O inspector Gadget
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Inspector Gadget Inspecteur Gadget |
|
|---|---|
| Formato | Animación, Aventuras |
| Creado por | Andy Heyward Jean Chalopin Bruno Bianchi |
| Desenvolvido por | Jean Chalopin |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 86 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Andy Heyward Jean Chalopin Tetsuo Katayama |
| Duración | 22 minutos (aprox.) |
| Distribuidor | Cookie Jar Entertainment |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Sindicación (EEUU), Global (Canadá), FR3 (Francia), NHK (Xapón) |
| Formato de imaxe | 4:3 |
| Tempo de emisión | 12 de setembro de 1983 – 1 de febreiro de 1986 |
O inspector Gadget é unha serie de debuxos animados desenvolvida conxuntamente entre Francia, Estados Unidos, Canadá e Xapón que se emitiu orixinalmente de 1983 a 1986. En Galicia emitiuna a Televisión de Galicia en 1993.
Desenvolvemento [editar]
A serie trata das aventuras dun detective ciborg, o inspector Gadget, un humano dotado con variados gadgets biónicos implantados no seu corpo logo de ter un accidente. A súa antítese é o doutor Gang, o líder dunha organización de malevos, coñecida como "MAD", estaba orixinalmente dobrada en inglés e francés, na versión galega os personaxes reciben o seu nome da versión francesa. A serie foi un éxito que xerou outros debuxos baseados nos mesmos personaxes, así como dous filmes de acción real.