Casa Manola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Casa Manola
FormatoComedia costumista
Dirixido porJavi Camino
IntérpretesMaría Costas, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Isabel Blanco e outros
País de orixeGalicia
EpisodiosPrimeira tempada: 6
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Antón Reixa e Xabier Eirís
Duración1 hora por capítulo
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeira emisión20/10/2014
editar datos en Wikidata ]

Casa Manola é unha serie de televisión, do xénero da comedia, con guión de Jacobo Paz Limia e Xosé Antón Moure Ferreiro, producida por Filmanova[1] para Televisión de Galicia dende 2014.

Descrición[editar | editar a fonte]

A serie grávase sen decorados (en escenarios naturais) na Casa dos Noche,[2] na parroquia de Colantres, concello de Coirós.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Manola e Barrantes, irmáns, aproveitando unha subvención, reforman a casa facendo unha casa de turismo rural. Por quedar sen traballo, Nacho -fillo de Manola- e a súa muller teñen que deixar a cidade da Coruña e ir vivir á casa acabada de reformar.[4]

Intérpretes[editar | editar a fonte]

Tempadas[editar | editar a fonte]

Primeira tempada (6 episodios)[editar | editar a fonte]

# Título Data de emisión
01 "O retorno" 20 de outubro de 2014
02 "A ilusión do principio" 27 de outubro do 2014
03 "Tempo de laranxas" 3 de novembro de 2014
04 "Parabéns" 10 de novembro de 2014
05 "Aprendices e mestres" 17 de novembro de 2014
06 "As cinsas do pasado" 24 de novembro de 2014

Segunda tempada[editar | editar a fonte]

# Título Data de emisión
07 "Os cogomelos máxicos" 1 de xuño de 2015
08 "O calendario erótico" 8 de xuño de 2015
09 "O foxo do lobo" 15 de xuño de 2015
10 "Fantasías caribeñas" 22 de xuño de 2015
11 "Todo queda en familia" 29 de xuño de 2015
12 "A vida segue igual" 6 de xullo de 2016
13 "Todo queda na familia" 13 de xullo de 2016
14 "A Copa da Costa" 20 de xullo de 2016
15 "Festa rachada" 4 de agosto de 2016
16 "Un traballo profesional" 11 de agosto de 2016
17 "Alguén en quen confiar" 18 de agosto de 2016
18 "A xente ven e vai" 25 de agosto de 2016
19 "O xogo das aparencias" 1 de setembro de 2016

Terceira tempada[editar | editar a fonte]

# Título Data de emisión

Audiencia[editar | editar a fonte]

Na súa estrea alcanzou un 15,8 % de share, 5,1 puntos por enriba da media da cadea no día de emisión, con 185.000 espectadores. Ademais, Casa Manola foi o programa máis visto do día por detrás do Telexornal das 14:30 h, a pesar da competencia na noite do luns: La que se avecina (Telecinco), Isabel (TVE), Top Chef (Antena 3), CSI (Cuatro)...[5]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Casa Manola estivo nomeado en 2 categorías, mais non colleitou ningún premio.

Ano Categoría Receptor Resultado
2014 Mellor serie de televisión Filmanova para TVG Nomeado
Mellor dirección de produción Xabier Eirís Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Filmanova.com". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014. Consultado o 07 de setembro de 2014. 
  2. "Casa dos Noche". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  3. A revista Arquivado 07 de setembro de 2014 en Wayback Machine. 4/4/2014.
  4. Corte a corte 8/4/2014.
  5. "Excelente acogida a "Casa Manola" en la TVG". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 09 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]