Dragon Ball GT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Dragon Ball
{{{caption}}}
ドラゴンボール
(Doragon Bōru)
Anime Dragon Ball GT
Dirixido por Daisuke Nishio
Osamu Kasai
Estudio Bird Studio
Toei Animation
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emisión 7 de febreiro de 1996
Última emisión 19 de novembro de 1997
Núm. de capítulos 64

Dragon Ball GT (ドラゴンボールGT Doragon Bōru Jī Tī?) é un anime creado polo estudio de animación xapones, Toei Animation como continuación oficial da franquía Dragon Ball, iniciada orixinalmente por Akira Toriyama. É unha serie derivada de Dragon Ball Z.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia parte do final acontecido en Dragon Ball Z, unha década despois da vitoria dos guerreiros Z sobre Majin Boo. Así, Dragon Ball GT iníciase cando Pilaf logra atopar as Bólas do Dragón de estrela negra e o Shenron vermello converte accidentalmente a Son Goku en neno. Pouco despois, as bólas máxicas esparéxense polo universo enteiro e deben ser recollidas nun prazo menor a un ano ou a Terra será destruída.

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

  • Son Goku : É o protagonista da serie. En GT, con máis de 50 anos de vida, foi convertido en neno por un desexo de Pilaf, polo que ten que embarcarse nunha viaxe polo universo para atopar as Bólas máxicas antes dun ano
  • Pan: A filla de Son Gohan e neta de Goku logra agocharse na nave, acompañándoos na viaxe.
  • Toranks: Fillo de Vexeta e Bulma, foi un dos elixidos para acompañar a Goku na viaxe.
  • Vexeta: O rival de Goku, queda na Terra mentres el viaxa. É atacado e posuído por Bebé coa intención de destruír a Goku e a todos os Guerreiros do espazo.
  • Gil Gil: É un robot que Goku e compaña atopan case sen enerxía durante a busca das Bólas do Dragón. Asimila o Radar do dragón para alimentarse. Acompaña ós heroes xa que é o único xeito de atopar as Bólas do Dragón.
  • Bebé: O principal antagonista da saga. É un tsufur do antigo Planeta Plant (tamén coñecido como planeta Vexeta), cuxa única ambición é vingarse dos Guerreiros do espazo.
  • Oob: é un dos guerreiros que axuda a Goku nas aventuras. Cando, (coa axuda de Majin Boo), case morre polo poder de Bebé, Majin Boo sacrifícase para salvar a Oob fusionándose con el para formar un guerreiro máis forte, Majoob, e axuda a Pan e ó Señor Satán a sobrevivir no planeta infestado por Bebé.
  • Son Gohan: Fillo maior de Son Goku e pai de Pan, non ten unha maior participación na serie pero é considerado como un dos guerreiros máis poderosos, é controlado por Bebé para destruír a Son Goku, aparece como un sabio recoñecido.
  • Son Goten: É o segundo fillo de Son Goku e o irmán menor de Son Gohan, tampouco ten unha gran participación na serie debido á falta de adestramento, é posuído por bebé para destruír a Son Goku, ía a ser incluído na viaxe parar acompañar a reunir as Bólas, pero antes de entrar na nave Pan acende o motor e é deixado na Terra por accidente.
  • C-18: É a esposa de Krilín e a nai de Marron. Durante a saga como Súper C-17 mata a Krilín ante os seus ollos. Decide vingar ó seu marido, pero é derrotada. Máis adiante axuda a Goku a destruír a Súper C-17, e finalmente derrótano xuntos.

