Os Teletubbies
| Os Teletubbies | |
|---|---|
| Formato | Serie infantil |
| Creado por | Anne Wood Andrew Davenport |
| Intérpretes | Dave Thompson Mark Heenehan Simon Shelton John Simmit Nikky Smedley Pui Fan Lee |
| Tema de apertura | Teletubbies say "Eh-oh!" |
| País de orixe | Reino Unido |
| Número de episodios | 365 |
| Produción | |
| Produtor(es) | Ragdoll Productions para BBC Television |
| Duración | 25 minutos por episodio |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | BBC |
| Tempo de emisión | 31 de marzo de 1997 – 5 de xaneiro de 2001 |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
Os Teletubbies é un serie infantil de televisión da BBC especialmente dirixida aos nenos de un a catro anos. Emitiuse orixinalmente de 1997 a 2001 e en total producíronse 365 episodios de 25 minutos. Na versión orixinal o narrador era Tim Whitnall e deseguida o programa se converteu nun éxito comercial e de crítica no Reino Unido e noutros países, polos valores que intentaba transmitir.
Os Teletubbies son catro: Tinky Winky, Dipsy, Laa-Laa, e Po. Outros personaxes que aparecen na serie son Nu-nu, unha aspiradora con vida propia, o Sol representado pola cara dun neno e unha voz en off que sae dun dos tubos da Terra.
Controversias Twinky Winky
Tinky Winky foi mascota para un movemento de extrema esquerda que considerabase humanista nos Estados Unidos. A inocencia e tenrura que representa o personaxe fixo que os líderes do partido escollerono como a sùa mascota. Sendo o slogan : « Think Wink », unha deformación de "Tinky Winky". O obxectivo era sensibilizar a xente contra a rixidez dos partidos de dereita.
Dende 1999, unha controversia acusa dous dos Teletubbies ter tendencias homosexuais: as femias e os machos son inseparables.
En Polonia, o semanal Wprost ( edición do 28 de maio de 2007) cuestionou a Ewa Sowińska, portavoz da Oficina do goberno para a protección dos nenos, cunha pregunta deliberadamente provocadora:
. Sowinska dixo que non viu esa proba, pero co mellor era ter testimuña dun psicólogo sobre o tema.