o bispo! (16 de xuño de 2008)
  11. Polas ánimas do purgatorio! (15 de setembro de 2008)
  12. Vota don Crisanto! (22 de setembro de 2008)
  13. O voto é decreto (29 de setembro de 2008)

Terceira tempada[editar | editar a fonte]

  1. Volver ás catacumbas! (6 de outubro de 2008)
  2. Sen tele non hai paraíso (13 de outubro de 2008)
  3. Non non non, Crisanto dimisión (20 de outubro de 2008)
  4. Ama o teu próximo... pero non tanto (27 de outubro de 2008)
  5. Corre, Josito, corre (3 de novembro de 2008)
  6. Tempo de Samain (10 de novembro de 2008)
  7. Os mansos herdarán a terra (17 de novembro de 2008)
  8. Non desexarás á muller do próximo (24 de novembro de 2008)
  9. A segunda comunión (1 de decembro de 2008)
  10. A vida entre as mans (8 de decembro de 2008)
  11. Falar da caza e mercala na praza (15 de decembro de 2008)
  12. O belén de Santo Antonio de Louredo (22 de decembro de 2008)
  13. Mister Xaneiro (29 de decembro de 2008)

Cuarta tempada[editar | editar a fonte]

  1. Ouro, incenso e discordia (5 de xaneiro de 2009)
  2. Festas de Santo Antonio 2009 (12 de xaneiro de 2009)
  3. O espírito de Louredo (19 de xaneiro de 2009)
  4. As vodas de ouro de don Crisanto (26 de xaneiro de 2009)
  5. Maridos e mulleres (2 de febreiro de 2009)
  6. A epístola de San Paulo (9 de febreiro de 2009)
  7. Bautizo democrático (16 de febreiro de 2009)
  8. A calor do diñeiro (23 de febreiro de 2009)
  9. ¡Entroido! (2 de marzo de 2009)
  10. A samaritana (9 de marzo de 2009)
  11. Atado no ceo (16 de marzo de 2009)
  12. O que a ferro mata... (23 de marzo de 2009)
  13. A paixón de Josito (30 de marzo de 2009)
  14. E ao terceiro día, resucitou (6 de abril de 2009)
  15. Dies Irae (13 de abril de 2009)

Quinta tempada[editar | editar a fonte]

  1. Yes, we can! (21 de setembro de 2009)
  2. Adán e o mono (28 de setembro de 2009)
  3. Vaga de calor (5 de outubro de 2009)
  4. Bosteiros (12 de outubro de 2009)
  5. Corpo de Cristo (19 de outubro de 2009)
  6. Furia de Titán (26 de outubro de 2009)
  7. Santo Antón, que me toque o cupón (2 de novembro de 2009)
  8. Viño de Caná, pataca de Galicia e porco vietnamita (9 de novembro de 2009)
  9. Alcalde, fascista, o porco é ecoloxista! (16 de novembro de 2009)
  10. A cornetada (23 de novembro de 2009)
  11. Teu pai, miña nai e Josito (30 de novembro de 2009)
  12. A avoa de Louredo (7 de decembro de 2009)
  13. Mater Misericordiae (14 de decembro de 2009)
  14. Suso non sempre é Xesús (21 de decembro de 2009)
  15. Un Nadal vermello (28 de decembro de 2009)

Sexta tempada[editar | editar a fonte]

  1. Os anxos de Crisanto (4 de xaneiro de 2010)
  2. Á terceira vai a vencida (11 de xaneiro de 2010)
  3. A despedida (18 de xaneiro de 2010)
  4. Na riqueza e na pobreza (25 de xaneiro de 2010)
  5. Cadea de erros (1 de febreiro de 2010)
  6. Camarada Delmiro (8 de febreiro de 2010)
  7. Por moer (15 de febreiro de 2010)
  8. O demo e a carne (22 de febreiro de 2010)
  9. Augas termais e exercicios espirituais (1 de marzo de 2010)
  10. Auga pasada... (8 de marzo de 2010)
  11. Tempo de crise (15 de marzo de 2010)
  12. Que a paz sexa convosco (22 de marzo de 2010)
  13. A última tentación de Josito (29 de marzo de 2010)
  14. A natureza das cousas (5 de abril de 2010)
  15. O último baile (12 de abril de 2010)

Sétima tempada[editar | editar a fonte]

