Libro aberto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Libro aberto é un programa literario emitido na TVG. A súa primeira emisión tivo lugar o 26 de setembro de 2006.

Manolo Romón é o presentador do espazo, que nos seus case dous anos de emisión ten recibido a moitas das principais figuras do mundo das letras galegas, como é o caso de Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Carlos G. Reigosa, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto ou Agustín Fernández Paz entre outros.

Dirixido por Luís Rei Núñez, Libro aberto conta cun equipo de colaboradores especializados en distintas áreas: Armando Requeixo (literatura insólita), Ramón Nicolás (andel de novidades), Xesús Fraga (letras inglesas), Miguel Anxo Fernández Fernández (libros de cine), Susana Cendán (libros de arte) e Mercedes Queixas (historia das nosas letras).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]