Escola de surf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blue Water High
Escola de surf

Escola de surf (título orixinal Blue Water High) é unha serie de televisión australiana, de coprodución alemá, emitida na ABC Television australiana. En Galiza foi emitida pola TVG. Cada capítulo conta a vida dun grupo de rapaces estudantes no Solar Blue, unha academia de surf de alto rendemento onde uns poucos afortunados de 16 anos son seleccionados para un programa de adestramento durante doce meses. Este grupo de surfeiros de elite irán xuntos ó instituto e surfearán nas praias do norte de Sydney. Na fin do adestramento no Solar Blue, os estudantes compiten entre eles para conseguir un patrocinador que lles pague 12 meses no circuíto profesional júnior.

Ademais do seu adestramento no surf, os estudantes vivirán as experiencias propias da adolescencia, incluíndo deberes, amizades e relacións amorosas.

Primeira temporada[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A primeira temporada consta de 26 episodios. Os actores Adam Saunders, Tahyna Tozzi, Sophie Luck, Kate Bell, Khan Chittenden, Chris Foy e Mara Scherzinger interpretan uns adolescentes que son aceptados nunha escola de alto rendemento para a práctica do surf. Despois dun ano, compiten para conseguir o patrocinio da firma Solar Blue. Os estudantes que non son aceptados continúan coa súa vida normal.

Edge e Fiona (Fly) gañaron esta competición.

Elenco e dobraxe[editar | editar a fonte]

Personaxe Voz galega Actor orixinal
Heath Carroll Gaspar Somoza Adam Saunders
Dean "Edge" Edgely Raúl Dans Khan Chittenden
Perri Lawe Nora Abad Tahyna Tozzi
Matt Leyland Chema Gagino Chris Foy
Bec Sanderson Chelo Díaz Kate Bell
Fiona "Fly" Watson Teresa Santamaría Sophie Luck
Anna Petersen Mara Scherzinger
Deborah "Deb" Callum Carolina Vázquez Nadine Gardner
Craig "Simmo" Simmonds Antón Rubal Martin Lynes
Jilly Miriam Aldrei Liz Burch
Joe Sanderson Matt Ruddock

Segunda temporada[editar | editar a fonte]

A filmación da segunda temporada comezou en xaneiro en Sydney, Australia, cun reparto distinto, que inclúe a Sophie Luck, Ryan Corr, Lesley Mitchell, Taryn Marler, Gabrielle Scollay, James Sorensen e Trent Dalzell. A súa estrea produciuse o 28 de xuño de 2006.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]