  1. A encrucillada (20 de setembro de 2010)
  2. O Pai, o Fillo e o Espíritu Santo (27 de setembro de 2010)
  3. O salvador (4 de outubro de 2010)
  4. A decisión de Iria (11 de outubro de 2010)
  5. O bo pastor (18 de outubro de 2010)
  6. Cuestión de santidade (25 de outubro de 2010)
  7. Ano santo (1 de novembro de 2010)
  8. Soñar non ten cancela (8 de novembro de 2010)
  9. O nacemento dunha tradición (15 de novembro de 2010)
  10. Mentiras piadosas (22 de novembro de 2010)
  11. Día de autos (29 de novembro de 2010)
  12. A verdade faravos libres (6 de decembro de 2010)
  13. A gran crise (13 de decembro de 2010)
  14. Canción de Nadal (20 de decembro de 2010)
  15. Fin da viaxe (27 de decembro de 2010)

Oitava tempada[editar | editar a fonte]

  1. O home tranquilo (3 de xaneiro de 2011)
  2. Un porco, dous porcos, tres porcos (10 de xaneiro de 2011)
  3. O muro das lamentacións (17 de xaneiro de 2011)
  4. De estrea (24 de xaneiro de 2011)
  5. As árbores non deixan ver o bosque (31 de xaneiro de 2011)
  6. Cousa de rombos (7 de febreiro de 2011)
  7. O que necesitas é amor (14 de febreiro de 2011)
  8. Man de santo (21 de febreiro de 2011)
  9. No nome da nai (28 de febreiro de 2011)
  10. Luns de Entroido (7 de marzo de 2011)
  11. Menos lobos (14 de marzo de 2011)
  12. Todos somos camiño (21 de marzo de 2011)
  13. Un ferrado no ceo (28 de marzo de 2011)
  14. O cofre (4 de abril de 2011)
  15. O que Deus une (11 de abril de 2011)

Novena tempada[editar | editar a fonte]

  1. África (19 de setembro de 2011)
  2. Tí a Mali e eu a Louredo (26 de setembro de 2011)
  3. A febre da auga (3 de outubro de 2011)
  4. Traspaso de poderes (10 de outubro de 2011)
  5. Pobres de espírito (17 de outubro de 2011)
  6. Na virtude está a riqueza (24 de outubro de 2011)
  7. E no principio foron os porcos (31 de outubro de 2011)
  8. Morte morrida (7 de novembro de 2011)
  9. Dous homes e un cativo (14 de novembro de 2011)
  10. Recuperando o toque (21 de novembro de 2011)
  11. Dar xogo (28 de novembro de 2011)
  12. Carta aberta (5 de decembro de 2011)
  13. Segou (12 de decembro de 2011)
  14. Nadal: Votos en contra? (19 de decembro de 2011)
  15. A canción do Nadal (26 de decembro de 2011)
  16. Natividade (2 de xaneiro de 2012)

Décima tempada[editar | editar a fonte]

  1. Ano novo, vida nova (9 de xaneiro de 2012)
  2. Morrer de amor...ou por amor (16 de xaneiro de 2012)
  3. Porquiños non!. Grazas (23 de xaneiro de 2012)
  4. O teu día e o meu (30 de xaneiro de 2012)
  5. Camiño á casa (6 de febreiro de 2012)
  6. Nin contigo nin sen ti (13 de febreiro de 2012)
  7. Cada entroido, seu choqueiro (20 de febreiro de 2012)
  8. Moito heroe (27 de febreiro de 2012)
  9. Un día na vida dun heroe (5 de marzo de 2012)
  10. Alarmados (12 de marzo de 2012)
  11. Día do pai (19 de marzo de 2012)
  12. Hai alguén aí? (26 de marzo de 2012)
  13. O terceiro día (2 de abril de 2012)
  14. Volta á casa (9 de abril de 2012)
  15. Pechado ata novo aviso (16 de abril de 2012)

Undécima tempada[editar | editar a fonte]

  1. Indignado (17 de setembro de 2012)
  2. A tentación vén de fóra (24 de setembro de 2012)
  3. Crego ou becerro (1 de outubro de 2012)
  4. Noviza á fuga (8 de outubro de 2012)
  5. Cuestión de peso (15 de outubro de 2012)
  6. Máis dura será a caída (22 de outubro de 2012)
  7. Noite de medo (29 de outubro de 2012)
  8. En po te has de converter (5 de novembro de 2012)
  9. Pídello, pídello, pídello (12 de novembro de 2012)
  10. A historia dun marco (19 de novembro de 2012)
  11. Unha viaxe, un comezo (26 de novembro de 2012)
  12. Cinco e acción (3 de decembro de 2012)
  13. Fallar o penalti (10 de decembro de 2012)
  14. Z de raposo (17 de decembro de 2012)
  15. Demasiados compromisos (24 de decembro de 2012)

Duodécima tempada[editar | editar a fonte]

