Alalá (programa de televisión)
| Alalá | |
|---|---|
| Formato | Documental musical |
| Duración | 30 minutos |
| Creado por | Senén Bernárdez Ferrán |
| Cadea | TVG |
| Día da estrea | 14-02-2006 |
| Número de temporadas | 7 |
| Número de episodios | 210 |
| Páxina web oficial | |
- Este artigo trata sobre o programa da TVG, para o canto popular véxase Alalá.
Alalá é un programa documental adicado á música tradicional galega, emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo semanal, que se emite os martes a partir das 21:35 h., está dirixido por Senén Bernárdez Ferrán e presentado por Pilar García Rego e leva emitidas 7 temporadas, sen que houbera unha cancelación oficial do programa.
Índice |
Contidos [editar]
Os protagonistas do programa Alalá son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá mestura interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo.
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En Alalá non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional.
A presenza da cámara na aldea procura non ser intimidatoria senón amiga e confidente, retratando o mundo rural galego e en moitos casos o mundo das persoas maiores, non só con respecto senón cun profundo agarimo. Considerando os maiores mestres dunha forma de vida que pouco a pouco vai esmorecendo polo abandono da aldea, polo avellentamento da poboación, a globalización e as novas formas de vida da sociedade galega.
A necesidade da participación colectiva en tarefas agrícolas obrigaba na aldea galega á unión entre os veciños, a dificultade nas comunicacións e a falta de medios de diversión, supoñían a necesidade de divertirse co que había. Nese contexto é onde se desenvolve a música tradicional, nas tarefas agrícolas e artesás (labradas, colleitas, muiñadas ou fiadas) ou en reunións de veciños para pasalo ben (seráns, foliadas, polavilas). A música tradicional galega, chea de alegría, de forza, de ironía, de vida non se pode comprender por completo fóra deste contexto.
Quizais esteamos ante a última xeración que viviu a transmisión directa e no seu contexto da música tradicional. De aí a importancia cultural de Alalá e dos folcloristas e musicólogos que se dedican á preservación do noso patrimonio. Alalá conta con algúns dos máis recoñecidos e brillantes investigadores da música galega tradicional como asesores musicais. Eles foron tamén protagonistas de varios capítulos de Alalá e a eles debe o programa o seu rigor científico.
Cando nos anos trinta e corenta do século XX comeza a profunda transformación que sufrirá a sociedade galega, a música tradicional, eclipsada polas orquestras, e outras formas musicais foráneas, vai esmorecendo pouco a pouco. Nalgúns lugares foi antes, noutros será despois, por iso hai zonas en Galicia onde actualmente se conservan testemuñas directas e pezas musicais ou bailes que veñen directamente da tradición oral, dos antecesores, e outras zonas onde non queda apenas nada.
Será a partir dos anos 70-80 cando moitos mozos e mozas valoricen o legado esmorecente de seus avós e, pouco a pouco, vaise recollendo, catalogando, estudando o vasto legado e comeza a pasarse a partitura, a adaptarse ao contexto urbano, ás novas formas de vida e de ocio, a mesturarse con outras músicas e tendencias como é o caso do folk. Alalá amosa tamén como e por que vías (tradicional, familiar ou aprendizaxe) xorden agrupacións nacidas en circunstancias ben diferentes. Séguese o proceso de recollida de pezas desde as súas fontes -testemuños directos de xente maior- ata a súa asimilación e reinterpretación por unha agrupación de xente nova dunha cidade. Outro dos temas que trata Alalá é a música tradicional na emigración. Alalá viaxou a Cuba, Arxentina, Uruguai e Brasil, amosando que os emigrantes non só levaron para o exterior as súas lembranzas e a súa lingua senón tamén a súa música. En diferentes capítulos amosouse como na Galicia exterior se segue interpretando e bailando a música galega e como o son da gaita ou dos cantos, fóra de Galicia, ten un poder de evocación e unha forza tremendos. Emigrantes e descendentes de emigrantes conservaron e transmitiron a música galega, actualmente existen no exterior excelentes intérpretes e pódense recoller pezas que aquí se perderon, porque na mente do emigrante a Galicia que abandonaba na súa infancia ou mocidade quedaba conxelada no tempo, e con esa lembranza as cántigas que o acompañaban na súa infancia cantadas pola nai ou os toques de gaita dalgún destacado gaiteiro da comarca.
Ficha técnica [editar]
- Dirección e creación do formato: Senén Bernárdez Ferrán
- Realización: Senén Bernárdez, Fernando G. Moreiras e Juliana González.
- Produción: Fina Cibeira e Manuel Viqueira
- Guión: Arturo Fernández, Teresa Abuín, Chefi Vázquez e Pilar García Rego.
