George e Mildred
| George and Mildred | |
|---|---|
| Formato | Comedia de situación |
| Creado por | Johnnie Mortimer Brian Cooke |
| Intérpretes | Brian Murphy Yootha Joyce Norman Eshley Sheila Fearn |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Número de episodios | 38 |
| Produción | |
| Duración | 30 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | ITV |
| Tempo de emisión | 6 de setembro de 1976 – 25 de decembro de 1979 |
George e Mildred foi unha comedia de situación británica producida por Thames Television que se emitiu entre 1976 e 1979, foi unha secuela de Man About the House e protagonizábana Brian Murphy e Yootha Joyce como o matrimonio, George e Mildred Roper. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1988
Desenvolvemento[editar]
A premisa da serie era que os protagonistas deixaban o seu vello apartamento que aparecía en Man About the House, mudándose e unha casa moderna nunha zona selecta, a súa chegada aterra ao seu veciño Jeffrey Forumile, un snob axente da propiedade inmobiliaria que pensa que a s úa presencia devaluará o valor da súa casa.
Brian Cooke e Johnnie Mortimer foron os guionistas da serie e dela fíxose un filme film, dedicado á actriz protagonista Yootha Joyce morta en 1980, tamén se fixo unha adaptación teatral en 1977, e nos Estados Unidos tamén se fixo a súa propia versión da serie, The Ropers (1979-1980), continuación esta de Three's Company.