  1. Noivos e noivas (7 de xaneiro de 2013)
  2. Cousas de Pilatos (14 de xaneiro de 2013)
  3. Habelos hainos (21 de xaneiro de 2013)
  4. Condenados a entenderse (28 de xaneiro de 2013)
  5. A arte da guerra (4 de febreiro de 2013)
  6. Compadres e comadres (11 de febreiro de 2013)
  7. Liberade a Puri (18 de febreiro de 2013)
  8. Escrito para sempre (25 de febreiro de 2013)
  9. Tres problemas (4 de marzo de 2013)
  10. Que foi do libre albedrío? (11 de marzo de 2013)
  11. Falsas apariencias (18 de marzo de 2013)
  12. Unha longa Semana Santa (1ª parte) (25 de marzo de 2013)
  13. Unha longa Semana Santa (2ª parte) (1 de abril de 2013)
  14. De vigas e motas (8 de abril de 2013)
  15. E agora, ¿que? (16 de abril de 2013)
  16. O último que se perde (23 de abril de 2013)
  17. Rexeitamento (30 de abril de 2013)
  18. Aceptación (7 de maio de 2013)
  19. As dúas caras da verdade (14 de maio de 2013)
  20. Cando marcha un amigo (21 de maio de 2013)

Décimo terceira tempada[editar | editar a fonte]

  1. Portas pechadas (25 de setembro de 2013)
  2. En pé de guerra (2 de outubro de 2013)
  3. Talión ao rescate. 1ª parte (9 de outubro de 2013)
  4. Talión ao rescate. 2ª parte (16 de outubro de 2013)
  5. Pobre de pedir (23 de outubro de 2013)
  6. O amor está no aire (30 de outubro de 2013)
  7. Unha noite no inferno (6 de novembro de 2013)
  8. A canción de Elsa (13 de novembro de 2013)
  9. O xogo de Elsa (20 de novembro de 2013)
  10. Cinco noites e demasiados días (27 de novembro de 2013)
  11. Os soños, instrucións de uso (4 de decembro de 2013)
  12. Unha canción desesperada (11 de decembro de 2013)
  13. Pim, pam, pum! (18 de decembro de 2013)
  14. Louredo resiste! (25 de decembro de 2013)
  15. Conta atrás (1 de xaneiro de 2014)

Décimo cuarta tempada[editar | editar a fonte]

  1. Mal raio te parta (8 de xaneiro de 2014)
  2. Algo cheira a podre en Louredo (19 de xaneiro de 2014)
  3. Desprendemento de rutina (26 de xaneiro de 2014)
  4. Resacón en Louredo (2 de febreiro de 2014)
  5. Okupación (9 de febreiro de 2014)
  6. A derradeira misa (16 de febreiro de 2014)
  7. Símbolos (23 de febreiro de 2014)
  8. O inferno é Louredo (2 de marzo de 2014)
  9. Caído do ceo (9 de marzo de 2014)
  10. Mando universal (16 de marzo de 2014)
  11. In nomine Patris (23 de marzo de 2014)
  12. A irmandade do salto do porco (30 de marzo de 2014)
  13. Elvis vive (6 de abril de 2014)
  14. Auga bendita (13 de abril de 2014)
  15. Adeus, Louredo (20 de abril de 2014)

Décimo quinta tempada[editar | editar a fonte]

  1. A conversión de Delmiro (7 de outubro de 2014)
  2. Educando a Delmiro (14 de outubro de 2014)
  3. Auga corrente non mata xente (21 de outubro de 2014)
  4. O admirador secreto (28 de outubro de 2014)
  5. Que vén Horacio (4 de novembro de 2014)
  6. O silencio das ovellas (11 de novembro de 2014)
  7. Santo Antonio de (18 de novembro de 2014)
  8. Louredo independente (26 de novembro de 2014)
  9. Cambio de papeis (2 de decembro de 2014)

Décimo sexta tempada[editar | editar a fonte]

  1. De vello, gaiteiro (1 de xullo de 2015)
  2. Á novena vai á vencida (8 de xullo de 2015)
  3. A patacada de Louredo (15 de xullo de 2015)
  4. En po te has converter (22 de xullo de 2015)
  5. Quince vodas e un funeral (29 de xullo de 2015)
  6. A vinganza de Delmiro (5 de agosto de 2015)
  7. Baleiro de poder (12 de agosto de 2015)
  8. Noivos e noivas (19 de agosto de 2015)
  9. O segredo (26 de agosto de 2015)
  10. Os inmortais (2 de setembro de 2015)
  11. Polo legal (9 de setembro de 2015)
  12. Vexetarianos (16 de setembro de 2015)
  13. Sindo quere voar (21 de setembro de 2015)
  14. Un paseo por Louredo (28 de setembro de 2015)

Audiencia[editar | editar a fonte]

