Os Supersónicos
| Os Supersónicos | |
|---|---|
| Formato | Comedia de animación |
| Creado por | William Hanna e Joseph Barbera |
| País de orixe | Estados Unidos de América |
| Número de episodios | 75 |
| Produción | |
| Duración | 30 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | ABC |
| Tempo de emisión | 1963 – 1964 |
Os Supersónicos (The Jetsons) é unha serie de televisión animada creada por William Hanna e Joseph Barbera. É actualmente transmitida por Boomerang, unha canle propiedade de Cartoon Network. Foi creada en 1963 e moitos cren que é a versión futurista de Os Picapedra. Pero non é así aínda que se demostren similitudes, os personaxes e aventuras son moi diferentes.
Índice |
Personaxes [editar]
- George Jetson (Super Sónico).
- Jane Jetson (Ultra Sónico).
- Judy Jetson (Lucero Sónico).
- Elroy Jetson (Cometín Sónico).
- Rosy (Robotina).
- Orbity Mascota de Cometín.
- Astro Mascota da familia.
Super Sónico traballa tres horas ao día, tres días á semana en Engranes Xúpiter. O seu xefe o Señor Xúpiter fai a súa vida imposible en cada oportunidade que se lle presenta. A familia Sónico representa a clásica familia de clase media-alta dos Estados Unidos, viaxan en "Autonave" e van de vacacións a "As Venus".
A Competencia en termos de negocios esta representada por Cogswell Cogs, o dono, o Señor Cogswell trata de roubar todos os segredos industriais propiedade do Señor Xúpiter e así sacalo do negocio.
Canles [editar]
- España: RTVE, nos anos 60. TVG, nos anos 90.
- México: Televisa S.A. segue sendo transmitida por TV aberta.
- México: Cablevision.