- Presentación: Pilar García Rego
- Asesores musicais: Uxía Senlle, Pablo Carpintero, Juanjo Fernández http://www.agaitadofol.com/, Félix e Cástor Castro, Xaime Éstévez, Oscar Ibañez...
Audiencias, críticas, premios [editar]
Nas catro tempadas nas que se leva emitido o programa, Alalá acadou un grande éxito de audiencia e crítica, superando en porcentaxes de audiencia á media da cadea en prime time e con índices sempre crecentes entre o principio e o fin do programa.
O feito de que un programa cultural se emita en prime-time (horario de máxima audiencia), actualmente ás 21:45 h., constitúe un feito fundamental na traxectoria non só de Televisión de Galicia senón das emisoras públicas en España. Alalá representa como poucos programas a conciliación entre o necesario éxito de público e a función de servizo público que necesariamente e, segundo a súa intención e definición xurídica, deben ter as televisións autonómicas e públicas en xeral.
Como recoñecemento ó traballo de difusión e preservación da cultura tradicional galega, Alalá recibiu ata o momento múltiples premios: Premio da Crítica Galega no apartado musical, Premio Galicia de Comunicación 2007 ó mellor programa de televisión[1], Premio da Academia da Televisión Española ó mellor programa musical, Premio do “Recuncho da Palleta” do programa Lume na Palleira, Premios polo seu traballo de difusión da música e cultura tradicional galega “Constantino Bellón”, de O Ferrol, e “Gomes Mouro”, de Ourense.
As súa boas audiencias situárono tempada tras tempada entre os 8 primeiros da clasificación dos programas galegos máis vistos.
Audiencias:
- 1ª tempada 2005-06:
- 2ª tempada 2006-07: 170.000 espectadores (16,91%)
- 3ª tempada 2007-08: 152.000 espectadores (15,20%)
- 4ª tempada 2008-09: 176.000 espectadores (18,50%)
Capítulos emitidos [editar]
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
TEMPORADA -1-
1 MALVELA 14/02/06
2 TREIXADURA 21/02/06
3 CANTADEIRAS DE LAXOSO 28/02/06
4 REGUEIFEIROS EN GONDOMAR 07/03/06
5 ROSA DE MOSCOSO 14/03/06
6 O FIADEIRO 21/03/06
7 OS ESTALOTES 28/03/06
8 OS DIPLOMÁTICOS DO ACORDEÓN 04/04/06
9 CASA DAS CRECHAS 11/04/06
10 PAZOS DE MEREXO 18/04/06
11 LEILÍA 25/04/06
12 CANTADEIRAS DO BERBÉS 02/05/06
13 EMILIO DO PANDO 09/05/06
14 CONCHA DE LUNEDA 23/05/06
15 SON DE SEU 30/05/06
16 PANDEREITEIRAS DE BARRO DE ARÉN 06/06/06
17 PACO DE ESCORNABOIS 13/06/06
18 PANDEIROMUS 20/06/06
19 HERMELINDA DO MUÍÑO 27/06/06
TEMPORADA -2-
20 MUIÑADA 19/09/06
21 RUADA RIANXEIRA 26/09/06
22 XAVIER BLANCO 03/10/06
23 MARUXA DAS CORTELLAS 10/10/06
24 FALTRIQUEIRA 17/10/06
25 GAITEIROS DO VILAR 31/10/06
26 SEIVANE 07/11/06
27 GAITA DE SARANDÓN (REQUINTEIROS DO ULLA) 14/11/06
28 CONSERVATORIO DE LALÍN 21/11/06
29 CATÁLOGO DA LIMIA 28/11/06
30 XARÍN 05/12/06
31 PABLO CARPINTERO 12/12/06
32 O QUIQUIRIQUÍ 19/12/06