  • 1ª tempada: 221.000 espectadores (20,47% de share)
  • 2ª tempada: 265.000 espectadores (24,52% de share)
  • 3ª tempada: 291.000 espectadores (27,06% de share)
  • 4ª tempada: 284.000 espectadores (28,32% de share)
  • 5ª tempada: 230.000 espectadores (20,61% de share)
  • 6ª tempada: 253.000 espectadores (23,29% de share)
  • 7ª tempada: 234.000 espectadores (21,45% de share)
  • 8ª tempada: 248.000 espectadores (22,35% de share)
  • 9ª tempada: 185.000 espectadores (16,34% de share)
  • 10ª tempada: 205.000 espectadores (18,24% de share)
  • 11ª tempada: 174.000 espectadores (15,56% de share)
  • 12ª tempada: 159.000 espectadores (13,45% de share)
  • 13ª tempada: 127.000 espectadores (12,17% de share)
  • 14ª tempada: 153.000 espectadores (12,54% de share)
  • 15ª tempada: sen datos
  • 16ª tempada: 109.000 espectadores (10,18% de share)

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2008 Mellor serie de televisión Gañadora
Mellor interpretación masculina protagonista Pedro Alonso Nomeado
Antonio Durán "Morris" Nomeado
Mellor interpretación masculina secundaria Tuto Vázquez Nomeado
Mellor guión Carlos Portela
Víctor Sierra
Araceli G. Cabreira
Gema R. Neira
Lidia Fraga
Nomeados
Mellor realización Jorge Coira
Carlos Sedes
Manuel Espiñeira
Álex Sampayo
Gañadores
Mellor son Rubén Bermúdez
Víctor Seixo
Nomeados
Mellor música orixinal Manuel Riveiro Nomeado
Mellor dirección de produción Ana Míguez
Alfonso Blanco
Nomeados
Mellor dirección de fotografía Carlos Vilas Nomeado
Mellor deseño de vestiario Ruth Díaz
Julia Rodríguez
Nomeadas
Mellor maquillaxe e peiteado Natalia Arcay
Beatriz Vázquez
Noelia Arcay
Nomeadas
2009 Mellor serie de televisión Nomeada
Mellor interpretación masculina protagonista Pedro Alonso Nomeado
Antonio Durán "Morris" Nomeado
Mellor interpretación feminina protagonista Mercedes Castro Nomeada
Mellor guión Carlos Portela
Víctor Sierra
Lidia Fraga
Nomeados
Mellor realización Manuel Espiñeira Nomeado
Mellor dirección de produción Ana Míguez
Alfonso Blanco
Paula Fernández
Nomeados
Mellor deseño de vestiario Julia Rodríguez Nomeadas
Mellor maquillaxe e peiteado Beatriz Vázquez
Noelia Arcay
Nomeadas
2010 Mellor serie de televisión Nomeada
Mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán "Morris" Nomeado
Mellor realización Manuel Espiñeira
Marta Piñeiro
Nomeados
2011 Mellor serie de televisión Nomeada
Mellor interpretación femenina secundaria Fina Calleja Nomeada
2012 Mellor serie de televisión Nomeada
Mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán "Morris" Nomeado
Mellor interpretación masculina secundaria Tacho González Nomeado
2013 Mellor serie de televisión Nomeada
Mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán "Morris" Nomeado
Mellor interpretación feminina protagonista Mercedes Castro Nomeada
Mellor interpretación feminina secundaria Covadonga Berdiñas Nomeada

Premios ATV[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Persoa/s Resultado
2008 Mellor Programa Autonómico de Ficción Gañador

Festival de Televisión de Montecarlo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Persoa/s Resultado
2009 Ninfa de Ouro á Mellor serie de TV - Drama Nomeado
Ninfa de Ouro ao Mellor actor dramático Pedro Alonso Nomeado
Ninfa de Ouro ao Mellor actor dramático Antonio Durán "Morris" Nomeado
Ninfa de Ouro á Mellor actriz dramática María Vázquez Nomeada
Ninfa de Ouro á Mellor actriz dramática Mercedes Castro Nomeada
Ninfa de Ouro ao Mellor produtor europeo Carlos Carballo
Carlos Portela
Alfonso Blanco
Nomeados
Ninfa de Ouro ao Mellor produtor internacional Carlos Carballo
Carlos Portela
Alfonso Blanco
Nomeados

En 2010 recibiu o premio ¡Bravo!, da Conferencia Episcopal Española, polo seu servizo a prol da «dignidade do home, os dereitos humanos e os valores evanxélicos»[2].

Outros datos[editar | editar a fonte]

  • O actor Tuto Vázquez, que daba vida a don Crisanto, abandonou a serie antes de finalizar a rodaxe da primeira temporada debido a motivos de saúde, falecendo meses despois. O seu personaxe pasou a ser interpretado por Gonzalo Rei Chao.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]