Lista de episodios[editar | editar a fonte]

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal Flag of Japan.svg
(Seiyū)
Narrador Antón Rubal Jōji Yanami
Son Goku Antón Rubal Masako Nozawa
Son Goku (Neno) Ana Ouro Masako Nozawa
Pan Ana Santos Kōzō Shioya
Toranks Nacho Castaño Takeshi Kusao
Vexeta Suso Álvarez Ryō Horikawa
Bulma Ana Lemos Hiromi Tsuru
Son Gohanda Antón Xa López Masako Nozawa
Son Goten Norberto Vilanova Masako Nozawa
Chichi Teresa Santamaría Naoko Watanabe
Videl Isabel Vallejo Yūko Minaguchi
Bra Carolina Vázquez Hiromi Tsuru
Mestre Mutenroi ? (cap. 1) Hiroshi Masuoka
Mestre Mutenroi Fermín Encinar (cap. 64) Hiroshi Masuoka
Oob Raúl Dans Atsushi Kisaichi
Piccoro Coté Sansegundo Toshio Furukawa
Krilín Óscar Fernández Mayumi Tanaka
C-18 Ana Lemos Miki Itō
Maroon Isabel Vallejo Tomiko Suzuki
C-17 Antón Olmos Shigeru Nakahara
Pilaf Miguel López Varela Shigeru Chiba
Shu Matías Brea Tesshō Genda
Mai Patricia de Lorenzo Eiko Yamada
Bu Xoán Carballido Kōzō Shioya
Dende Chema Gagino Hiro Yūki
Señor Popo Xosé María López Baño (Tanas) Toku Nishio
Señor Satán Fermín Encinar Daisuke Gōri
Mestre Kaioh Xosé Ramón Lojo Jōji Yanami
Mestre Kaioh Miguel López Varela (Só cap. 2) Jōji Yanami
Gil-Gil Xoán Carballido Shinobu Satōchi
Don Kir Xosé María López Baño (Tanas) Kōji Totani
Sheila Isabel Vallejo Megumi Urawa
Gale Xoán Diéguez Yasuhiko Kawazu
Lezick Matías Brea Kazuyuki Sogabe
Zunama Ramiro Taboada Fûrin Cha
Doma Antón Rubal Nobuhiko Kazama
Leena Isabel Vallejo Miki Itô
Son Para Matías Brea Bin Shimada
Bon Para Xoán Diéguez Yukitoshi Hori
Don Para Alfonso Agra Kazunari Tanaka
Mute Mote/Varon Mute Ramiro Taboada Takeshi Watabe
Doltaki Xosé María López Baño (Tanas) Hirotaka Suzuoki
Doutor Myu Miguel Pernas Kazuyuki Sogabe
Xeneral Lilde Fermín Encinar Kiyoyuki Yanada
Bebé César Cambeiro Yūsuke Numata
Neno posuído por Bebé Xulia Diz ?
Pares Carolina Vázquez Natsumi Yanase
Vello Kaioh Miguel López Varela Reizō Nomoto
Kibitokaioh Chema Gagino Shinichiro Yoda
Sugoro Matías Brea Bin Shimada
Presentador do torneo Antón Olmos Yukimasa Kishino
Doutor Guero Ramiro Taboada Kōji Yada
Freezer Julio Lorenzo Ryūsei Nakao
Célula Alfonso Agra Norio Wakamoto
Lord Enma Xoán Diéguez Daisuke Gōri
Nappa Xoán Diéguez Kiyoyuki Yanada
Dragón Shenron escuro ? Daisuke Gôri
Dragón 2 estrelas Xoán Carballido Fûrin Cha
Dragón 5 estrelas Xosé María López Baño (Tanas) Hirotaka Suzuoki
Princesa Otto Nora Abad Masako Katsuki
Dragón 6 estrelas Ramiro Taboada Ryûzaburô Ôtomo
Dragón 7 estrelas Xoán Diéguez Shin Aomori
Dragón 4 estrelas Gonzalo Faílde Ken Yamaguchi
Dragón 4 estrelas Alfonso Agra (Substitución) Ken Yamaguchi
Dragón 3 estrelas Ramiro Taboada Kaneto Shiozawa
Dragón 1 estrela Xoán Carballido Hidekatsu Shibata
Dragón Shenron Manuel Botana Kenji Utsumi
Tartaruga Xoán Carballido Daisuke Gōri

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]