33 ESPECIAL NADAL 26/12/06
34 BERROGÜETTO 02/01/07
19 HERMELINDA DO MUIÑO 09/01/07
35 BATUKO TABANKA 16/01/07
36 CANTIGAS E AGARIMOS 23/01/07
37 NORDESTINAS 30/01/07
38 MANUEL VIQUEIRA 06/02/07
39 GUEZOS - FACHÓNS 13/02/07
17 PACO DE ESCORNABOIS 20/02/07
40 A PANDEIRA (ANCARES 1) 27/02/07
41 OUVIRMOS 06/03/07
42 JOSÉ O GAITA 13/03/07
43 ULTREIA 20/03/07
44 DONICELAS 27/03/07
45 ANCARES 2 (CANTIGA EN CERVANTES) 03/04/07
46 QUEMPALLOU 10/04/07
47 XACARANDAINA 17/04/07
48 JUANJO FERNÁNDEZ 24/04/07
49 JOSEFA DE BASTABALES 01/05/07
50 AS NOGÁIS 08/05/07
51 OS ROSALES 15/02/07
52 MAIOS DE VILAFRANCA 22/05/07
53 CUBA 1 29/05/07
54 CUBA 2 05/06/07
55 BERGANTIÑOS 12/06/07
27 GAITA DE SARANDÓN (REQUINTEIROS DO ULLA) 19/06/07
31 PABLO CARPINTERO 26/06/07
TEMPORADA -3-
56 CÉSAR FERNÁNDEZ 11/12/07
57 A REQUINTA DE XIÁN 18/12/07
58 ESPECIAL NADAL 1 (TUI) 25/12/07
59 ESPECIAL NADAL 2 (TOUTÓN) 01/01/08
60 JOSÉ MARENTES 08/01/08
61 TABERNA VIGO (TABERNA DO LORENZO) 15/01/08
62 RONSEL - MOSTRA PONTEVEDRA 22/01/08
63 OS TERRIBLES DE DONAS 29/01/08
42 JOSÉ O GAITA 05/02/08
64 FAUSTINO SANTALICES 12/02/08
65 O CASTRIÑO-REBORDECHAN (A CAÑIZA) 19/02/08
66 LIZGAIRO 26/02/08
67 EDUARDO LORENZO (CUBA 3) 04/03/08
68 XISTRA DE CORUXO 11/03/08
69 EDUARDO GONZÁLEZ VALCARCE 18/03/08
70 ARDENTÍA 25/03/08
71 HENRIQUE OTERO 01/04/08
72 ORQUESTA DE XOVE 08/04/08
73 ANTÓN CORRAL 15/04/08
74 CÁNTIGAS E FRORES 21/04/08
75 BUDIÑO 28/04/08
76 ARXENTINA 1 05/05/08
77 ARXENTINA 2 12/05/08
78 OS CARUNCHOS 19/05/08
79 OS MAIOS DE OURENSE 26/05/08
80 TAHÚME DE OLVEIRA 02/06/08
81 SEÑORA CARMEN 09/06/08
82 XOCHILMICA 16/06/08
83 RAIGAME – CENTRO DE CULTURA POPULAR XAQUÍN LORENZO 23/06/08
84 PANDERETEIRAS DE LIMIÑOA 30/06/08
TEMPORADA -4-
85 OS SERÁNS 10/11/08
86 DARÍO DÍAZ 17/11/08
88 URUGUAI 2 01/12/08
89 OS BARRIOS DE CHANTADA 08/12/08
90 PEPE TEMPRANO 15/12/08
91 QUINTETO DE MONTERREI (Rodolfo Posada) 22/12/08
92 NADAL 1: ALALA 2008 29/12/08
93 NADAL 2: DANZAS DE RIOFRIO 05/01/09
94 JOSÉ DE GREGORIO 12/01/09
95 RAIGAÑAS 20/01/09
96 PABLO SEOANE 27/01/09
97 CORAL VOCES DA LOURIÑA 03/02/09
98 CLEMENTE “O FERREIRA” 10/02/09
99 ARXENTINA 3: DOLORES CASTIÑEIRA 17/02/09
100 PANCHO ÁLVAREZ 24/02/09
101 OS JALOS DE ANTIOQUÍA 03/03/09
102 SALÓNS DE BAILE 10/03/09
103 ENTROIDO VILARIÑO DE CONSO 17/03/09
104 BRASIL 1: SALVADOR DE BAHÍA 24/03/09
105 BRASIL 2: SAO PAULO 31/03/09
106 PANDEIRETEIRAS DE SEIXEDOS 07/04/09
107 JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ “PUMARÍN” 14/04/09
108 OS ABRENTES DE CERDEDO 21/04/09
56 CÉSAR FERNÁNDEZ 28/04/09
109 BRASIL 3: JOSÉ MARÍA LAGARES 05/05/09
110 CÁNTIGAS DA TERRA 12/05/09
111 RICARDO PORTELA 19/05/09
112 BRASIL 4: SANTOS 26/05/09
113 O PEGO DO PEREIRO 02/06/09
114 HABANERAS 09/06/09
115 REGUEIFA EN BERGANTIÑOS 16/06/09
116 XAIME ESTÉVEZ 23/06/09
117 DIGNAS DO QUERER 30/06/09
TEMPORADA -5-
118 NOITES DE TASCA 06/10/09
119 O GAITEIRO DE POL 13/10/09
120 FIA NA ROCA 20/10/09
121 O PROXECTO RONSEL: PATRIMONIO INMATERIAL 27/10/09
122 JUSTO DO REGO 03/11/09
123 BRASIL 5: RIO DE JANEIRO 10/11/09
124 FUXAN OS VENTOS 17/11/09
125 O GAITEIRO TRADICIONAL 24/11/09
126 BARTOLO 01/12/09
127 CHARANGA MONDOÑEDO 08/12/09
128 O FREIXO GAITEIRO DE AS PONTES 15/12/09
129 O CAPADOR DE MURAS 22/12/09
Especial NOITEBOA EN PIORNEDO 24/12/09
130 TOUTON- REFORMAT 29/12/09
131 DANZAS E CANTOS DE REIS 05/01/10
132 FAISCAS DE SOLOBEIRA 12/01/10
133 O PROCESO DO PAN- VALGA 19/01/10
134 A MUSICA TRADICIONAL GALEGA EN BRASIL 26/01/10
135 CARLOS DO VISO 02/02/10
136 OS DE QUEIXAS 09/02/10
103 ENTROIDO VILARIÑO DE CONSO 16/02/10
137 HERDEIRAS 23/02/10
138 A FILARMONICA NO INTERIOR DE GALICIA 02/03/10
139 ERNESTO CAMPOS 09/03/10
140 A CORAL DE RUADA 16/03/10
141 O ENTROIDO DE HÍO 23/03/10
142 MAGHUA 30/03/10
143 PLACIDO VIGUERET 06/04/10
144 O LALÍN 13/04/10
123 RÍO DE JANEIRO (BRASIL 5) 20/04/10
145 ABERTAL 29/04/10
146 SUSANA SEIVANE 06/05/10
147 NOITAREGA 13/05/10
148 RUBEN 20/05/10
149 PANDERETEIRAS DE ULTREIA 27/05/10
150 TERESA DOS CUCOS 03/06/10
151 ANTONIO MATO 10/06/10
152 CABEZUDOS 17/06/10
153 FAUSTINO LUIS SEONE 24/06/10
TEMPORADA -6-
154 NELA 21/09/10
155 BAILABEN 28/09/10
156 CHARANGA OS BREAS 05/10/10
157 MANOLO SOLLA 12/10/10
158 CORES DO ATLANTICO 19/10/10
159 ARTURO DE FREÁS 26/10/10
160 CUXA 02/11/10
161 A FILHARMONICA EN CELA 09/11/10
162 A REQUINTA DA LAXEIRA 16/11/10
163 RAUL GALEGO 23/11/10
164 FELICIA 30/11/10
165 OSCAR IBAÑEZ 07/12/10
166 UXIA 15/12/10
167 OS ALEGRES 22/12/10
Especial NADAL 2010 25/12/10
168 ALALA 2010 29/12/10
169 CANTOS E DANZAS DO NADAL E REIS 05/01/11
170 HERMANOS LAMAS 12/01/11
171 FLOR DE TOXO 19/01/11
172 GAITEIROS DE SANTA COMBA 26/01/11
173 XAN DE VILAR 02/02/11
174 INSTRUMENTOS NA TRADICION GALEGA 09/02/11
175 SAN BLAS DE BEMBRIVE 02/03/11
176 XOCAS 23/03/11
177 FRANCISCO CARBALLIDO 30/03/11
178 ENTROIDO CASTRO DE LAZA 11/05/11
179 TREIXADURA 2 18/05/11
180 BELLONMACEIRAS 25/05/11
181 TOMBALOBOS ORQUESTRA 01/06/11
182 TINO BAZ 08/06/11
183 GERVASIO SALGUEIRO 15/06/11
184 ROI CASAL 22/06/11
185 A RODA 29/06/11
186 PANDERETEIRAS DE ARCOS DE MAZARICOS 06/07/11
187 PESDELAN 13/07/11
188 FERMIN DA INSUA 20/07/11
189 TOXOS E FROLES 27/07/11
TEMPORADA -7-
190 FONTELIÑO 04/02/12
191 ATLANTICA VAPORA ORQUESTRA 11/02/12
192 FLOR DA MAQUIA 25/02/12
193 TRIO VAAMONDE, LAMAS E ROMERO 03/03/12
194 A FESTA DO RAMO 10/03/12
195 XAVIER BLANCO 17/03/12
196 GAITEIROS DO BICO DA BALOUTA 24/03/12
197 O RABEL EN PORTO DE SANABRIA 31/03/12
198 PIRILAMPO 07/04/12
199 COEA 14/04/12
200 ZURRUMALLA 21/04/12
201 XOSÉ CASAL 28/04/2012
202 CHE DE LUAÑA 05/05/2012
203 OS VERDEROLES 12/05/2012
204 CANTOS DE CEGO NA FEIRA DE DONCOS 19/05/2012
205 A REGIONALISTA 26/05/2012