Son de estrelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Son de estrelas
Formato Concurso-reality musical
Duración 1 hora (previas)
2 horas (galas)
Producido por Voz Audiovisual
Presentado por Teté Delgado
Día(s) de emisión mércores
Horario de emisión prime time nocturno
Cadea TVG
Día da estrea 3 de febreiro de 2007
Nº de temporadas 2

Son de estrelas é un programa concurso-reality musical, producido pola empresa Voz Audiovisual, e emitido pola Televisión de Galicia en 2007. Presentado por Teté Delgado, busca seleccionar un cantante de entre 54 participantes de todas as comarcas de Galiza e da emigración.

Descrición[editar | editar a fonte]

O concurso ten como obxectivo elixir o mellor ou a mellor cantante de entre todos os que se presentaron a un proceso de selección, e que actúan como representantes das súas comarcas. A esa primeira selección presentáronse 1.000 concursantes. Destes escolléronse 53, un de cada unha das comarcas de Galiza, e un máis en representación da Galiza da emigración.

O concurso non focaliza o aspecto de formación e adestramento, senón o apoio dos veciños e familiares, a través de documentais emitidos no programa. Polo tanto, está a medio camiño entre o docu-soap e o concurso-reality musical. Con todo, si que existe un asesoramento dos concursantes na preparación das pezas, na coreografía ou o vestiario.

O xurado da primeira edición compúñano Nonito Pereira, Pili Pampín, Anxos Ferradáns e Iria Pinheiro.

O casting da 2ª edición de Son de Estrelas comezou na comarca de Verín o 3 de decembro de 2007. Houbo outros en Caldas de Reis o 26 de decembro de 2007 no hotel Sena, no Porriño o 27 de decembro de 2007 no bar Liceum, e en Cangas o 28 de decembro de 2007 no hotel Jucamar.

Audiencia[editar | editar a fonte]

O programa tivo moito éxito. No mes de abril de 2007, por exemplo, acadou o 18,9% de cota de pantalla media.

Gañadores[editar | editar a fonte]

A gañadora da primeira edición foi Belén Monís, de Cualedro.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2008 Mellor comunicador Teté Delgado Nomeada