3 por 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

3 por 4
Formato Concurso musical
Duración 90 minutos
Presentado por María González
Alberto Gondar
Día(s) de emisión Sábado
Localización(s) San Marcos
Cadea TVG
Día da estrea 27 de agosto de 1988
Nº de temporadas 1

Na rede
[1]

3 por 4 foi un programa concurso musical emitido pola Televisión de Galicia en 1988.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

No programa concursaban por unha banda cantantes solistas e pola outra grupos de rock e pop que tiñan que cantar en directo catro temas, deles un mínimo do 50% en galego. A orquestra do programa acompañaba os cantates solistas que podían levar temas propios ou alleos mentres os grupos tiñan obrigatoriamente que levar temas propios. Un xurado elixía os gañadores de cada programa mediante a visulización dunha cinta de vídeo, formábano o cantante Alberto Comesaña, o membro da Orquestra Os Player's José Meroño, o presentador de Radio Catro Marcos López, a cantante Uxía Senlle e o presentador de Radio Popular de Vigo Alfonso López. Os 10 con máis puntos de cada categoría pasaban á rolda final. O primeiro premio consistía en 1 000 000 de pesetas.