A Pantera Rosa (serie de animación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Pantera Rosa é un personaxe e unha serie de debuxos animados (A Pantera Rosa) orixinada a partir da personaxe que aparecía nos créditos do filme homónimo: The Pink Panther de 1963 de Blake Edwards. Emitiuse en galego (aínda que a pantera non adoita falar) na Televisión de Galicia dentro do programa infantil Xabarín Club. As historietas son curtas (5 ou 6 minutos por curtametraxe), de humor intelixente e para todas as idades.

O capítulo piloto titulado «The Pink Phink», exhibido nas salas de cinema, aínda en 1963, gañou o Oscar á Mellor curtometraxe de animación na cerimonia deo ano seguinte, celebrada en abril de 1964.

En principio, non se concibiu coma unha serie, senón que eran curtas destinadas ás salas cinematográficas producidas por Mirisch-Geoffrey Productions, DePatie-Freleng Studios e United Artists, creados polos mesmos responsábeis dos créditos do filme orixinal de Edwards: os animadores Friz Freleng (produtor daqueles e deseñador da personaxe) e Hawley Pratt (director dos mesmos).

En 2005, A Pantera Rosa obtivo o posto 99 na listaxe "Os 100 mellores debuxos animados".

Descrición física[editar | editar a fonte]

Semella unha pantera, é macho, de pel rosada, con pelo branco no fuciño, o bandullo e o interior das orellas. É alta e magra, ten dous brazos con mans de catro dedos incluíndo o polgar, pés grandes con dadansúas tres dedas, camiña ergueito. A cola e extremidades son longas e magras.

A face é alongada, con catro ou seis bigotes sobre os beizos (menos en Pink Panther and pals, onde non tiña ningún), ollos amarelos e cellas negras, nariz vermello (aínda que nalgúns episodios de circa 1967, era negro), orellas tamén rosadas.

Comportamento[editar | editar a fonte]

É unha personaxe moi educada, un perfecto gentleman británico e de personalidade relaxada, aínda que ás veces pode ser moi brincador e curioso, ademais de perseverante cando se decide a levar algo a cabo. Rara vez fala, adoita se comunicar por medio de acenos, caras e sons. É moi intelixente e xeitosa ás veces, mais, á vez, pode ser bastante mamalona; fuma pitos de tabaco con boquilla e ás veces se descubre que usa un traxe pegado ao corpo. É imposíbel saber se o leva ou non posto, xa que a súa aparencia non cambia en ningún dos casos.

É común que se compare co personaxe Charlot, de Charles Chaplin, polo seu comportamento, a súa educación refinada e a súa escasez de palabras (o que queda en evidencia en Reel pink, última curtametraxe de Pink Panther and Pals).[1]

Capítulos e tempadas[editar | editar a fonte]

A raíz do éxito das curtas de 1964, seguiron a emitirse até 1977. Actualmente, nas redifusións, agrúpanse un total de 92 episodios en 3 tempadas.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • A Pantera Rosa: A protagonista.
  • Sra. Pantera: a nai da Pantera Rosa (Aparece en Rocky pink e Pet pink pebbles, fáiselle referencia en Sink Pink, pódense ollar fotografías dela en varios episodios de Pink Panther and Pals)
  • O homiño branco: Normalmente é o antagonista da Pantera Rosa. É pequeno, albino, cun mostacho (agás no episodio «Pink Pajamas», onde non tiña mostacho e en «Psichedelyc Pink», onde tiña mostacho e barba), nariz xigante e se descoñece o seu nome (aínda que nin episodio faise chamar «Louie o Bocón»), disque, porén, que o verdadeiro nome é o de Ross Bagdasarian. Polo xeral é albino (mais nos últimos episodios tiña pel normal e nalgúns era doutras cores, ademais que se teñen amosado personaxes semellantes a el, con outras cores de pel, coma en Trai of lonesome pink).

Foi creado por Friz Freleng coma unha caricatura de si mesmo.

  • Tamén nunha ocasión (Pink-a-rella) amósase unha pantera rosa femia anónima, a nosa Pantera Rosa faille as beiras.
  • Pinky: o fillo máis vello da Pantera Rosa. Protagonista d'Os fillos da Pantera Rosa.
  • Panky: o fillo máis pequeno da pantera.
  • O Inspector: Un inspector do Sûreté francés, xunto co sarxento Deux Deux son os protagonistas d'´´O Inspector``.

Secuelas[editar | editar a fonte]

1. O show da Pantera Rosa[editar | editar a fonte]

O show da Pantera Rosa (na versión orixinal: The Pink Panther show) é unha serie de animación producida pola compañía Warner Brothers Animation e emitida pola NBC entre 1969 e 1972 en (2 tempadas, 50 capítulos).

Aínda que a serie deixou de se emitir en 1971, en 1998 (case tres décadas despois) emitiuse un especial de Nadal titulado «A Pink Christmas».

2. A Pantera Rosa e mailos seus fillos[editar | editar a fonte]

A Pantera Rosa e mailos seus fillos (na versión orixinal: The Pink Panther And Sons) é unha serie de animación (spin-off da clásica) producida pola compañía Hanna Barbera Cartoons e emitida pola NBC.

3. O novo show da Pantera Rosa[editar | editar a fonte]

Última secuela d'A Pantera Rosa, que consistía nas novas aventuras da Pantera Rosa. A serie foi transmitida na canle Cartoon Network mais tivo pouca audiencia.

4. Pink Panther and Pals[editar | editar a fonte]

Serie onde Pantera Rosa é máis nova, na súa mocidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]Reel Pink, última curtametraxe do último episodio de Pink Panther and pals

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]