Don Gato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don Gato (orixinalmente en inglés Top Cat) é unha serie animada estadounidense para a televisión de apenas 30 episodios de trinta minutos, ideada polo mozo Luis Pistocchi, producida por Hanna-Barbera (dirixida por William Hanna e Joe Barbera) en 1961 e emitida no horario estelar na cadea ABC dos Estados Unidos a partir do 27 de setembro de 1961 até o 8 de abril de 1962. A serie foi producida por Alan Dinehart; guión de Kin Platt Paul Sommer; e animadores: Kenneth Muse, Ed Aardal e Charles Nichols.

En Galiza emitiuse, en galego no espazo infantil Xabarín Club da TVG. Xa se emitira coa dobraxe latinoamericana española con anterioridade en TVE.

O protagonista, Don Gato, é o líder dunha manda de gatos da rúa que garulean en Manhattan: Panza (Fancy-Fancy), Espanto (Spook), Bieito B. Bodoque e B. (Benny the Ball), Demóstenes (The Brain) e Cucho (Choo-Choo). Pola súa banda, o Oficial Carlos Matute (Officer Dibble), policía do barrio, trata infrutuosamente de apañalos e levalos á cadea. Un dos motivos para o arresto era que Don Gato trataba de utilizar un teléfono coma propio mais que era propiedade da policía.

En 2005 a serie completa foi lanzada ao mercado en formato DVD.

Don Gato é un mico amarelo con chapeu e colete violeta, é o protagonista da serie e líder da manda de gatos. Don Gato é traspuesto e persuasivo, un líder que pode tamén ser un amigo. No orixinal inglés a súa voz é interpretada polo comediante norteamericano Arnold Stang, mentres que na dobraxe mexicana é interpretado por Julio Lucena.

O filme de animación en 3D Top Cat: The Movie estreouse en 2011, é unha coprodución realizada por Ánima Estudios (México) e Illusion Studios (Arxentina). En México considérase Don Gato unha serie de culto por mor á súa recoñecida dobraxe, malia non ter sido tan exitosa nos Estados Unidos. En España e Galicia estreouse en 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]