Antón Losada Trabada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antón Losada.

Antón Losada Trabada, nado en Xove en 1966, é un xornalista, escritor e político galego, pertencente ao BNG.

[editar] Traxectoria profesional

Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre o impacto da política de pesca na consolidacións institucional da autonomía, é profesor titular de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa universidade dende 1998. Ten un máster en xestión pública pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Pero a súa posición de relevancia gañouna sobre todo grazas ao seu labor como xornalista, participando en diversos parladoiros radiofónicos da Cadena Ser e escribindo artigos no xornal electrónico Xornal.com, en La Opinión de A Coruña e El Periódico de Catalunya. O seu maior cargo de responsabilidade tívoo a mediados dos anos noventa, cando ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid. Tamén ten colaborado en diversos programas de radio e televisión, entre os que destacan os programas humorísticos Unha de romanos e A familia Mudanza, na TVG, e presentador do programa Bule Bule, dirixido por Antón Reixa.

Tamén compuxo letras para temas de Siniestro Total e Os Resentidos, así como unha peza de teatro, Qué é das dependentas dos grandes almacéns ó faceren os cincuenta?, para a compañía Pífano.

[editar] Carreira política

O seu contacto coa política iniciouse na Universidade de Santiago, onde foi membro dos CAF. Nos primeiros anos noventa foi asesor puntual do conselleiro de Pesca, o popular Henrique López Veiga. Na primeira década do século XXI retoma o nacionalismo e a partir do ascenso de Anxo Quintana como voceiro nacional do BNG, el faise militante e comeza a traballar ao seu lado en labores de asesoría e comunicación política.

En 2005 é nomeado secretario xeral de Vicepresidencia e de Relacións Institucionais, colocándose como a man dereita de Anxo Quintana dentro do organigrama da Xunta de Galicia. Nese posto as súas tensións cos medios de comunicación foron frecuentes, e viuse implicado en diversas polémicas sobre o despedimento dunha empregada do fogar ou sobre a retirada duns letreiros nun edificio administrativo da Xunta. O 6 de setembro de 2007 cesou, e as razóns alegadas foron motivos persoais[1]. Porén, diversos medios alegaron que fora unha destitución[2], e relacionárona co tratamento de información política na TVG.

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas