Mareas vivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mareas vivas
FormatoDrama, Comedia
Creado porAntón Reixa
Desenvolvido porMiguel Aguiar, Ringo Rango e Zopilote
Dirixido porAntón Reixa (1998-1999) e Emilio Mac Gregor (2000-2002)
IntérpretesLuís Tosar, Isabel Blanco, Luís Zahera, Camila Bossa, Miguel de Lira, Ana Santos
Tema de aperturaMareas vivas interpretada por Mercedes Peón
País de orixeGalicia (España)
Temporadas10
Episodios152
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Voz Audiovisual
Duración60 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe4:3
Primeira emisión11 de xaneiro do 1999
Derradeira emisión9 de febreiro do 2003
Na rede
IMDB: tt0192910 Filmaffinity: 559364 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte. Gravouse principalmente en Laxe, que na serie adoptou o nome ficticio de Portozás.

Para moitos dos seus actores, Mareas vivas foi un trampolín cara á fama en Galicia. Nalgúns casos propiciou o salto ó panorama estatal, como o de Luís Tosar.

Argumento e tramas[editar | editar a fonte]

Mareas vivas reflicte a realidade dunha vila mariñeira galega situada na Costa da Morte.

O protagonismo recaía, nas primeiras tempadas, principalmente nos personaxes de Andrés (Luís Tosar) e María (Isabel Blanco). Con todo, tratábase dunha serie coral, cun elenco amplo, que puido sobrevivir bastante tempo nas pantallas dende a marcha dos dous citados personaxes.

Aínda que moitas das amenas historias que conta a serie son dun claro e marcado carácter costumista e enxebre (temas de naufraxios mariñeiros, disputas polas propiedades das terras, lendas relixiosas ou históricas, enfrontamentos cos da vila do lado...), algunhas das tramas máis importantes e intrigantes foron sobre temas moito menos alegres.

Algunhas das máis importantes foron:

  • Suso Maroto e a organización
  • Belinda e a mafia
  • A morte de dous amigos
  • A estafa de Viriato e Odilo

Lugares de gravación[editar | editar a fonte]

Porto de Corme.

Malia que a maioría das escenas rodáronse en Laxe (Portozás na serie), outras localidades galegas tamén foron protagonistas, como a rodaxe do rescate de Iria no porto da Coruña ou escenas en Corme (Cormelle na serie). A veciñanza de Cabana tamén puido ser testemuña da gravación.

A serie tamén trasladou a rodaxe, de forma excepcional, a Santa Cruz de Tenerife (Tenerife) para rodar os capítulos nos que Currás marchara traballar para Canarias.

Intérpretes e personaxes[editar | editar a fonte]

Estes son todos e cada un dos protagonistas principais da serie ó longo dos seus 5 anos de vida:

Canso da súa vida na Coruña, decide aproveitar a oportunidade que se lle presenta ó ser elixido para ocupar unha praza como xuíz nunha pequena vila mariñeira chamada Portozás, o que supón a ruptura coa súa moza, Mónica. Acaba casando con María, pero todo comeza a complicarse cando marchan para Bruxelas. Acaban divorciándose.
Despois de o seu marido desaparecer no mar dous anos antes, María tívose que facer cargo soa da súa filla Iria. Viven nunha casiña nos arredores da vila. Chega a casar con Andrés e mesmo marcha xunto a el cando este marcha traballar para Bruxelas. Acaba volvendo e divorciándose del. Casa tempo despois con Viriato. Ao principio da serie era caixeira do supermercado Único. Máis tarde converteuse en traballadora do Concello.
  • Luis Zahera: Celso Álvarez Puga "Petróleo" (1998-2002)
Tempo atrás traballara nas plataformas, por iso é coñecido como Petróleo. Agora é o dono do bar da confraría de pescadores. É moi amigo de contar as historias da súa época de mariñeiro, pero os seus amigos nunca lle cren unha palabra. Ten un barco de pesca, O Cazador, no que traballa con Mangüi. É o novo alcalde de Portozás despois de marchar Celia da vila. Logo de ter unha historia con Berta, coñeceu a Belinda, a súa parella definitiva.
Chegou a Portozás fuxindo dunha mafia que a obrigaba a traballar nunha barra americana. Despois de solucionar a situación acaba casando con Petróleo, con que ten unha filla, Carmiña. É da República Dominicana.
É a médica de Portozás e a mellor amiga de María ao comezo da serie. Ela é de Vigo e espera que lle dean alí a praza fixa que tanto ansía. Ó final queda en Portozás, pero cando Xurxo marcha, ela marcha con el.
É a alcaldesa de Portozás. Son típicos os enfrontamentos entre ela e Couto, pois a alcaldesa non quere que o empresario se faga co control da vila. Porén, parece que a súa inimizade tamén vén do pasado, cando mantiveron unha relación. Ten unha sobriña chamada Ana. Cando marcha de Portozás é substituída no seu cargo por Petróleo.
É o cacique da vila. É armador e construtor e case sempre consegue o que quere. Os seus maiores propósitos son intentar facerse co varadoiro de Puntazás e amolar a Celia. Porén, no fondo seguen namorados e acaban xuntos. É viúvo e ten dous fillos: Ladislao e Paula.
É o fillo de Ramón Couto. Estudou Dereito en Santiago de Compostela e agora exerce como avogado das silveiras en Portozás. É hipocondriaco e fanático dos ovnis e dos misterios do máis alá. Amigo inseparable de Currás, falece accidentalmente electrocutado na bañeira da súa casa.
É a filla pequena de Ramón Couto e a irmá de Ladislao. Sempre lle leva a contra ó seu pai por como este fai negocios, estafando e aproveitándose da xente. Traballa na radio local e, posteriormente, na televisión da vila. Sae un tempo con Ismael, o irmán de Taracido, co que incluso marcha a África unha tempada. Finalmente acaba saíndo con Mangüi, o seu mellor amigo.
É un percebeiro furtivo da zona. Sempre di que os seus percebes "son coma puños". Lévase mal con Taracido, pois este sempre o anda a amolar, e moitas veces denúncianse un ó outro. Ó que máis medo lle ten no mundo son ós esquimós. Namorado de Pitusa, acaba morrendo afogado ó salvarlle a vida a Taracido. Ten un curmán chamado Víctor, cuspidiño a el.
É o mellor amigo de Petróleo. Traballa como mariñeiro ata que monta o seu taller de motos. No pasado tivo problemas coa droga, pero logrou rehabilitarse e agora traballa con Petróleo n' o Cazador. Tivo unha relación con Aurea, profesora no instituto da vila, e despois saíu con Paula.
É sobriña de Celia e ten unha irmá máis vella, Nuria, unha avogada de moita reputación. Ao comezo traballa na radio con Paula e Chano e despois faise socia da tenda de Celia e traballa nela. Saíu con Chano un tempo e tivo amoríos con Mangüi e Xurxo. É unha persoa un pouco atolada e moitas veces acaba por se meter en leas, ela e aos seus amigos.
É curmán de Mangüi. Traballa na radio con Paula e Ana. Consegue un traballo nun xornal de Santiago de Compostela e acaba marchando para alá.
É o párroco da vila, un cura moderno e sempre disposto a axudar. O seu mellor amigo é Florencio. Logo de ter un accidente de coche con Petróleo e quedar nunha cadeira de rodas, decide cambiar de aires e marchar a Vigo para facerse cargo dunha parroquia da zona.
É o primeiro mestre de Iria e Fito, un home de mediana idade moi intelixente e culto. Mantén con Amancio unha constante rivalidade, no xadrez ou na pesca de troitas, aínda que no fondo son moi bos amigos. É substituído por Xurxo cando é ascendido a director da escola Neira Castro.
É o novo mestre dos rapaces. Ó primeiro non aturaba a idea de ser substituto nunha vila coma Portozás, pero co tempo acaba sendo un máis entre a xente. Ó final acaba marchando a Mozambique, acompañado por Berta, para rematar a súa tese de doutoramento.
É o mellor amigo de Iria, mal estudante e moi popular entre os compañeiros. Sae con Laura e na última etapa da serie apenas aparece por estar na Coruña na universidade.
É a filla de María e Suso. O seu mellor amigo é Fito.
É a moza de Fito e amiga de Iria. Ó rematar o instituto, tras non acadar a nota para estudar a carreira que quería, malia ser boa estudante, acaba traballando de camareira no Petróleo.
É adoptado por Andrés logo da repentina morte do seu pai. É un pouco maior que Fito e Iria, aínda que fai boas migas con eles durante o pouco tempo que está na serie.
Elena chega de Barcelona logo da morte do seu pai para facerse cargo do varadoiro que lle deixara en herdanza. Ten moitos problemas cos bancos e intenta por tódolos medios que a situación económica do varadoiro de Puntazás mellore. Finalmente decide, con certa tristura, desfacerse del e volver a Barcelona. Foi moza do segundo xuíz de Portozás, Carlos.
É o substituto de Andrés cando este marcha para Bruxelas. É un xuíz novato e con pouca man dura. Tras problemas no traballo, acaba collendo a baixa por depresión. Marcha vivir para os cantís nunha autocaravana que acaba compartindo coa súa moza Rosa. Antes saíra con Helena, e ao chegar a Portozás tiña outra moza, Cristina. O seu mellor amigo é Anselmo.
É unha mariñeira con moita experiencia. Acaba vivindo nos cantís con Carlos e elixida como patroa maior da confraría de pescadores.
É a nova xuíza e substituta de Carlos. Lévase moi ben con Pitusa e incluso acaban vivindo xuntas.
  • Ana Santos: María Xesús Seoane "Pitusa" (1998-2002)
É a secretaria do xulgado, moi seria e disciplinada no seu traballo. Estivo a piques de casar con Anselmo, aínda que estaba namorada de Currás, co que acabou vivindo a ata a morte deste.
Igual ca Currás, é un percebeiro furtivo. Calquera motivo é bo para amolalo, xa sexa por problemas cos percebes ou polas propiedades das terras. Está casado con Concha.
É a muller de Taracido. Aínda que o abandona por outro, el marcha buscala e acaban vivindo xuntos de novo.
É un vello e sabio mariñeiro. Toda canta historia hai é coñecida por el. A xente considérao moi bo conselleiro, mais o único que fai é falar do mar, o que máis lle gusta no mundo.
É o home de María, desaparecido hai anos nun naufraxio e dado oficialmente por morto.
É un temido avogado que leva o caso de Maroto. Planea e coordina o secuestro de Iria.
É un veterano traballador do varadoiro de Puntazás.
É un mariñeiro que anteriormente traballara no varadoiro de Puntazás. Tivo problemas co xogo.
É o médico que substitúe a Berta. O seu mellor amigo é Carlos, con quen comparte a paixón polas aves. Estaba namorado de Pitusa, coa que estivo a piques de casar.
É caixeira do supermercado, moi laretas e sempre pendente da vida dos demais. Nas últimas etapas da serie convértese en muller do tempo da canle de televisión local de Portozás e mantén unha relación co garda civil Manolo.
É a profesora que substitúe a Xurxo cando este marcha para Mozambique. Mantén unha relación con Mangüi
É un sofisticado avogado que engana a María para quitarlle o diñeiro á xente. Ó final, arrepentido, trama un plan para traizoar o seu xefe Odilo e recuperar o diñeiro de todos. Casa con María, traballa con Couto e acaba sendo moi querido por todos os habitantesde Portozás.
É o locutor de Radio Portozás. Máis tarde, tamén forma parte do equipo da televisión local, superado o pánico escénico inicial.
É o novo cura de Portozás trala marcha de Don Amancio.
Coñeceu a Viriato na cadea. As marabillas que este lle contou sobre Portozás foron as que o fixeron decidir ir vivir para a vila. Acaba atopando un traballo como encargado da limpeza.
É un membro da Garda civil algo parado e mozo de Loli.
É amigo e compañeiro de moitas das trasnadas de Fito e de Iria, da que acaba sendo mozo.
É medio irmán de Francisco Taracido.
É a antiga moza de Andrés.
É a moza de Carlos cando chega a Portozás.

Lista de episodios[editar | editar a fonte]

A serie conta cun total de 152 episodios, divididos en 10 tempadas.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2002 Mellor realizador Carlos Sedes e Marisol Torreiro Nomeado
Mellor dirección de produción Emilio McGregor, Alfonso Blanco e Paula Fernández Nomeado
Mellor dirección artítica Inés Rodríguez Nomeado
Mellor banda sonora Mercedes Peón Nomeada
Mellor son Santi Jul e Fran Arcay Nomeada
Mellor fotografía/iluminación Carlos Vilas e Xosé Manuel Neira Nomeada
Mellor maquillaxe e peiteado Susana Castellvi Nomeada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]