Galicia no cine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia no cine
Desenvolvido por Miguel Anxo Fernández
Presentado por Miguel Anxo Fernández
Día(s) de emisión Venres ata o 14 de maio de 1986, logo os mércores.
Horario de emisión 22:35
Cadea TVG
Día da estrea 31 de xaneiro de 1986
Nº de temporadas 1

Na rede
http://25anos.crtvg.es/tvg25/programa/30

Galicia no cine foi un programa semanal da Televisión de Galicia emitido en 1986 dedicado ao cine feito en Galicia ou de temática galega, dirixido e presentado por Miguel Anxo Fernández Fernández.

Contido[editar | editar a fonte]

Cada programa xiraba arredor dunha película, en primeiro lugar emitíase unha entrevista a un personaxe relacionado co filme e logo procedíase á súa emisión. Entre as fitas que pasaron polo programa están Botón de áncora, que foi a primeira en ser emitida, A casa da Troia, Sabela de Cambados, A esmorga, Os gozos e as sombras, Intriga ou A casa da choiva.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Con «Botón de áncora» comienza en TVG el ciclo «Galicia no cine»". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 1986. p. 62.