Martin Mystery
| Martin Mystery | |
|---|---|
| Formato | Acción |
| Creado por | Alfredo Castelli e Stephane Berry |
| Intérpretes | Animación |
| País de orixe | Canadá, Francia |
| Número de episodios | 66 |
| Produción | |
| Duración | 25 minutos por episodio |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Marathon Productions |
| Tempo de emisión | 1 de outubro de 2003 – ? |
Martin Mystery (Martin Mystery) é unha serie de animación creada por Alfredo Castelli e Stephane Berry no ano 2003. Está producida pola compañía francesa Marathon. A serie está baseada no cómic italiano "Martin Mystère".
En Galicia comezou a emitirse o 31 de outubro de 2005, no espazo infantil Xabarín Club.
Índice |
Argumento [editar]
Esta serie relata as aloucadas aventuras de dous medio irmáns (Martin e Diana) que estudan na Academia Torrington e que pertencen a unha organización secreta que protexe a Terra de fenómenos extraterrestres e paranormais. Nesta organización non toda a xente é humana, están por exemplo Billy, un extraterrestre pequeno e de cor verde (o mellor amigo de Martin) e Jaba, un cavernícola de 200.000 anos de antigüidade, que traballa na cafetería da Academia de Martin e Diana.
Personaxes [editar]
Principais [editar]
- Martin Mystery
- Martin é un mozo de 16 anos como outro calquera, que ten unha salvaxe paixón polo paranormal. Despois de solucionar involuntariamente un gran misterio, foi recrutado polo "Centro". Xa sexa na escola ou nunha misión, el segue sendo sempre o mesmo adolescente inmaturo e cheo de enerxía. Case nunca pensa antes de buscar o perigo, a menudo para axudar a alguén. Martin ten un amor moi peculiar polo fangoso e desagradable (sobre todo das cousas que Diana considera noxentas). Adora gastarlle bromas pesadas á súa irmanastra, da que case sempre recibe unha represalia en forma de abuso físico. Como líder do equipo, Martin é o único que utiliza o "Reloxo-U", o cal proporciona algúns obxectos que necesitan para resolver os seus misterios.
- Diana Lombard
- Diana é unha seria, racial e obsesiva adolescente de 16 anos, que non ten nada común co seu irmanastro. Como axente do Centro, ela esfórzase por darlle máis seriedade á vida de Martin, e é a súa axudante feminina nas súas misións e investigacións. Diana é ocasionalmente asustadiza, pero demostra un gran valor cando é preciso. Ela non comparte o gusto de Martin polo paranormal, e intenta sempre explicar con lóxica as cousas, antes de que parezan paranormais. Diana realmente sofre ao tratar a calma co seu inmaturo e irresponsable medio irmán, ó cal xeralmente patea, golpea e abofetea. Véselle xeralmente cos seus dous broche de pelo e a súa pequena mochila púrpura. A súa mellor amiga é Jenny.
- Jaba
- Jaba é un cavernícola de 200.000 anos, amigo de Martin e Diana, que traballa no colexio Torrington como cociñeiro e conserxe. El asiste a Martin e Diana nas súas pescudas e a súa forza bruta élles moi útil para loitar contra os monstros aos que se enfrontan, ou para romper portas e cerraduras. É un amante dos lagartos e das arañas, porén, ten medo dos gatos e s alturas (ten vertixe), ademais de non poder nadar. Trátase do membro máis silandeiro do equipo e o seu dominio do idioma é moi básico (non conxuga os verbos; por exemplo). Java é unha fonte de comedia, debido ás súas reaccións ante os diferentes escenarios asociados ó seu medo á tecnoloxía moderna.
- Billy
- Billy é un pequeno extraterrestre de cor verde que traballa para o Centro como secretario personal de MOM. O seu papel é xeralmente de apoio; aparece da nada en calquera momento durante a misión, sexa para dar información valiosa, ou para facer as análises que Martin lle ordena. Na segunda tempada, Billy foi revelado como un terrible guerreiro extraterrestre coñecido como Ganthar, o cal deixou atrás a violencia; razón pola cal case nunca acompaña os outros tres axentes. Chegou á Terra no incidente de Roswell. Recentemente adoptou o disfrace de ser humano para acompañar a Martin e Diana en Torrington.
- M.O.M.
- MOM é a directora do Centro. É a encargada de supervisar as investigacións das actividades paranormais. Martin é un dos seus axentes favoritos. O seu verdadeiro nome é descoñecido para todos, aínda que ela utilizou o "alias" Olivia Mandell, que deriva das iniciais de MOM. Antes de traballar para o Centro ela conducía un carro de xelados. É seria e inflexible, e ten que facerlle frente a Martin, o cal estropea tódolos aparellos nos que traballa cando é chamado á súa oficina. A pesar do seu reservado entido do humor, ela é en realidade –segundo Billy–: un auténtico "animal festeiro".
Secundarios [editar]
- Marvin
- Marvin é o némesis de Martin e o amor platónico de Diana. É un personaxe ao que lle gustan os deportes extremos e pode facer o mesmo que Martin (e moito mellor). Descubriu as identidades de Martin e Diana e foi chamado por MOM para ser un dos seus axentes, pero tras ser saboteado por Martin foi enviado á base do Centro no Polo.
- Jenny Anderson
- Jenny é o amor non correspondido de Martin. Para ela, Martin sempre foi un mozo inmaturo, raro e perdedor. É unha das mozas máis guapas de Torrington. Aínda que Jenny ve xeralmente a Martin así, ás veces hai épocas onde ela está interesada e intenta conseguir unha relación con el. Desafortunadamente para Martin, nunca dura porque borran a súa memoria ou este o bota a perder. Outro problema para Martin é que ela é unha das moitas chicas que están namoradas de Marvin.
- Gerald Mystery
- Gerald é o pai de Martin e Diana. É un científico moi racional que pasa a meirande parte do seu tempo no campo. Como Diana, el tamén considera calquera cousa relacionada co paranormal, parvadas. Na segunda tempada descobre a existencia do Centro.
- Caitlin
- Caitlin é unha moza morena de pelo curto, que foi noiva de Martin nun breve espazo de tempo. Considérana unha moza versión de Martin. As súas afeccións son os videoxogos, os cómics e os filmes de terror. Cortou con Martin despois de que a deixara plantada.
Curiosidades [editar]
- A comida favorita de Diana é o salmón.
- A cor favorita de Martin é a laranxa.
- A oficina de MOM convértese de noite nun club nocturno.
- Nun episodio onde Martin e o grupo van investigar sucesos paranormais en Oregon, a xente é tratada como se foran sureños, a pesar de que Oregon é un estado do norte dos EEUU, próximo a Canadá.
Dobraxe ó galego [editar]
- Ano: 2005
- Reparto da dobraxe:
-
Personaxe Dobraxe ó galego Voz orixinal Martin Mystery Antón Ja Sam Vincent Diana Lombard Isabel Vallejo Kelly Sheridan Java Xosé Manuel Rodríguez Dale Wilson Billy Chelo Díaz Sam Vincent MOM Miriam Aldrei Teryl Rothery Marvin Oscar Fernández ? Jenny Andeson Chelo Díaz / Ana Ouro / Montse Davila ? Gerald Mystery Andrés Bellas ? Caitlin Ana Lemos ? Voz de fondo (títulos dos episodios) Xosé Manuel Rodríguez / Antón Olmos ?